Música do Renacemento: características, formas e texturas (s. XV–XVI)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Música

Escrito el en con un tamaño de 6,44 KB

O Renacemento

Dende mediados do século XV ata finais do XVI prodúcese en Europa, especialmente en Italia, unha renovación artística, literaria, científica e cultural. A corrente de pensamento en torno á que xira o Renacemento coñécese co nome de Humanismo. O ser humano volta a mirarse a si mesmo e á natureza que lle rodea, converténdose no centro e na medida de todas as cousas. Pásase progresivamente dunha sociedade teocéntrica, centrada exclusivamente na relixión, a outra secular, centrada no home, na que se intenta explicar o mundo e a natureza non pola fe, senón pola razón e pola ciencia.

Características da música renacentista

A música renacentista presenta rasgos propios que se reflicten tanto na música vocal como na instrumental. Entre as principais características destacan:

  • Uso da polifonía: case todas as pezas son polifónicas; búscase o equilibrio entre as voces e todas teñen importancia.
  • Número de voces variable: inda que prevalece o número de catro voces: soprano, contralto, tenor e baixo.
  • Predominio da música relixiosa: en principio era máis importante que a profana, aínda que a partir do século XVI esta última foi adquirindo maior protagonismo.

A polifonía

  • Pódese atopar desde a máis sinxela, na que todas as voces cantan a mesma letra co mesmo ritmo, ata a máis complexa, na que se usan distintos ritmos, distintas letras e prácticas de imitación entre as voces.
  • A polifonía esténdese tamén aos instrumentos; os máis importantes son os polifónicos: órgano, clave, laúd, vihuela, arpa, etc.

Compositores fundamentais do Renacemento

  • Giovanni Pierluigi da Palestrina
  • Juan del Encina
  • Antonio de Cabezón
  • Josquin des Prez
  • Giovanni Gabrieli

Formas musicais

A forma musical é como un molde, máis ou menos flexible, que serve para estruturar o discurso musical ao longo do tempo. Un exemplo cotián é a canción: forma vocal que se basea na alternancia dunha parte musical na que a letra vai variando (estrofa) e outra parte, distinta, na que a letra repítese (estribillo). Hai moitas estruturas diferentes con nomes diversos; a continuación concéntrome nas máis frecuentes desta época.

Música vogal relixiosa

  • Motete: obra polifónica a catro ou cinco voces, normalmente sen instrumentos, que adoita usar a imitación entre as voces.
  • Misa: forma musical complexa composta polas pezas que forman parte da liturxia.
  • Coral: fundamental na liturxia protestante. Composición sinxela a catro voces, en alemán, e de textura homofónica (as voces cantan co mesmo ritmo o mesmo texto) para que os fieis comprendesen facilmente o significado.

Música vogal profana

  • Madrigal: de orixe italiana; forma a catro ou cinco voces, normalmente sen instrumentos. O texto ten temática amorosa e está inspirado nos poetas italianos. Usa imitación entre as voces e participaban cantantes femininos e masculinos. Música de ambiente cortesán.
  • Chanson: de orixe francesa; varias voces e con acompañamento instrumental. Ten estrofa e estribillo.
  • Villancico: de orixe española; canción polifónica a catro voces, con polifonía sinxela na que as voces van ao mesmo ritmo cantando o mesmo texto e normalmente con acompañamento instrumental. Con estrofa e estribillo. (Exemplo: Hoy comamos y bebamos de Juan del Encina).

Música instrumental

A música instrumental vai ocupando cada vez un espazo maior. Nesta época desenvólvense moitos instrumentos e aparecen tratados para aprender a tocáos. Principalmente a partir do século XVI comezan a aparecer composicións exclusivamente instrumentais.

A música de danza

  • A danza estaba moi difundida nesta época.
  • Algunhas melodías compóñanse para festas populares, pero a maioría concíbense para reunións sociais da aristocracia.
  • Ritmos moi marcados e regulares, divididos en partes diferenciadas e cunha polifonía sinxela.
  • Ritmos contrastantes (lentos e rápidos) e contraposicións de binarios e ternarios.
  • As danzas solían ser de parella ou de pequenos grupos e tiñan unha función social.

Transcripcións de música vocal

Adaptacións de pezas vocais para práctica instrumental. Así xurden formas instrumentais que son adaptacións de motetes ou madrigais (por exemplo, A canción do emperador, adaptación de Luys de Narváez dunha peza de Josquin des Prez).

Variacións

  • Formas que parten dunha melodía moi sinxela que se repite variando o ritmo, a harmonía, os instrumentos, etc.
  • Normalmente realizábanse sobre melodías coñecidas, pezas de danza, etc.

Pezas improvisadas

Reciben diferentes nomes (fantasía, preludio, …). Están escritas para instrumentos solistas e outorgan moita liberdade ao instrumentista, para que se puidese lucir e introducir improvisacións.

A textura: definición

Definición. A textura é o xeito no que se combinan a melodía, o ritmo e a harmonía nunha composición musical.

Tipos de texturas

Textura monódica ou monodía

Defínese como unha soa liña melódica. Pódese cantar cunha voz ou con varias, pero neste último caso todas facendo a mesma melodía. Un exemplo deste tipo de textura é o canto gregoriano.

Textura polifónica ou polifonía

Defínese como varias liñas melódicas que soan simultaneamente. Pódese dividir en varios tipos:

Textura homofónica

Diferentes liñas melódicas pero co mesmo ritmo.

Textura contrapuntística

Diferentes liñas melódicas con diferentes ritmos. Á vez, podemos subdividir esta textura en dúas modalidades:

Contrapunto imitativo

Unha das melodías expón unha frase e as outras vanse incorporando imitándoa, aínda que non exactamente, senón con distancias de 4ª ou de 5ª.

Contrapunto libre

As liñas melódicas desenvólvense sen necesidade de estar relacionadas entre si.

Textura de melodía acompañada

Unha melodía destaca sobre as outras, normalmente a voz superior, mentres o resto das voces acompaña a esa voz principal executando algún deseño rítmico.

Entradas relacionadas: