A Música Barroca en Italia e Europa: Historia e Estilos

Música3,9 KB

O Barroco en Italia

O barroco é un estilo predominante italiano. Durante a segunda metade do século XVI en Venecia, os compositores Andrea e Giovanni Gabrieli xeneralizaron o policoralismo —chamado barroco colosal—, que consiste en situar dous, tres ou catro coros en distintas partes das igrexas, co que lograban efectos de proporcións grandiosas a través do contraste entre masas. En Alemaña, Schütz emprega varios coros, solistas e unha orquestra nas súas obras vogais.

Teoría dos Efectos

Os compositores barrocos trataron de crear obras que conmovesen os sentimentos do ser humano. Así, buscaron recursos musicais como representar a tristeza mediante o modo menor e o tempo lento, e para a ledicia utilizaron o modo maior e o tempo rápido.

Características da Música Barroca

  • Establecemento da tonalidade: comeza a escribirse en dúas modalidades, maior e menor.
  • Monodia acompañada: é dicir, unha melodía solista apoiada por un baixo instrumental que se chama baixo continuo.
  • Decoración das melodías, tanto na música vocal como na instrumental.
  • Ritmo mecánico e constante.
  • A harmonía é máis rica e variada.
  • Contrastes de tempo, ritmo, intensidade e timbre instrumental.
  • Espacialidade, evidente no policoralismo.
  • A música instrumental diversifícase en tres ámbitos: música teatralis (operística), música cubicularis (de cámara) e música ecclesiastica.

Nacemento da Ópera

Das primeiras óperas só se conserva completa Orfeo, de Monteverdi, escrita en 1607. Os temas destas primeiras óperas procedían dos dramas pastorís e da traxedia grega. As partes que integran a ópera son o recitativo, o arioso e a aria.

Principais Compositores do Barroco

Jean-Baptiste Lully

A ópera concibida por Lully era unha forma de traxedia cantada en francés dende o principio ata o final cun acompañamento instrumental. Entre as súas óperas destacan Armida e Psique.

Henry Purcell

É o compositor inglés máis importante do segundo barroco; escribiu unha única ópera: Dido e Eneas.

Georg Friedrich Händel

Levou a cabo unha síntese dos estilos italiano, alemán, francés e inglés nas súas obras. Compuxo Rodrigo, Rinaldo, Radamisto, Xulio César, Ariodante e Alcina.

Formas Vocais Relixiosas e Profanas

  • Cantatas: teñen unha natureza lírica e son cultivadas especialmente polos compositores protestantes.
  • Oratorios: son narrativos e baséanse nas Sagradas Escrituras.

Formas Instrumentais do Barroco

  • Suite: peza executada por un instrumento, xeneralmente o clave, ou por unha orquestra.
  • Sonata: significa música para ser soada. Durante o barroco compuxéronse sonatas a solo —xeneralmente para violín ou clavicémbalo— e en trío —para tres instrumentos—. Clasifícanse en sonatas da chiesa e sonatas de cámara.
  • O Concerto: xorde como forma vocal instrumental no xénero relixioso. Posteriormente, separouse da igrexa e consolidouse como unha forma instrumental dividida en tres movementos (allegro-lento-allegro). Durante o barroco había tres tipos de concertos:
    • Grosso: consiste na alternancia entre fragmentos nos que intervén toda a orquestra (tutti) e nos que intervén só un pequeno grupo de instrumentos (concertino).
    • Solo: ten a mesma dinámica que o grosso, pero con un único instrumento solista.
    • De grupo.
  • A Sinfonía: consiste nunha peza instrumental, normalmente nun só movemento, que se sitúa xusto diante da ópera.

Descargar

PDF Word HTML