Orixe e evolución do ser humano
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Biología
Escrito el en gallego con un tamaño de 9,56 KB
Orixe do animal humano
Os primeiros modelos explicativos
Os primeiros modelos explicativos da orixe das especies foron creacionistas e fixistas:
- Creacionismo: os creacionistas sosteñen a intervención divina como forma de xustificar a existencia do mundo e das distintas especies animais. Deus crea o mundo e os seres vivos, e sitúa aos seres humanos nun plano distinto e superior ao lado do resto de seres vivos.
- Fixismo: de acordo con esta interpretación, as especies xorden a partir dun acto de creación nun momento determinado e cunha forma idéntica a como se coñecen na actualidade.
As orixes do evolucionismo
Foise consolidando a idea de que a historia é un proceso dinámico e progresivo. O século XIX comezou coa necesidade de explicar o dinamismo da natureza, un dinamismo que cada vez se facía máis evidente grazas ao aumento do rexistro fósil. Lamarck inaugura o evolucionismo. Os organismos vanse adaptando. As alteracións físicas desenvolvidas ao longo da vida dun individuo son herdadas pola súa descendencia.
A loita pola supervivencia
Darwin formula a idea de evolución, de formación dunhas especies partir doutras, xunto coa noción de selección natural, como motor do cambio evolutivo. Darwin parte da idea da variabilidade entre individuos dunha mesma especie. A selección natural é a forza do medio actuando sobre os individuos lentamente, facilitando a supervivencia dos máis aptos na loita pola vida.
A teoría sintética da evolución
Todos os fenómenos evolutivos explícanse mediante a aparición de pequenos cambios xenéticos aleatorios (mutacións) sobre os que actúa a selección natural.
A evolución da especie humana
Hai dous procesos distintos:
- Evolución filoxenética: trátase dos cambios que se producen dentro dunha liñaxe a través do tempo.
- Evolución diverxente: é a diversificación das liñaxes e a aparición de novas especies.
Dos primates aos homínidos
Represéntanse de varias maneiras. Unha delas é a que queda reflectida na clasificación taxonómica. Nela sitúanse na mesma categoría, o taxon, todos os organismos que teñen un antepasado común. Moitas características do ser humano están determinadas pola súa presenza na orde dos primates. Trátase duns mamíferos que gardan entre si algunhas semellanzas. Dentro dos primates a especie humana pertence á superfamilia dos hominoideos. Esta superfamilia subdivídese en dúas familias: a dos simios (chimpancés...) e a dos homínidos que inclúe ao ser humano e a todos os seus antepasados.
Os primeiros homínidos
A organización taxonómica sitúa ao ser humano en relación cos simios antropomorfos (gorilas...). A separación da liñaxe humana dos chimpancés produciuse hai uns 6 millóns de anos. O primeiro representante dos homínidos é o Australopithecus anamensis. A primeira modificación ten que ver cos molares, crese que estes homínidos comezaron a introducir a carne na súa dieta. O seu hábitat encontrábase en ambientes mixtos. Por outro lado, os restos fósiles encontrados non deixan lugar a dúbida da súa marcha bípede, o que lles permitiu desenvolverse mellor en espazos abertos. Outro cambio trátase dunha man cun polgar próximo aos outros catro dedos, isto é capacidade de manipular obxectos. Hai 3 millóns de anos produciuse unha forte diversificación das distintas especies de homínidos, asociada aos cambios climáticos.
A evolución do Homo habilis
A estreita liña divisoria entre os primeiros representantes do xénero Homo e os outros homínidos adoita trazarse considerando a capacidade deste de fabricar instrumentos. A presenza das primeiras mostras de industria lítica, marca a distancia entre humanos e non humanos. Tallaban pedras para obter un gume co que cortar os restos de animais, axudou a introducir na dieta carne e graxas, permitiu a redución do tubo dixestivo, estes cambios impulsaron a expansión cerebral.
O Homo ergaster
O primeiro capaz de vivir en ecosistemas moi distintos aos africanos. As súas características físicas son: capacidade cranial 900 cm3, un toro supraorbital moi marcado, ósos nasais que proxectarían o nariz cara a diante, mandíbula pequena e un esqueleto similar ao dos humanos actuais. A novidade foi a súa maior capacitación técnica. O tallado de lascas e bifaces, aparece a distribución do traballo por sexos, ao depender a cría do coidado da nai un longo período de tempo. O dominio do lume por parte destes Homo facilitou a súa supervivencia: lume para escorrentar aos depredadores, para quentarse e para cociñar os alimentos. Na súa orixe, tomarían o lume da natureza ata desenvolver as técnicas necesarias para producilo. O consumo habitual de carne, que proporcionaría as proteínas necesarias para a actividade dun cerebro maior.
Orixe Homo sapiens
Existen dúas teorías para explicar a orixe dos humanos actuais:
- O modelo multirrexional: o Homo sapiens xurdiu simultaneamente en diferentes lugares do continente africano e europeo. A unidade da especie teríase mantido grazas aos fluxos xénicos entre poboacións.
- O modelo de substitución africano: a especie humana actual ten unha única orixe en África.
O éxito evolutivo do Homo sapiens está relacionado co mellor aproveitamento dos recursos do medio e cunha maior plasticidade adaptativa. Isto ten que ver co desenvolvemento da cultura, que é paralelo ao aumento das capacidades intelectivas. É un inventor eficaz, a súa mente simbólica permitiulle construír utensilios que non están vinculados directamente coa supervivencia, como son os adornos e a arte. A domesticación de plantas e animais, que implica controlar os recursos dispoñibles supuxo a consolidación do proceso de hominización.
Características da evolución humana
A marcha bípede
Supuxo un cambio fundamental na vida dos homínidos, trae consigo a liberación das mans. O estreitamento das cadeiras, a curvatura diferente dos fémures, a modificación dos xeonllos e os lentos cambios na estrutura torácica e na columna vertebral supoñen unha solución económica ao novo problema que se presenta ao ter que percorrer longas distancias.
O tipo de parto
Como contrapartida do bipedismo, dificultouse o parto. O estreitamento da pelve implica a baixada pola canle do parto. Como consecuencia, requírese de asistencia durante o mesmo. Trae, unha vantaxe que mostra a interconexión das diferentes adaptacións: o desenvolvemento co cerebro non se produce integramente antes do nacemento. Durante os primeiros anos de vida, o cerebro continúa madurando. Como resultado final deste proceso é necesario un maior nivel de cooperación entre os membros do grupo e a estrutura social faise máis complexa, para coidar e protexer os novos individuos.
Desenvolvemento cerebral
No proceso de hominización o cranio dos homínidos aumentou dende os 750 ata os 1400 cm3. Este crecemento está vinculado á progresiva adquisición de capacidades intelectuais, como a linguaxe e o pensamento simbólico, e co aumento da intelixencia e a memoria.
A liberación das mans
Por un lado supuxo un impulso demográfico, ao permitir a protección máis eficaz das crías e o transporte de alimentos e materias primas. Por outro lado, permitiu a fabricación de utensilios.
A infancia prolongada
Unha das características máis singulares do ser humano cando o comparamos con outros animais é o longo tempo que transcorre dende o nacemento ata a puberdade. Durante este período de dependencia dos pais as crías están sometidas a un intenso proceso de aprendizaxe.
A conduta sexual
Na maior parte dos primates, a femia só se mostra sexualmente receptiva cando o óvulo pode ser fertilizado. Nas femias humanas non hai signos claros do período fértil, de maneira que as relacións sexuais non se limitan a un período concreto con garantías de embarazo. Esta peculiaridade determinou o establecemento de vínculos afectivos de longa duración cunha parella, aínda que o modo no que se crean está condicionada culturalmente.
A linguaxe
Para que apareza a linguaxe, é necesario o desenvolvemento dunha serie de estruturas neuronais para a súa produción e comprensión e a adaptación da anatomía do aparello fonador. É un dos trazos que garanten o éxito evolutivo.
A natureza social e cultural
Os seres humanos, desenvolveron un mecanismo que lles permite adaptarse a todas as situacións e que modificou a súa relación co medio: a cultura. A produción de instrumentos, convértese no modo peculiar, aínda que non sexa exclusivo do home. A cultura vaise adquirindo nun proceso de aprendizaxe social e non mediante herdanza, ao contrario do que ocorreu coas condutas intuitivas.
A preparación de alimentos
Coa utilización de instrumentos e co dominio do lume, o ser humano converteuse nun animal singular capaz de cociñar. A capacidade de producir e preparar o seu alimento impulsou a socialización e a linguaxe. Algúns biólogos consideran que cociñar é a primeira actividade puramente humana.
O sentido da evolución
Actualmente debátese se o proceso ten ou non algún sentido, algunha tendencia. Na explicación do proceso evolutivo formúlase se é a agresividade ou o altruísmo o que foi favorecido pola evolución humana.