A Oposición ao Franquismo: Da Posguerra á Democracia
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,61 KB
A seguinte composición de texto de tipo histórico céntrase na oposición ao réxime franquista que vai dende os anos de posguerra ata os derradeiros tempos de ditadura. Primeira Guerrilla (doc1), movemento universitario (doc 2), movemento obreiro (doc 3) e, por último, forzas políticas que se articulan cara ao remate da ditadura (doc 4).
A Resistencia Interior
O fin da Guerra Civil obriga aos vencidos a poñerse a salvo do sistema represivo de Franco. Arredor de 1940 aínda permanecían na cadea uns 300.000 españois, dos que 22.000 foron fusilados sen acusación algunha e 7.000 encarcerados. A oposición ao réxime manifestábase nesta primeira etapa do franquismo en dous ámbitos: os exiliados dende o exterior e a resistencia guerrilleira no interior.
Neste caso, imos centrarnos na resistencia interior, que estivo formada por un grupo de partidos políticos que decidiron organizar a protesta no interior do país empregando como táctica fundamental a loita armada. Nos primeiros momentos da guerra, os guerrilleiros, tamén coñecidos como maquis nalgunhas zonas, saíron das súas casas coa idea e a esperanza de que poderían regresar ao cabo duns días. Pero a evolución dos feitos obrigou a moitos destes fuxidos a organizar unha resistencia que durou case 30 anos.
En Galicia, a actividade da guerrilla descendeu considerablemente, aínda que seguían actuando algúns dos máis coñecidos, que foron caendo nas mans da xustiza franquista. Mentres que, ao tempo que se liberalizaba e melloraba a situación económica, os anos 60 estiveron caracterizados pola intensificación da oposición, que demandaba a restauración do sistema democrático.
O Movemento Universitario e Obreiro
As primeiras manifestacións de protesta das universidades apareceron en febreiro de 1956, centradas en conseguir un sindicalismo de estudantes democrático que substituíse ao oficial (SEU). Pero a resposta do goberno, que consideraba as protestas como un problema de orde pública, foi sempre dura: expedientes, detencións, suspensións de clases, etc. Mentres que o movemento obreiro estaba practicamente desaparecido.
Pero, a partir dos 60, as accións de protesta multiplicáronse: folgas polas melloras salariais, redución da xornada laboral... Neste contexto, dende mediados dos anos 60, foron creándose unhas comisións en minas, fábricas... Tratábase de órganos de representación dos traballadores elixidos en asemblea ao marxe do sistema franquista, que darán orixe ao sindicato clandestino CC.OO., que se infiltraron nos sindicatos verticais franquistas e converteuse nun dos principais movementos de oposición desde o interior do réxime franquista.
As Forzas Políticas
Entre os partidos obreiros, destaca a actividade do PCE, que mantivo unha intensa oposición ao franquismo tanto no interior, de forma clandestina, como no exilio. O PSOE estivo dividido entre os socialistas do exilio e os do interior. Ambos iniciaron un proceso de unidade para restablecer a democracia en España. En xullo de 1974, por iniciativa do líder do PSOE, Santiago Carrillo, constituíuse en París a Xunta Democrática, na que se agrupaban diversas forzas de oposición que aprobaron o programa. En xuño de 1975, organizábase a Plataforma de Converxencia Democrática, liderada polo PSOE. Os contactos entre ambos deron como resultado a Plataxunta (outubro de 1975).
O Testamento de Franco
Trala morte de Franco, reiteraba as ideas básicas nas que sustentara o réxime desde 1936; no seu testamento político, que máis adiante non se cumpriu ao iniciarse a transición cara á democracia.