Narrativa e poesía da Xeración de 1936: Blanco Amor, Luis Seoane e Celso Emilio Ferreiro

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,5 KB

Blanco Amor — narrativa

Emigrou á Arxentina, onde desenvolveu unha importante actividade cultural. Desde 1936 a súa estadía en América foi forzada, como exiliado. Cultivou todos os xéneros.

Obras narrativas:

  • A esmorga — novela de carácter social; con ela comeza a nova narrativa galega.
  • Os biosbardos
  • Xente ao lonxe

Convértese nun dos máis representativos do realismo social. Características do realismo social en Blanco Amor:

  • Ambientación nun mesmo espazo urbano: marco de todos os acontecementos.
  • Centrado na problemática das clases desfavorecidas.
  • Perspectivismo: fai uso case constante do perspectivismo, adoptando un determinado punto de vista.
  • Lingua popular: sérvese da lingua popular, a través da cal reflicte a fala das clases que quere retratar.

Luis Seoane

Creador polifacético, nacido en Arxentina; coa guerra civil exiliouse en Bos Aires, onde desenvolveu unha intensísima actividade cultural. A súa poesía está dominada por un grande compromiso ético coa realidade social e humana de Galicia.

Este compromiso concrétase en dous temas fundamentais da súa obra:

  • Mundo da Diáspora: o exilio.
  • Historia de Galicia.

Obras:

  • Fardel do exiliado
  • Na brétema, Santiago
  • A maior abondamento

Tema da emigración/exilio: aparece na primeira e na última das obras citadas, ofrecendo nos seus versos unha visión dignificadora dos que tiveron que deixar Galicia.

Tema da historia: sen esquecer o seu compromiso social, aparece na segunda obra, na que trata a historia de Galicia centrándose en persoas humildes.

Brétema: indica falta de visión; fai referencia á esperanza no medio da escuridade; esa esperanza corresponde a Santiago. En canto ao estilo, acostuma usar verso libre, longo e sen rima. O ritmo dos seus poemas vén marcado pola repetición de palabras clave.

Celso Emilio Ferreiro

Pertencente á Xeración de 1936. Durante a guerra civil viuse obrigado a combater no bando franquista; tras a guerra trasladouse a Vigo, onde desenvolveu o seu labor cultural.

Obras poéticas:

  • O soño sulagado
  • Longa noite de pedra
  • Viaxe ao país dos ananos
  • Cantigas de escarnio e maldicir
  • Antipoemas
  • Onde o mundo se chama Celanova

A súa poesía está dominada por tres rexistros básicos: cívico, intimista e satírico.

Como poeta cívico

Conecta a súa traxectoria coa tradición de Curros e Cabanillas. Todos eles comparten a visión do poeta como expresión do compromiso coa realidade social e como voceiro do seu pobo e do seu tempo. Trátanse temas como o antibelicismo, a liberdade ou a solidariedade cos que sofren.

Como poeta intimista

Son poemas nos que aborda a memoria da guerra e a dor existencial.

Como poeta satírico

Polo seu rexistro crítico tamén é un poeta satírico, conectando así coa tradición medieval. A sátira e a ironía están presentes en todas as súas obras.

Entradas relacionadas: