Danza del Molinero de Manuel de Falla: Análise e Contexto

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,8 KB

Manuel de Falla: "Danza del Molinero"

A "Danza del Molinero" sitúase entre finais do século XIX e principios do XX, unha etapa caracterizada polos avances tecnolóxicos e científicos, e polo fin da escravitude. Este período estivo marcado pola Restauración Borbónica, tras a recuperación do trono por parte de Afonso XIII, despois do paréntese do Sexenio Democrático, que finalizaría coa proclamación da Segunda República. O golpe de Estado levado a cabo polo exército contra este goberno supuxo o comezo da Guerra Civil, que remataría coa ditadura do xeneral Francisco Franco.

Orixe e creación da obra

"Danza del molinero", de El sombrero de tres picos, nace da colaboración do compositor gaditano co matrimonio Martínez Sierra, relación da que xurden obras tan importantes como El amor brujo ou El sombrero de tres picos, creada inicialmente como unha pantomima.

Por petición do director dos Ballets Rusos, Serguei Diaghilev, Falla adaptou a idea a unha suite de danzas con importantes modificacións respecto ao formato inicial:

  • A orquestra aumentou (de 17 a 50 elementos).
  • Suprimíronse os episodios narrativos da pantomima.
  • Alargáronse as seccións para adaptalas á coreografía.
  • Engadíronse novas danzas, entre elas a "Danza del corregidor", a jota final e a "Danza del molinero" (Farruca).

A estrea da obra tivo lugar no Teatro Alhambra de Londres, en 1919, cun éxito apoteósico.

Análise musical da Farruca

Segundo o libro de Sally Albaugh, a "Danza del Molinero" é a peza que a esposa lle pide que baile para os seus amigos; este comprácea cunha Farruca. O esquema da danza é o seguinte:

  • I. Introdución: Solo de trompa que lembra a fanfarria das corridas de touros.
  • II. Solo de corno inglés: Toca a escala frixia retomando ao final o motivo melódico da trompa.
  • III. Zapateado: Tocado pola corda e o redobre da caixa.
  • IV. Solo de óboe: Nace da base rítmica, acompañado de arpa e violíns.
  • V. Zapateado: Tocado agora pola corda e a percusión.
  • VI. Melodía en Dó menor: Interpretada polo fagot e o clarinete, aos que se suma a corda.
  • VII. Zapateado: De novo, coa corda e o vento metal.
  • VIII. Solo de trompa: Similar ao do óboe do número IV (engade un enlace de frases tocado pola corda).
  • IX. Final: Consiste en tres frases de 8 compases cada unha. Gradualmente vaise acelerando durante os 24 compases ata chegar a un frenético final onde se oe o taconeo nun peche enérxico.

Entradas relacionadas: