Oratoria Romana: Estratexia e Influencia na Literatura Latina

Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,14 KB

Oratoria Romana

Política: era a principal estratexia para obter votos. Forense: para inclinar aos xuíces a favor do seu cliente. A República ofrecía liberdade de expresión e independencia do poder xudicial, o que lle permitiu á oratoria acadar o seu momento de esplendor. Ca chegada do Imperio, estas condicións desaparecen. A oratoria anterior a Cicerón

Ápio Ciaudio, o 1° Orador Romano

Ápio Ciaudio foi o 1° orador romano, quen fixo un discurso en contra da paz que se pretendía firmar con Pirro. O propio autor quixo que se publicase (e xa que logo, pasase a ser parte da literatura), un costume que tardou en implantarse, ata que Catón publica todos os seus discursos. A oratoria romana ten influencia da oratoria grega, que xa contaba con tratados de retórica (teoria da oratoria). A oratoria romana adopta os procedementos artísticos gregos grazas ao Circulo dos Escipións. Outros oradores son Marco Antonio e Licinio Craso.

Oratoria na Época de Cicerón

Supón a fin da República, unha época de gran intensidade política, o que se reflicte na oratoria. Perfecciónanse as técnicas e créanse escolas onde se ensinan xa os modelos latinos.

Cicerón

Marco Tulio Cicerón (11-1 a.C) naceu en Arpino nunha familia de clase media rural da orde ecuestre. Foi un destacado orador e político. A súa morte supón a fin da República e da oratoria romana. Iníciase con Pro Quincio, un discurso que o enfronta ao orador máis famoso do momento. En Pro Roscio Amerinodefende a un home acusado de matar ao seu pai. Acusación contra Verrinas, gobernador de Sicilia que se aproveitaba do cargo. Con De imperio Con Pompei in Oriente defendía outorgar o mando supremo a Pompeio. Cas Catilinarias detén o intento de conxuración de Catilina. Pro Murena (acusado de fraude electoral), Pro Sulla e Pro Archia (defende o dereito á cidadanía de Arquias). Discursos xu stificando o poder do triunvirato. Pro Sextio (en defensa do seu amigo) Pro Milone (defende a Milón un dos rivais políticos que toitaban poto poder en Roma). Pro Marcello e Pro Ligario, en defensa de dous partidarios de Pompeio durante a GC. Antoniom orationes, nos que declara a Antonio inimigo do Estado.

Obras

Tratados de retórica - Rhetorica od Herennium: manual práctico da retórica romana. De oratore: exposición das características do bo orador (sentido común, técnica, práctica, coñecementos xurídicos...). Brutus: historia da oratoria romana, tristeza polos tempos nos que vive, onde a liberdade de palabra está en perigo. Orator: defende a existencia de tres estilos (sinxelo, moderado e sublime): o bo orador sabe cando usar cada un.

Tratados de Filosofía

Introduciu a filosofía grega en Roma, e é o creador da terminotoxia filosófica tatina.

Tratados Políticos

De republica: trata das distintas formas de goberno. Cre que a mettor é a república. De legibus: trata dos fundamentos do dereito e estuda as institucións romanas.

Tratados Morais

De officiis: manual de moral práctica. De finibus bonorum et malorum: contrapón as doutrinas epicúrea e estoica. Tusculanae dis utationes: o home sabio non teme, a virtude faino feliz. De amicitia e De senectute: analiza a natureza da amizade e a senectude.

Tratados Relixiosos

De natura deorum: rexeita a tese epicúrea de que os deuses non se preocupan polos homes. De divitatione: rexeita as crenzas estoicas sobre a adiviñación.
Características: As da prosa clásica: subordinación no canto de xustaposición, corrección léxica e morfolóxica, rexeitar a falta de lóxica... Propias: división dos períodos en anacos pequenos (o orador non pode pronunciar frases moi longas), a busca do equilibro entre as partes do período, uso do participio presente con todo tipo de complementos... Ton solemne no foro e senado, coloquial nas cartas familiares.

Partes

- Exordio: introdución para preparar o ánimo dos xuíces. - Narración: exposición dos feitos. - Argumentación: defender/refutar os argumentos. - Epílogo: recapitular para refrescar a memoria e gañarse aos xuíces

Entradas relacionadas: