Música Barroca: Historia, Formas y Géneros Vocales
Música barroca
O Barroco foi un período histórico e cultural europeo e americano que comezou a finais do século XVI e rematou a principios do século XVIII. Durante este período desenvolveuse un movemento que supuxo unha nova forma de concibir a arte e que, partindo de diferentes contextos histórico-culturais, produciu obras en numerosos campos artísticos: literatura, arquitectura, escultura, pintura, música, ópera, danza, teatro, etc.
A música barroca ou música do Barroco é o estilo musical europeo relacionado con esta época cultural homónima.
O baixo continuo
O baixo continuo é unha técnica de composición e execución propia e esencial do período barroco, razón pola cal adoita denominarse época do baixo continuo.
Formas e xéneros instrumentais
- Melodía acompañada: utilización dunha liña de baixo sobre a que se interpretan acordes.
- Orquestra barroca: constituída basicamente por instrumentos de corda fretada e por instrumentos utilizados para realizar o baixo continuo, destacando o clave.
- Sonata: escrita para un ou varios instrumentos solistas.
- Suite: consta de varios movementos de carácter e ritmo distintos, pero coa mesma tonalidade e unha estrutura similar.
- Concerto: forma musical escrita para un ou varios instrumentos solistas e unha orquestra que os acompaña.
Música vocal profana e a ópera
A música vocal profana tivo moita relevancia no Barroco e serviu fundamentalmente á monarquía. Da unión do teatro, a literatura e a música naceu a ópera. Xurdiu en Italia a comezos do século XVII e trátase dunha obra dramática e musical na que os actores expresan mediante o canto, acompañados por unha orquestra.
A ópera consta de:
- Obertura ou preludio: parte instrumental que serve de introdución.
- Partes cantadas: poden ser arias ou recitativos.
- Interludios: partes instrumentais que serven para unir as diferentes partes da ópera.
Entre os compositores de ópera barroca destacan o italiano Claudio Monteverdi (1567-1643) e o inglés Henry Purcell.
Música vocal relixiosa no Barroco
Xa sabemos que Bach representa a culminación da música barroca. No xénero relixioso destacan os seus oratorios, pasións e cantatas, que son formas vocais.
O oratorio é un xénero musical dramático sen posta en escena, nin vestiario, nin decorados. Adoita estar compoñido para voces solistas, coro e orquestra sinfónica, ás veces cun narrador. O seu tema é frecuentemente relixioso, aínda que tamén pode ser profano.
A cantata é unha peza musical escrita para unha ou máis voces solistas con acompañamento musical, xeralmente en varios movementos e en ocasións cun coro.