Panorama da Poesía Galega Contemporánea: Autores e Movementos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,83 KB
Contexto xeral da poesía galega actual
A poesía actual galega rompe coas formas e estéticas anteriores, buscando novas linguaxes e rexistros. Pásase de temas socialrealistas a un maior foco na estética, no individualismo e no "eu" (metapoesía).
A Xeración dos 80: Culturalismo e vangarda urbana
Esta etapa caracterízase polo culturalismo (referencias a mitos e literatura europea), a influencia da cultura urbana e o pop, e a creación de colectivos poéticos.
Pilar Pallarés
Pilar Pallarés (Culleredo, 1957): Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa. A súa obra, vinculada inicialmente ao socialrealismo e a Manuel Antonio, destaca pola preocupación formal e temas como a soidade e o amor. En 2019 recibiu o Premio Nacional de Poesía. Obra destacada: Sétima soidade.
Lois Pereiro
Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-1996): Figura de culto á que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Influenciado polo punk, o anarquismo e as correntes europeas, a súa poesía trata temas "underground" como as drogas, o sexo e a propia enfermidade (sida) que o levou a unha morte prematura.
A Xeración dos 90: A voz das mulleres
Nesta etapa, as autoras cobran un gran protagonismo, explorando a feminidade desde perspectivas antes silenciadas (menstruación, embarazo, invisibilización).
Colectivo Ronseltz
Ronseltz: Colectivo da Coruña que destacou pola provocación punk, o humor posmoderno e as performances.
Lupe Gómez
Lupe Gómez (Curtis, 1972): Poeta e xornalista. A súa escrita busca incomodar poñendo o foco en elementos femininos "rexeitados" pola sociedade. Obras: Pornografía e Os teus dedos na miña braga con regra.
Olga Novo
Olga Novo (A Pobra do Brollón, 1975): Profesora de lingua e literatura galega. Trata a feminidade e a maternidade lonxe do erotismo convencional. Gañou o Premio Nacional de Poesía por Feliz Idade.
Xela Arias
Xela Arias (Sarria, 1964 - Vigo, 2003): Tradutora e poeta que innovou a través da linguaxe e o diálogo coas outras artes. Reivindicou a posición da muller e explorou o erotismo feminino. Obras: Tigres coma cabalos e Darío a diario.
Xeración Xabarín: Poesía actual desde 2001
Xeración moi vinculada a novas editoriais especializadas como Apiario (fundada por Dores Tembrás e Antía Otero) e Chan da Pólvora (Antón Lopo).
Fran Cortegoso
Fran Cortegoso (Pontevedra, 1985-2016): Estudou Filoloxía Galega e Dereito, e foi lector en Francia. Malia a súa curta vida, deixou unha obra premiada que trata temas como o suicidio e o erotismo. Obra: Suicidas. Destaca polo seu carácter cosmopolita.
Alba Cid
Alba Cid (Ourense, 1989): Investigadora e poeta vinculada á revista Dorna. Con Atlas gañou o Premio Nacional de Poesía Joven. A súa poesía reflicte unha profunda formación académica e unha mirada cosmopolita.
Gonzalo Hermo
Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987): Doutor en Lingüística e profesor universitario. Membro fundador de Chan da Pólvora. A súa obra Celebración gañou o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández.
Míriam Ferradáns
Míriam Ferradáns (Bueu, 1982): Estudou Graduado Social e colabora en prensa. É unha das voces máis traducidas da súa xeración. Destacan os seus libros Nomes de fume e Agosto.