Obra literaria de doña francisca e irene
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,22 KB
recuperación das linguas nos diferentes lugares, procurando poñelas en valor. No caso de Galicia, estas ideas estimularon a preocupación por certas cuestións culturáis, sobre todo lingüísticas, dando lugar ás primeiras denuncias da marxinación, atraso e inxustiza á que a nosa terra estaba sometida.
Entre os ilustrados galegos cómpre destacar especialmente as figuras de Diego Antonio Cernadas e
Castro, coñecido como o Cura de Fruíme, o padre Feixoo e os seus irmáns Anselmo e Plácido, Xosé Andrés Cornide e freí Martín Sarmiento, persoeiros que defenden a valía e capacidade da lingua galega como calquera outro idioma de cultura, poñendo así as primeiras pedras do que logo será o
Rexurdimento.
2.2. Manifestacións literarias.
Os ilustrados galegos, aínda que redactaron a maior parte das súas cartas, informes, ensaios, etc. En castelán, lanzáronse nalgúns casos ao cultivo lírico do noso idioma, abrindo o camiño que conduciría
ao Rexurdimento.
A principal obra literaria culta en galego da Ilustración é o Coloquio de 24 gallegos rústicos, escrito polo
Padre Martiño Sarmiento en 1746. Trátase dun conxunto de 1201 coplas ao estilo popular.
Sarmiento non compuxo esta obra por un afán estritamente literario, senón por recompilar de xeito ameno e creativo voces do galego que escoitou, leu e anotou durante a súa viaxe a Galicia en 1745.
Xunto a esta obra, hai que salientar os vinte e catro poemas en galego do "cura de Fruíme", Diego Antonio Cernadas e Castro, nos que expresa unha constante loanza de Galicia e da aldea, combatendo a mala imaxe e os insultos de que era obxecto a nosa terra.
Polo que ten de precursora, cabe citar tamén a Francisca de Isla e Losada, autora dun romance en galego escrito en 1775 e dedicado a Diego Antonio Cernadas.
Finalmente, consérvase un texto teatral anónimo titulado Entremés do portugués, descuberto e publicado en 1985. Trátase dunha peza cómica que reacciona contra a visión deformada e negativa que existía dos galegos nesa época, afirmando a súa superior intelixencia con respecto aos españoís, franceses e portugueses.