Narrativa actual
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,2 KB
TEMA 10: NARRATIVA ACTUAL / PROSA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI
Nos anos 70 prodúcese a fin do réxime franquista, e a partir de 1976 coa morte de Franco, o inicio dunha democracia parlamentaria. Desde o punto de vista socioeconómico, aumentan os índices de emigración, o progresivo abandono do mundo rural e aumento de poboación en núcleos urbanos. A lingua galega entrou a formar parte do ensino a partir do ano
1978, e entrou nos medios de comunicación a partir de 1982, ano no que se funda RTVG. Aumentou o libro de números publicados, o número de autores, a aparición de xornais e revistas e a creación de novas editorias. Nesta época tamén apareceron premios literarios de narrativa que serven de plataforma aos novos narradores, por exemplo o premio "Xerais" ou o premio "Blanco Amor"
Nos últimos anos, dentro do xénero narrativo producíronse algúns puntos de inflexión. Autores veteranos de estilo realista e con preferencia pola novela longa como Xavier Alcalá, deron paso a autores que manifestan preferencia polo relato breve, como Suso de Toro ou Manolo Rivas. Apareceu a literatura de xénero negro e de xénero de terror.
As principais vías da narrativa galega nos últimos anos foron os autores con preferencia por un discurso fragmentario e experimentación, como Xurxo Borrazás. Dánse novas modalidades xenéricas como o cliclo negro, o ciclo erótico ou o ciclo de terror. Recupéranse temáticas clásicas ou ben a temáticas sobre a Guerra Civil. Algúns autores teñen proxectos literarios propios e diferentes a estas liñas temáticas como Carlos Caneiro ou Xesús Valcárcel.
Como narradores destaca Suso de Toro. Na súa obra diferéncianse dúas etapas. A primeira e máis experimental con obras como Polaroid, e a segunda é máis clásica e convencional con libros como A sombra Cazadora. Tamén destacou Manolo Rivas, un autor cunha ampla obra narrativa, tanto no relato breve (Un millón de vacas) como no campo da novela (Os libros arden mal). Nas súas obras destaca a capacidade de reflectir o día a día desde unha perspectiva lírica.