Migracións interiores en España: tipos e consecuencias
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,92 KB
As migracións interiores tradicionais
Os movementos tradicionais caracterízanse por:
- A motivación da migración laboral.
- Os fluxos unidireccionais.
- O perfil característico dos emigrantes: persoas novas con baixa cualificación.
Os tipos destas migracións son:
- Estacionais ou temporais: para labores agrícolas ou traballo na cidade cando o campo non o ofrecía.
- Éxodo rural (1900-1975): carácter definitivo ou de longa duración motivado por conseguir traballo e maiores ingresos. Os emigrantes proviñan de zonas atrasadas e dirixíanse a áreas industriais.
Evolución do éxodo rural
- Primeiro terzo do século XX: volume moderado, motivado polo exceso de man de obra no campo debido á crise da filoxera nas zonas vinícolas. Destino a zonas industriais.
- Guerra Civil e posguerra: estancamento. As cidades sufriron graves problemas de abastecemento.
- 1950-1975: maior volume debido ao crecemento demográfico, o auxe industrial que xerou postos de traballo nas cidades e o boom do turismo. Ampliáronse as zonas de destino.
- Desde 1975: decaeu. Actualmente, o éxodo rural alcanza valores moi baixos. Os inmigrantes proceden das áreas agrarias máis illadas e deprimidas e diríxense principalmente aos centros de actividade da súa propia provincia ou comunidade.
Consecuencias das migracións interiores tradicionais
- Demográficas: desequilibrios na distribución da poboación e influencia na estrutura por sexo e idade.
- Económicas: nas áreas rurais, as migracións permitiron aumentar os recursos da poboación, pero co tempo xeraron despoboamento.
- Sociais: problemas de asimilación ao pasar os inmigrantes dunha comunidade rural a unha sociedade urbana e competitiva.
- Ambientais: deterioración de moitas zonas, sobre todo de montaña.
As migracións interiores actuais
Desde 1975 iniciouse outro ciclo:
- As motivacións das inmigracións son variadas.
- Os fluxos son pluridireccionais, con maior diversidade das áreas de destino e orixe.
- O perfil tamén é diverso.
Tipos de migracións interiores actuais
- Migracións laborais: motivadas pola procura de traballo por parte de xente adulta nova. As migracións cara a provincias doutras rexións lentificáronse e orixinaron diferentes saldos migratorios. As migracións intrarrexionais e intraprovinciais medraron, e o desenvolvemento das competencias autonómicas xerou emprego na propia rexión en relación coas necesidades da administración autonómica.
- Migracións intramunicipais: os grandes municipios urbanos e capitais provinciais posúen agora un saldo negativo pola difusión de poboación e de actividades cara a municipios urbanos medianos e pequenos. O aspecto máis novidoso é o crecente papel dos estranxeiros nas inmigracións interiores.
- Migracións residenciais: responden exclusivamente a motivacións residenciais, protagonizadas por mozos que buscan vivendas baratas e calidade ambiental.
- Migracións de retorno: supoñen a volta da poboación ás áreas emigratorias.
- Movementos habituais: desprazamentos temporais por motivos de traballo ou ocio.
Consecuencias das migracións interiores actuais
- Laborais: desequilibrios demográficos e económicos.
- Residenciais: sobreenvellecemento das áreas urbanas centrais emisoras e incremento da poboación das periferias.
- De retorno: sobreenvellecemento nas zonas receptoras.
- Pendulares: problemas de circulación.