O Método Cartesiano e a Dúbida Metódica
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 11,46 KB
O Problema do Método e o Proxecto Cartesiano
Unha das preocupacións fundamentais de Descartes, que marcará os inicios da filosofía moderna, é a cuestión do método, polo menos por tres razóns:
A Dispersión Metodolóxica do Renacemento
Utilizábanse diferentes métodos segundo as disciplinas, seguindo unha tradición aristotélica.
O Escepticismo
Bastante xeneralizado na época, representado por Charrón, Francisco Sánchez e Montaigne.
A Metafísica e a Ciencia
Aínda sendo a metafísica o tronco común das ciencias, non acadou o camiño seguro da ciencia, con resultados e teorías diferentes ou contraditorias. Descartes admiraba a claridade e evidencia das matemáticas.
Partindo do bo sentido e a razón presentes en todos os humanos e da unidade do saber, Descartes estaba convencido de que o problema era a falta dun método rigoroso e eficaz. Xa dende as "Regras para a dirección do espírito" e no "Discurso do método" plantexa a Mathesis universalis, un método xeral da razón.
Os Catro Preceptos do Método
Evidencia
Non tomar nada como verdadeiro ata que se vexa con total claridade e distinción. O criterio de verdade é a claridade e a distinción.
Análise
Agrupar os elementos simples ou partir deles para chegar aos complexos, como unha ascensión do elemental ao complexo.
Síntese
Conducir con orde os pensamentos, comezando polos obxectos máis simples e fáciles de coñecer, para ascender pouco a pouco, ata o coñecemento dos máis complexos.
Enumeración
Facer revisións xerais e completas para estar seguro de non omitir nada.
Este proceso baséase en dous mecanismos:
Intuición
A idea clara da mente ou a percepción inmediata de algo como verdadeiro.
Dedución
O encadeamento sucesivo de intuicións.
O método cartesiano baséase na primacía epistemolóxica do simple e o pensar por identidade e diferenza, o principio de non contradicción.
Influencias no Método Cartesiano
A crenza platónica e neoplatónica da existencia das "sementes da verdade" na mente.
A crenza platónica e lulista da unidade do saber e dunha arte combinatoria.
A influencia de Bacon e o coñecemento da natureza a partir das "cuestións perfectamente comprendidas".
A influencia das matemáticas e o seu método, dende Pitágoras e Platón ata os matemáticos renacentistas como Kepler e Galileo.
A Dúbida Metódica e a Primeira Verdade: o Cógito
Descartes pretendía partir dun principio sólido e evidente para construír unha filosofía con certeza. Para iso, utiliza a dúbida como mecanismo cognoscitivo, con tres características:
Universal: Aplicada a todo tipo de coñecementos.
Teórica: Recae fundamentalmente nas teorías.
Metódica: Utilizada como camiño para chegar á verdade.
Niveis de Dúbida
Os Sentidos
Os sentidos enganan ás veces, polo que a súa información non pode ser totalmente certa.
Os Soños
A impresión de realidade nos soños pode facer pensar que a vixilia tamén sexa un soño.
O Deus Enganador
A posibilidade de que Deus nos engane constantemente.
O Xenio Maligno
Un ser poderoso e malvado que se empeña en enganarnos.
O Cógito
A única certeza é o propio feito de dubidar, e para dubidar é necesario pensar, e para pensar é necesario existir. Penso, logo existo (Cogito, ergo sum) é a primeira verdade evidente. O cógito non é unha dedución, senón unha intuición. A existencia está vinculada ao pensamento: Eu son unha cousa que pensa (Res cogitans).
O criterio de verdade é a claridade e a distinción, complementado co criterio do Deus veraz.
A Existencia de Deus e o Deus Veraz
Con Descartes iníciase o plantexamento crítico do coñecemento, centrándose no suxeito e as ideas (idealismo epistemolóxico). O problema é a veracidade das ideas.
Tipos de Ideas
Adventicias
Parecen provir dunha realidade exterior (ex: corpo, árbore).
Fácticas
Resultado da actividade da mente combinando outras ideas (ex: serea, centauro).
Innatas
Pertencen á propia mente (ex: igualdade, infinito). A idea de infinito identifícase coa idea de Deus.
Argumentos para a Existencia de Deus
Causalidade da Idea de Infinito
A idea de infinito só pode ser causada por unha realidade infinita.
Causalidade da Res cogitans
A mente, consciente da súa imperfección, non puido producirse a si mesma, senón que foi causada por unha realidade perfecta.
A partir da Idea de Deus
Hai unha identidade entre Deus e a existencia: non se pode pensar en Deus como non existente.
O Deus Veraz
Deus, sendo bo e veraz, non permitirá que nos enganemos constantemente, sobre todo nas ideas claras e distintas. O erro provén da precipitación no xuízo e a oscuridade das ideas.
Descartes defende que non hai circulatio, senón ámbitos de aplicación distintos para a claridade e distinción (ideas e relacións) e o Deus veraz (coñecementos remotos e veracidade obxectiva das ideas).
As Substancias e a Relación Mente-Corpo
Descartes define a substancia como "aquilo que existe por si e non necesita de nada para existir". Amplía a noción a dúas realidades:
Res cogitans
A alma ou substancia pensante.
Res extensa
A realidade material e o corpo.
Esta diferenciación ou dualidade débese posiblemnt a 2 razóns fundamentais:
a)Unha + remota e profunda, que sería o intento de Descartes de apartar a alma do riguroso determinismo da amteria nun contexto mecanicista.
b)En segundo lugar, outra + inmediata, como criterio diferenciador, que é a percepción clara de ser realidades independientes: “eu percíbome dunha maneira claro e distinta como algo que pensa e non extenso e percibo dunha maneira distinta o corpo como algo extenso que non penso”. Así pois, a “Res cogitans” como alma considérase absoluta- distinta do corpo coas cualidades da “Res extensa” (extensión e movemento).
A “Res extensa” está constituída por toda a realidade material, os animais e o corpo humano, e ten como principales atributos as cualidades primarias de figura, extensión e movemento (e o calor nos seres vivos).
Esta realidad material segue clara- no contexto da época o esquema mecanicista, composto por elementos materiair que se relacionan por contacto según a causalidade eficiente, como relación necesaria de causas e efectos (determinismo), sen deixar sitio para as sausas finais (teleoloxismo); antecedentes do “Home máquina” de Le Mettrie no s. XVIII
O universo cartesianoé como un gigantesco torbellino ou torbellinos de elementos materiais que se moven por empuxe sen espacio vacío.
A causa primeira do movemento é Deus, que dende a Creación imprimiulle ó Universo unha cantidade de movemento que permanece cte.(Semellante ó 1º Motor de Aristóteles)
As causas segundas son as leis da naturaza: o ppio da inercia, o movemento rectilíneo e a conservación do movemento.
Este universo cinemática derivado de ppios metafísicos vai a ter a súa importacia incluso nalgunhas leis físicas concretas, pero non pode incluír no seu esquema a derivada do tempo da dinámica de Galileo, nin sequera a segunda lei de Kepler, conxunto que será integrado todo + adiante na nova mecánica de Newton, sobre todo coa lei de gravitación.
A “Res cogitans” como alma ou pensamento é o suxeito pensante, e o seu coñecemento é + fácil e directo que o do propio corpo e realidade material (que está garantizado polo Deus veraz)
Así pois “penso,logo existo” (cógito ergo sum) é o 1º ppio( con antecedentes en San Agustín “si me engano,existo”) ou 1ª verdade absoluta- evidente que considera a 1ªbase indudable da filosofía que buscaba.
Este “penso logo existo” non é o resultado dunha dedución ou xiloxismo que tivera como premisa mayor “todo o que pensa existe”, coo premisa menor “eu penso” e como conclusión, “eu existo”, senón que é resultado dunha intuición inmediata do pensamento e da existencia que poden identificarse nun só feito relacionando directa- o penasr co existir.
Así pois a intuición da existencia está vinculada exclusiva- co pensamento pois como se formula + adiante : “eu son unha cousa que pensa” (“ergo sum res cogitans”)
Nesta liña hai que resaltar a 1ª identificación da existencia e pensamento pois a mente ou a alma é obxecto dunha intuición inmediata e + fácil por tanto de coñecer que o propio corpo.E aínda que él non fose ela non deixaría de ser todo o q é.
Hai que ter en conta ad+ que o “cógito” non é un suxeito psíquico exclusiva- senón que inclúe o feito de imaginar, sentar, dudar e marca o inicio do “suxeito trascendental” Kantiano
Agora ben, habendo 2 substancias distintas no ser humano, o problema está na relación entre elas que non vai a ser unha unión puramente accidental como en Platón nin total- substancial de materia e forma como en Aristóteles o una Escolástica, senón como unha mezcla das dúas,que Descartes sitúa un tanto artificiosamente nunca glándula impar do cerebro, que é a glándula pineal, que é propiamente onde se pode localizar a alma ou a interación da alma co corpo: por uns axentes intermedios os espíritos vitais que son levados a travñes do sangue presionan sutilmente a gándula pineal levando as imaxes propocionadas polos órganos da sensación, e á súa vez, desde a glándula pinela levan ós músculos a información do movemento.
En todo caso, a razón profunda de Descartes que era separar a alma do determinismo da materia faille analizar o problema da liberdade da alma, que vai a consistir na liberación das pasións que fan á alma esclava e infeliz, e ad+, partindo da superioridade do entendemento respecto da vontade, consistirá na aceptación por parte da vontade do que propón o entendemento como bo.
O problema da relación entre a mente e o corpo vai a ser tratado tb polos outros racionalistas:
Para Espinosa alma e corpo non son substancias senón modos dunha única substancia que chama “ Deus ou Natureza”
Para Leibniz existen infinitas substancias entrre as que están a alma e o corpo que funcionan coordinadamente en virtude dunha Harmonía Prestablecida por Deus.
Coa análise da substancia culmínase a metafísica tradicional e aínda que posterior- abriránse novas perspectivas desta, vai a ser criticada (a substancia) tanto no seu coñecemento como na súa relaidade dunha maneira inmediata polos empiristas e + adiante Kant considera a substancia unha categoría do entendemento que só ten validez aplicada a fenómenos, é decir, a datos da experiencia.