A Normalización Lingüística en Galicia: Retos e Estratexias

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,64 KB

As institucións e a normalización lingüística

As institucións públicas teñen un papel clave no proceso de normalización. Na Xunta existe unha Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como obxectivo a promoción do galego na administración e na sociedade. Ademais, tamén as deputacións provinciais e os concellos destinan parte dos seus orzamentos á normalización e, nalgúns casos, tamén a incrementar a presenza do galego.

Desde que entrou en vigor a LNL (1983) non se conseguiu deter a substitución do galego polo castelán, aínda que a perda de falantes sexa a un ritmo menor que épocas atrás. As actuacións normalizadoras principais son:

  • Mellora da competencia do galego a través de cursos de formación, especialmente para o persoal da función pública.
  • Introdución do galego en espazos nos que estivera marxinado, mediante a concesión de axudas e subvencións.
  • Financiamento da CRTVG.
  • Extensión do galego ás novas xeracións, con todos os esforzos no ámbito do ensino non universitario.

E os principais erros da política normalizadora son:

  • Falta de formación específica en planificación lingüística do persoal.
  • Incumprimento da normativa legal establecida.
  • Inadecuado seguimento e valoración dos resultados dos investimentos, como na prensa.

O maior éxito radica na incorporación do galego a ámbitos prestixiados, como os dos medios de comunicación, a Administración ou a política, o salto do uso privado ao público.

O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega non se elaborou e aprobou ata marzo de 2004, pero a súa aplicación aínda está pendente nalgúns ámbitos. Tamén se teñen feito plans de normalización destinados a institucións ou organismos concretos. En todos os casos, os plans seguen estas fases:

  1. Diagnóstico da situación do galego no ámbito correspondente.
  2. Definición e xerarquización dos principais problemas.
  3. Determinación dos obxectivos específicos.
  4. Asignación a cada obxectivo dunha serie de medidas de actuación.

Habería que engadirlle a temporalización e a análise dos medios dispoñibles. O plan só será operativo se previamente se distinguen os ámbitos de actuación concretos. Tamén é imprescindible o compromiso da institución para a cal é deseñado e a participación dos axentes implicados. Cómpre establecer unha fase de avaliación, que se levará a cabo periodicamente para comprobar o cumprimento dos obxectivos.

Entradas relacionadas: