Música do Século XX: Contexto, Estilos e Compositores

Música4,11 KB

Música do século XX: chámase música da época contemporánea.

- Contexto histórico: Acontecementos: desenvolvemento das telecomunicacións e das tecnoloxías, Primeira Guerra Mundial (1914-1918), Revolución Rusa (1917), Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Reconstrúense os países nos ámbitos políticos, económicos, sociais e éticos, e o planeta convértese nunha aldea global.

- Contexto cultural: Hai cambios e novidades na arte. Os movementos que xorden teñen un nexo en común, que é o desexo de ruptura co pasado. Os avances nas comunicacións e as exposicións universais achegaron novos horizontes á creación artística, e a pintura lidera o terreo artístico.

- Contexto musical: Aparecen novos xéneros como o rock e o jazz. A chegada da tecnoloxía alterou a forma de compor e interpretar a música, e os medios electrónicos e informáticos teñen unha función importante na música.

- Características da música: Perdese a unidade estilística e técnica, hai unha ruptura co pasado e procura da novidade. Os compositores queren chamar a atención do oínte, e o compositor inclúe textos explicativos propios para que a obra se poida interpretar e entender.

- Música na primeira metade do século XX: A nova forma de compor sae de dúas cidades: París e Viena.

- O impresionismo: Considérase a primeira manifestación contemporánea do século XX. A orixe do movemento impresionista é un lenzo de Claude Monet titulado Impresión, sol naciente. Nos cadros búscase a impresión que produce nos ollos de quen os observa. Na música, o compositor máis destacado deste impresionismo é Claude Debussy, e a súa obra é Preludio a la siesta de un fauno (1894). As características desta música impresionista de Debussy son: melodías esvaecidas, harmonía libre con acordes incompletos, un novo concepto de timbre e a incorporación de elementos musicais orientais.

- O expresionismo: Aparece a partir de 1911. A forma e a cor deixan de estar obrigadas a imitar a realidade. Caracterízase por buscar a expresión da alma do ser humano de forma dura e pesimista, e pola realidade distorsionada marcada pola dor e a angustia. Na pintura, destaca El grito de Munch, primeira obra do expresionismo. Na música destaca o compositor Arnold Schoenberg.

- O futurismo: Nace en Italia en 1909. Trátase da corrente máis radical do século XX, e o seu principal precursor é Tommaso Marinetti. O futurismo baséase na introdución dos ruídos e das máquinas na música. O escritor Russolo publica El manifiesto de los ruidos, no que clasifica os instrumentos da orquestra futurista en gruñidos, golpes, silbidos e berros. Os músicos máis influenciados polo futurismo son Edgard Varèse (Ionisation) e Arthur Honegger (Pacific 231).

- Neoclasicismo: Xorde arredor de 1920. É unha volta á claridade formal do clasicismo. Os músicos máis destacados son Erik Satie (Gymnopédie nº 1) e Prokófiev (A sinfonía clásica, op. 25; Romeo e Xulieta).

- Compositores máis destacados do século XX: Claude Debussy (Preludio a la siesta de un fauno), Maurice Ravel (Bolero), Erik Satie (Tres Gymnopédies), Arnold Schoenberg (La noche transfigurada), Karlheinz Stockhausen (El canto de los adolescentes), Igor Stravinski (El pájaro de fuego, Petrushka).

Descargar

PDF Word HTML