A Narrativa Galega Contemporánea: Tendencias e Autores (1975-1999)
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,39 KB
A Narrativa Galega Post-Franquista: Eclosión e Consolidación (1975-1999)
A Eclosión do Xénero Narrativo (Post-Franco)
Coa morte de Franco e as primeiras eleccións democráticas xerouse unha eclosión do xénero narrativo, cunha narrativa capaz de retratar a sociedade. As características principais desta etapa inclúen:
- Predominio do relato breve.
- Procura da profesionalidade literaria e conciencia da existencia dun mercado.
- Creación de novas editoriais e premios literarios.
- Crítica da profesionalidade.
- Variedade de estilos e temáticas.
A Narrativa dos Anos 80: Consagración e Diversidade
A narrativa dos 80 conta cunha definitiva consagración da prosa galega, publicando un importante número de libros por ano. Obsérvase a aparición de diferentes tendencias e liñas temáticas, a procura do gran público e unha especial atención ao público xuvenil. Esta década viu a renovación da linguaxe e das técnicas narrativas, e a aparición de novas editoriais para a difusión dos libros.
Principais Liñas Temáticas dos 80
- Liña Memorialística/Intimista: Destaca Xavier Alcalá con A nosa cinza, onde incorpora elementos tirados dos grandes títulos occidentais do século XX, e Martínez Oca, cos seus libros dun pasado infantil e xuvenil en Un ano e un día e A fuxida.
- Novela Histórica: Procura a reconstrución do pasado nacional, tendencia marcada por Víctor Freixanes con O triángulo inscrito na circunferencia.
- Relato Policial: Ten o seu inicio con Crime en Compostela de Carlos Reigosa, un relato de corte policial de gran éxito.
- Narrativa Fragmentaria/Experimental: Preséntase unha desintegración do discurso, representada por Polaroid de Suso de Toro, un dos autores de maior éxito.
- Nova Narrativa Galega: Méndez Ferrín sitúase neste espazo con obras como Antón e os inocentes e Crónica de nós.
A Narrativa dos Anos 90: Consolidación e Novos Subxéneros
A narrativa dos 90 conta coa consolidación do relato curto e de diferentes subxéneros e novas modalidades. Caracterízase pola presenza de novas narradoras, novos experimentos narrativos e unha gran diversidade nos rexistros estilísticos e lingüísticos.
Tendencias e Subxéneros dos 90
- Persistencia da Novela Histórica: Segue a ser unha das liñas máis cultivadas, centrada na reconstrución dun pasado mítico. Exemplos: Xesús Rábade (Como levar un morto), Rei Núñez (A estrela do polisón).
- Narrativa Memorialista/Intimista: Continúase coa temática, cun conxunto de narracións chamadas narrativa de iniciación/xeracional ou crónica sentimental. Exemplos: Manuel Veiga (Lois e Helena), Xosé Ramón Pena.
- Consolidación da Novela de Xénero: Importante número de textos que abarcaban o xénero policial, grazas en parte á perspectiva norteamericana. Exemplos: Bieito Iglesias (Miss Ourense), Xosé Miranda (Morning Star).
- Novela Experimental: O autor destaca o evidencialismo das obras cun humor que marca o tempo narrativo. Exemplo: Xosé Cid (Panificadora).
- Neocostumismo Urbano/Semiurbano (Narrativa Bravú): Procura na fala a conexión entre a Galiza tradicional e a urbana. Manuel Rivas é o máximo cultivador (Un millón de vacas, Que me queres, amor?).
- Narrativa da Muller: Incorporación dun amplo número de mulleres que achegan un punto de vista feminino, marcando unha diferenciación. Exemplos: María Xosé Queizán, Teresa Moure.
- Literatura Infantil e Xuvenil (LIX): O auxe prodúcese pola demanda de materiais escolares didácticos. Autores destacados: Carlos Casares, Manuel María, Neira Vilas.