Óptica: reflexión, refracción, dispersión e interferencia de la luz
Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,61 KB
Reflexión total:
Cando o ángulo de incidencia é maior ca o ángulo límite, non se produce refracción: a luz non cambia de medio e reflicte.
Reflexión:
Cando un raio de luz chega á superficie de separación entre dous medios, prodúcese a reflexión e a luz propágase no mesmo, pero en sentido oposto.
O raio incidente, o reflictido e a normal á superficie de separación entre os medios están no mesmo plano. i = r
Refracción:
Cando un raio de luz chega á superficie de separación entre dous medios e pode propagarse no segundo, parte da enerxía que transporta transmítese a través deste último.
O raio incidente, a normal e o raio refractado están no mesmo plano.
sen i entre v inc= sen r entre v ref
Dispersión da luz:
Proceso que separa un conxunto de entidades que se propagan xuntas. O prisma produce a dispersión da luz.
Prodúcese difracción cando unha onda atravesa unha ranura ou se atopa cun obstáculo de tamaño comparable á súa lonxitude de onda.
Polarización:
Polarizar unha onda transversal é facer que o vector que representa a perturbación vibre nunha única dirección perpendicular á de avance da onda. A luz polarizada vibra nunha única dirección.
Interferencia de ondas electromagnéticas:
Cando dous feixes de luz coinciden nun medio, prodúcense fenómenos de interferencia. Para poder apreciar a interferencia, é necesario que sexan dous feixes de luz coherentes, é dicir, que teñan a mesma frecuencia e unha diferenza de fase constante.
Chámase óptica geométrica á parte da física que estuda os cambios que experimenta a dirección de propagación dos raios de luz que sofren procesos de reflexión ou de refracción por medio de representacións xeométricas
2 principios: a propagación rectilínea da luz e a independencia dos raios
un dioptrio é unha superficie que separa dous medios transparentes, homoxéneos e isotrópicos con distinto índice de refracción.
Eixe óptico do dioptrio: o seu eixe de simetría
Vértice: punto O no que o eixe óptico corta á superficie do dioptrio
Unha lente é un sistema óptico centrado limitado por dous dioptrios; polo menos un deles debe ser esférico. O medio que está a ambos os lados dos dous dioptrios ten o mesmo índice de refracción.