O nihilismo e a vontade de poder en Nietzsche
Enviado por Chuletator online y clasificado en Formación y Orientación Laboral
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,73 KB
O concepto negativo do nihilismo, que atenta contra a vontade de vivir, é só un tránsito, pois constitúe o punto de partida para comezar unha nova era de afirmación da vida e vontade de poder. Así, Nietzsche presenta un nihilismo activo e positivo cuxa gran afirmación será a vida, que hai que vivir desde a vontade non só de vivir, senón entendendo a existencia como un tempo para crear, un tempo para facer efectiva a liberdade do ser humano.
A vontade de poder como afirmación
Nietzsche concibe o mundo e a vida como un continuo e infinito xogo de forzas, co que o ser humano se relaciona mediante a súa vontade, significando un «eu quero» e supoñendo unha afirmación da vida tal e como é. Pero o ser humano debe ser «vontade de poder», que consiste en sentir que pode influír no mundo desenvolvendo a súa liberdade.
O superhome e a transmutación dos valores
O desenmascaramento desta gran mentira é o gran obxectivo de Nietzsche, para o que é preciso que xurda un novo home, un ser superior, que acometa a nova transmutación dos valores, anunciando a vinda do superhome que non só asumiu a morte de Deus, senón tamén as consecuencias derivadas desta. Trátase dun ser activo, creador de valores que:
- Non despreza o corpo nin a terra.
- Non se subordina a ningunha moral.
- É individualista e expresa a súa liberdade na vontade de poder.
Con todo, é un ser do futuro, pois o «último home» aínda non foi capaz de aceptar a doutrina do eterno retorno.
O eterno retorno e o sentido da existencia
Esta supón a única verdade da existencia coa que intenta explicar o devir do único mundo real, o mundo dos acontecementos finitos nun tempo infinito, culminando así a súa filosofía. Se Deus non existe, non hai creación da nada nin un primeiro momento orixinal. O tempo non é lineal, senón circular como crían os antigos gregos: todo móvese infinitamente, retorna a si e volve suceder.
Pero este «eterno retorno do mesmo» leva a un determinismo fatalista no que a liberdade parece un espellismo. Porén, esta alcanzará a nivel individual, para Nietzsche, o seu verdadeiro sentido, pois se o tempo é infinito e todo se repite eternamente, cada actuación adquire un valor infinito. Así, plantea un novo imperativo categórico para a vontade, orientada á afirmación da propia vida: o único que é, que existe, é o devir eterno, e nel as cousas repítense infinitamente.
Conclusión: vivir con liberdade
Por último, o sentido da vida non a trasciende, senón que consiste en vivila desde a vontade de poder, dunha maneira libre e aceptando a necesidade como parte do destino.