Obesidade, trastornos alimentarios e métodos de conservación dos alimentos

BiologíaActualizado el 4,33 KB

Resumen

O texto revisa as principais consecuencias da obesidade e as enfermidades carenciais, describe a anorexia e a bulimia, e ofrece consellos para alimentarse mellor. Tamén explica como interpretar a información nutricional e as datas de consumo, e recolle os principais métodos de conservación dos alimentos, desde o frío ata a deshidratación.

Puntos clave

  • A obesidade é o exceso de graxa corporal causado por unha inxestión excesiva de alimentos enerxéticos e un estilo de vida sedentario.
  • A desnutrición ocorre cando a comida non cobre as necesidades do organismo, que então consume primeiro glícidos, despois lípidos e por último proteínas.
  • A anorexia nerviosa caracterízase polo medo intenso a engordar e a unha imaxe distorsionada do corpo, e a bulimia consiste en comer grandes cantidades e provocar o vómito.
  • A etiqueta nutricional obrigatoria inclúe o valor enerxético, as graxas (en especial as saturadas), os hidratos de carbono (en concreto os azucres), as proteínas e o sal.
  • A data de consumo preferente indica perda de propiedades sen risco para a saúde, mentres que a data de caducidade indica que o alimento non debe consumirse.
  • Entre os métodos de conservación están o frío, os aditivos, a irradiación, o envasado ao baleiro, o calor e a deshidratación.

Ponte a prueba

A Obesidade e as súas Consecuencias

A obesidade é o exceso de graxa corporal producido pola inxestión excesiva de alimentos enerxéticos e asociada a un estilo de vida sedentario. As súas consecuencias son a diabetes, problemas cardiovasculares e algúns tipos de cancro. Para previlo, é importante unha dieta equilibrada e exercicio físico diario.

Enfermidades Carenciais e Desnutrición

A desnutrición é unha forma de malnutrición que se produce cando a cantidade de alimentos que se toma non é suficiente para satisfacer as necesidades do organismo. Compénsase consumindo as propias moléculas: primeiro o depósito de glícidos, despois o de lípidos e, por último, os de proteínas.

As dietas pouco variadas poden ter falta dalgúns nutrientes e provocan enfermidades carenciais, trastornos que adoitan estar producidos pola carencia dalgunha vitamina ou sales minerais como calcio ou ferro.

Trastornos Alimentarios: Anorexia e Bulimia

A anorexia nerviosa é unha enfermidade que se caracteriza polo medo intenso de gañar peso e por unha imaxe distorsionada do propio corpo. A soen padecer adolescentes e, a maioría, mulleres.

Esta forma de desnutrición caracterízase por un rexeitamento á comida, acompañado ás veces dun exceso de exercicio físico que conduce a unha grave deterioración física e fisiolóxica. Entre un 10% e un 15% dos anoréxicos morren por desnutrición.

Estes enfermos tamén padecen a miúdo bulimia, que consiste en inxerir grandes cantidades de comida e despois provocar o vómito para evitar engordar.

Consellos para Alimentarnos Mellor

  • Planificar unha alimentación equilibrada.
  • Non saír de casa sen tomar un bo almorzo.
  • Respetar o horario das comidas.
  • Comer a modo e sen distraccións.
  • Alimentarse con moderación e variedade.

A Información Nutricional

A información nutricional proporciona datos sobre a enerxía e os nutrientes que achega o alimento contido no envase. De forma obrigatoria, a etiqueta ten que poñer:

  1. Valor enerxético en kcal ou kJ.
  2. As graxas, en particular as saturadas.
  3. Hidratos de carbono, en concreto os azucres.
  4. As proteínas.
  5. O sal (aparece como contido en sodio).

De maneira voluntaria, pódense poñer as cantidades achegadas por unha porción de alimentos, o contido doutros tipos de nutrientes como fibra alimentaria, vitaminas ou minerais. A achega de cada nutriente á cantidade diaria recomendada (CDR) ou á cantidade diaria orientativa (CDO) adoitase expresar en porcentaxes, tomando como referencia para comparar un adulto cunhas necesidades enerxéticas diarias de 2000 kcal.

Conservación e Datas Límite

  • Data de consumo preferente: a partir desta data, o produto puido perder algunhas propiedades nutritivas e cambiar de aspecto, olor ou sabor, pero o seu consumo non supón ningún risco para a saúde.
  • Data de caducidade: a partir desta data, o alimento non debe onsumirse, xa que non está garantido que os cambios sufridos, como a súa contaminación por microorganismos, non provoquen danos na saúde.

Métodos de Conservación dos Alimentos

  1. Frío: os alimentos mantense a baixas temperaturas para atrasar ou deter o desenvolvemento dos xermes. Poden ser: por enriba dos 0 ºC (refrixeración) ou por debaixo de 0 ºC (conxelación).
  2. Aditivos: engadense para impedir a proliferación de microorganismos; por exemplo, o sal (salgas), vinagre (conservas) ou os aditivos químicos artificiais (E).
  3. Irradiación: os alimentos son sometidos a radiacións ionizantes, como os raios X, para destruir os microorganismos e prolongar a súa vida útil.
  4. Ao baleiro ou en atmosfera modificada: se lles extrae o aire que conteñen para deter o desenvolvemento dos microorganismos.
  5. Calor: no leite uperizado (UHT) quéntase a 135 ºC durante 2 segundos; no leite pasteurizado quéntase a 72 ºC 15 segundos e arréfiase rápido.
  6. Deshidratación: elimínase a auga do alimento. A liofilización é unha forma de deshidratación que se produce ao conxelar rapidamente e despois aplicar o baleiro para separar a auga do alimento.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cales son as consecuencias da obesidade?

Segundo o texto, a obesidade pode provocar diabetes, problemas cardiovasculares e algúns tipos de cancro. Para prevela recoméndase unha dieta equilibrada e exercicio físico diario.

Cal é a diferenza entre data de consumo preferente e data de caducidade?

Despois da data de consumo preferente o produto pode perder algunhas propiedades nutritivas e cambiar de aspecto, olor ou sabor, pero non supón risco para a saúde. Despois da data de caducidade non debe consumirse, xa que non está garantido que non haxa danos para a saúde.

Que é a liofilización?

É unha forma de deshidratación que consiste en conxelar rapidamente o alimento e despois aplicar baleiro para separar a auga.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que se compensa primeiro cando a inxestión de alimentos é insuficiente?
2. Que caracteriza principalmente a anorexia nerviosa?
3. Que se debe indicar obrigatoriamente na etiqueta nutricional?
4. Que método conserva os alimentos eliminando o aire que conteñen?
5. A que temperatura se quenta o leite pasteurizado segundo o texto?
6. Que é a liofilización?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.