Narrativa galega e estandarización da lingua: do exilio á Nova Narrativa Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,59 KB
Narrativa galega desde a Guerra Civil ata 1980
Ao redor dos anos 50 dáse unha gran renovación da narrativa, cuxos obxectivos son: superar o legado tradicional, manter a actividade cultural e política galeguista e ter un compromiso coa lingua galega (MÉNDEZ FERRÍN e CARLOS CASARES).
Este fragmento pertence a A narrativa que contribúe á recuperación da narrativa, xunto á editorial Galaxia, despois dun tempo de literatura no exilio por mor da ditadura.
Prosa desde a Guerra Civil ata 1980
Influída pola ditadura, a emigración cara a América e a editorial Galaxia.
Narrativa no exilio
Marcada pola Guerra Civil.
- Autores: Ramón Vzquez Venezuela, "Non gardei por ninguén"
- Silvia Santiago, "Viladervos"
- Alosno Ríos, "Nidia"
Narrativa de posguerra
Nacemento de Galaxia (1950). Realismo.
- Autores:
- Fole, "A luz do candil"
- Cunqueiro, "Se o vello Simbad volvese ás illas"
- Blanco Amor, "A esmorga"
- Neira Vilas, "Memorias dun neno labrego"
Nova Narrativa Galega
Absurdo da existencia, fusión ficción-realidade, obxectivismo e intertextualidade.
- Autores:
- Méndez Ferrín, "Arrabaldo do norte"
- Carlos Casares, "Xoguetes"
- Mourulo, "Nace un árbore"
- Xohana Torres, "Adeus María"
Construír un modelo de lingua estándar
As variedades estándar son modelos de lingua comúns para os falantes dun territorio. As súas principais características son: estabilidade, flexibilidade e intelectualización.
Funcións principais
- Servir como modelo de corrección.
- Ter prestixio social.
- Facilitar a comprensión entre diferentes falantes.
Normativización
É o proceso de creación de normas para a lingua. Inclúe:
- Establecemento da gramática.
- Regulación ortográfica.
- Creación dun modelo común.
Fases da normativización
- Dialectalismo: escríbese o que se escoita, sen normas fixas.
- Interdialectalismo: conviven diferentes formas e variantes da lingua.
- Supradialectalismo: procura de integrar todas as variantes nun modelo común.
Etapas históricas do proceso de estandarización do galego
- Popularizante: o galego é usado por xente sen conciencia lingüística; non hai proceso normativo.
- Enxebrista: ata 1936, tendencia a afastarse do castelán; primeiros intentos de estandarización buscando un galego "puro", sen castelanismos.
- Preestándar: procura dunha lingua estándar; simplificación ortográfica e primeiros intentos de corrección lingüística.
- Estándar: o galego desenvólvese cunha gramática propia.