Nutrición das Plantas: Elementos Esenciais e Funcións

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,86 KB

Nutrición das Plantas

As plantas toman do ambiente que as rodea (atmosfera, H2O e solo) elementos precisos e indispensables na construcción dos seus tecidos. O análise da materia seca dos vexetais mostra a presenza de 16 constituíntes que se chaman indispensables, dos que chamaremos macronutrintes ou elementos plásticos responsables da formación dos tecidos, e 7 que chamaremos oligoelementos ou microelementos.


Fotosíntese ou Función Clorofílica

CO2 + H2O → C6H12O6 + O2


Tamén a H2O do solo, aparte de desempeñar múltiples papeis na complexa fisioloxía vexetal, proporciona directamente á planta osíxeno e hidróxeno. A maior parte do nitróxeno para os vexetais obténse do solo, onde se encontra en forma mineral (nítrica ou amoniacal). O nitróxeno que temos no aire só as leguminosas son capaces de sintetizalo. No caso das leguminosas, o nitróxeno obténse do aire e do solo a partir das bacterias simbióticas.


Macronutrintes

  • C - 42%
  • N - 2%
  • Ca - 1,3%
  • O - 44%
  • P - 0,4%
  • Mg - 0,4%
  • H - 6%
  • K - 2,5%
  • S - 2,5%


Micronutrintes ou Oligoelementos

  • Fe, B, Zn, Mb, Cu, Mn, Ce - 1%


Elementos Imprescindibles para Algunhas Especies

  • Na, Al, Co, V, I, Si


Os elementos minerais P, K, Ca, Mg e a maior parte de S e dos oligoelementos que están presentes no solo son absorbidos directamente das raíces na solución circulante na que están disolutos en diversas formas.


O Papel dos Elementos Nutritivos

Cada un dos elementos indicados desempeña un papel diferente na nutrición vexetal. Algúns dos elementos, tales como H, O, C, N e S, son constituíntes básicos dos tecidos vexetais e únense de diversas formas para constituír ou sintetizar os compostos orgánicos. Outros elementos catións teñen principalmente a misión de compensar a presenza de anións, e os oligoelementos actúan como catalizadores de diversas reaccións metabólicas das plantas.


Como se Produce a Absorción dos Elementos Nutritivos Minerais

A absorción é estreitamente selectiva e segue regras moi definidas. Se un ou máis elementos minerais se encontran no solo en cantidade insuficiente para asegurar o normal desenrolo das plantas, o rendemento final destas estará moi comprometido e ao longo do ciclo vexetal manifestaranse claros síntomas de carencia.


Química orgánica: química do carbono (elemento simple) e a que todos os compostos que forman parte dela derivan do carbono.


Distribuír no solo unha determinada cantidade de abono significa axudar a manter as plantas nun bo estado fisiolóxico e vexetativo, asegurándolles polo menos as cantidades mínimas dos elementos nutritivos minerais que necesitan (fertilización).


A Fertilización Actúa de Tres Maneiras Distintas

  • Elevando no solo o contido de elementos minerais que pola súa natureza soen escasear, ata chegar a un nivel medio de fertilidade con reservas nutritivas suficientes.
  • Restituíndo no solo elementos nutritivos extraídos polos cultivos ou perdidos polo lavado superficial (escorrentía) ou polo lavado profundo (drenaxe). Sen esta restitución, a fertilidade natural do solo diminuirá ano tras ano, afectando a producción dos cultivos.
  • Aportando ao solo as cantidades de elementos minerais capaces de facer superar as plantas, ao longo do seu ciclo vexetativo, os momentos críticos de máximo crecemento e desenvolvemento, que corresponden a necesidades máximas de elementos nutritivos.

Entradas relacionadas: