Morfoloxía e Léxico Galego: Derivación, Composición, Sinonimia, Antonimia e Polisemia
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Francés
Escrito el en
español con un tamaño de 6,29 KB
1. Derivación
Derivación: (morfema) + lexema + (morfema). É o procedemento máis común para formar palabras sobre unha primitiva.
1.1. Derivación prefixal
Prefixos apreciativos (valor intensificador): arqui-, extra-, hiper-, pre-, re-, sobre-, super-...
Prefixos nocionais (modifican o contido do lexema):
- Negación: a-, anti-, contra-, des-/dis-, in-...
- Lugar: entre-/intra-, meta-, retro-, sobre-/super-, sub-, tras-/trans-, ultra-...
- Tempo: ante-, pos-, pre-...
- Cantidade ou tamaño: bis-/bi-, multi-, pluri-, semi-, uni-...
1.2. Derivación sufixal
O sufixo é un morfema ligado que serve para formar novas palabras.
Sufixos alterativos ou apreciativos
- Diminutivos: -iño, -acho, -echo, etc.
- Aumentativos: -ón, -án, -azo, -ata, -udo...
- Despectivos ou pexorativos: -exo, -astro, -orra, -uza, -ete...
- Intensificadores: -ísimo, -érrimo.
Sufixos nocionais
-eiro: home/muller que exerce as funcións de..., colectivo ou conxunto de, lugar onde hai, profesión, plantas ou árbores, recipiente, etc.
a) Sufixos formadores de substantivos
- Desubstantivais: -ado/a, -axe, -eiro, -ismo, -ista...
- Deadxectivais: -dade, -eza, -ismo, -ume...
- Deverbais: -ción, -deiro/a, -dela, -dor, -mento...
Polo significado: colectivo (-al), locativo (-al, -eiro), acción (-ación, -axe), ocupación (-eiro, -ismo), doutrina (-ismo), etc.
b) Sufixos formadores de adxectivos
- Desubstantivais: -al, -és, -oso...
- Deverbais: -ble, -nte, -ón/-ona...
Polo significado: caracterizador (-ble, -az, -ado), relativo ou pertencente a (-al, -ar, -exo), xentilicio (-és, -eiro, -an/-ano/-ao).
c) Sufixos formadores de verbos
A maioría dos verbos fórmanse sobre a primeira conxugación.
- Desubstantivais: -ar, -ear, -izar...
- Deadxectivais: -ar, -ear, -ecer, -ificar...
- Deverbais: -iñar, -iscar...
d) Sufixos formadores de adverbios
-mente.
2. Composición (lexema + lexema)
2.1. Composición imperfecta ou xustaposta
Os dous elementos conservan o seu valor e corpo fonético.
2.2. Composición perfecta ou aglutinada
Pérdese a noción de composición: quebranoces, lavalouza, salvavidas, gardalamas, bulebule, sapoconcho, beiramar, beirarrúa, lobishome, lobicán, augaforte, augardente, augamariña, camposanto, xordomudo, agridoce, clarividente.
2.3. A parasíntese
(morfema prefixo) + lexema + lexema + (morfema sufixo).
2.4. Os acrónimos
Palabras formadas con siglas ou iniciais.
2.5. Familia léxica (campo léxico)
Conxunto de palabras derivadas, compostas e parasintéticas formadas a partir da mesma palabra primitiva. O conxunto de palabras que teñen un ou máis semas comúns e algún oposto ou diferenciador forman un campo semántico.
Exemplo (asentos): cadeira, banco, banqueta, sofá, escano, tallo.
Semas: obxecto para sentarse as persoas, con respaldo, para unha persoa, con brazos, con patas.
3. Semántica léxica
Definicións, tema 7, páx. 157.
A denotación
Móstranos os semas que configuran a palabra sen ter en conta o contexto; é o significado obxectivo.
A connotación
Pola contra, ten en conta o contexto e fai referencia aos elementos subxectivos.
Relacións semánticas
A sinonimia
Un significado ten varios significantes. Os sinónimos perfectos son moi escasos: sempre hai matices de uso, afectivos, etc.
A antonimia
Oposición de significados:
- Complementarios ou privativos: exclúense un ao outro, non admiten graduación nin comparación.
- Antónimos graduais: non se exclúen totalmente; hai graos intermedios.
- Inversos ou recíprocos: son dous aspectos dunha mesma relación ou concepto; a presenza dun supón a existencia do outro.
A polisemia
Un significante ten varios significados.
A homonimia
Un significante con varios significados.
- Homófonos: pronúncianse igual pero escríbense de xeito diferente.
- Homógrafos: escríbense igual pero pronúncianse de xeito diferente.