Merlin e familia resumen

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,69 KB

A NOVA NARRATIVA GALEGA

Vai dende finais da década dos 50 ata a década dos 60. Recibiu este nome do que se denominou en Francia  “Noveau Romen”

·CARACTERÍSTICAS·

-Renovación temática: realizase un retrato pesimista e Negativo da realidade. Influído polo existencialismo.

-Ruptura da linearidade temporal: desaparece a sucesión Lóxica dos acontecementos

-Espazo urbano: deixase atrás o mundo rural e ambiéntanse En espazos urbanos. Hai un reflexo das transformacións sociais

-Novo tipo de personaxes:
Fronte aos heroes tradicionais, Agora aparecen personaxes anónimos e inadaptados, que deambulan por unha cidade Agresiva e hostil.

-Emprego das técnicas narrativas innovadoras: empréganse Técnicas como o monólogo interior, que reflicte o fluír espontáneo do pensamento Do personaxe.

·AUTORES·

-Gonzalo R. Mourullo: Nasce unha árbore.

-Camilo Gonsar: Cara a Times Square

·XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN·

Na súa xuventude publicou algunhas das obras máis Importantes da NNG como “O crepúsculo e as formigas”, libro de relatos nos que Predominan a violencia e os ambientes opresivos.

En 1970 a súa obra evoluciona cara a unha narrativa chea Da simboloxía  e referencias ao Nacionalismo galego e a represión política no franquismo. Destaca “Retorno e Tagen Ata”.

En 1980 combina o experimentalismo narrativo coa fantasía E a crítica política e social. Destaca “Arraianos”

·MARÍA XOSÉ QUEIZÁN·

Publicou “A orella no buraco”, novela moi influída polas Novas correntes narrativas. Empregou a técnica  De narración obxectiva. Nela, narra o pasado dun vagabundo a través de Monólogo interior.

Máis tarde centrouse nunha narrativa  cun punto de vista feminista. Destaca “Amor De tango”.

·CARLOS CASARES·

Comezou seguindo as características da NNG. O libro de Relatos, “Vento ferido” empregou técnicas innovadoras como o monólogo interior E a narración obxectiva.

Na segunda etapa escribiu libros de relatos de temática Histórica, a partir de 1980 escribiu novelas de temática realistas e xeitos de Narrar máis tradicionais como Ilustrísima.

·XOSÉ NEIRA VILAS·

Co seu regreso a Galicia en 1990 cultivou unha narrativa Realista na que predominan os xeitos tradicionais de narrar, aínda que Nalgunhas obras emprega técnicas próximas a NNG.

Neira Vilas foi un retrato do mundo rural a través de 2 Puntos de vista fundamentais. Un desde o dun neno, “Memorias dun neno labrego”, E outro desde o dun adulto, “Xente no rodicio”.

Outro grande universo narrativo e o mundo da emigración Galega a América. En libros como “Historias de emigrantes”

Ademais foi un dos iniciadores da literatura infantil en Galego con obras como “Espantallo amigo”

PROSA DE POSGUERRA

·CORRENTES TEMÁTICAS·

-Narrativa fantástica: nesta liña, reflíctese o mundo Idealista e ficticio

-Narrativa realista: céntrase na Galicia rural, nos seus Costumes, nas súas crenzas e nas súas paisaxes.

-Narrativa etnográfica: acude á tradición

·IMPORTANTE·

A primeira novela galega de posguerra foi “A xente da Barreira” de Carballo Calero.

·ÁLVARO CUNQUEIRO·

·Características da narrativa

-Mestura do real e o marabilloso: Conviven personaxes míticos como Sinbad ou Merlín con personaxes realistas. Os Feitos cotiáns conviven con feitos extraordinarios e son presentados e Aceptados con normalidade.

-Uso de recursos de tradición oral Popular: ten preferencia polos xeitos de contar propios da literatura oral. Na Prosa hai unha tendencia á digresión e á complicación da historia, con Introdución de voces e relatos secundarios. Emprega a técnica da literatura Oral, as historias encaixadas: narración na que nunha historia os personaxes Narra outra distinta.

-Presenza do humor e da ironía: Sirve para humanizar aos personaxes. Habitualmente van asociados ao emprego dun Ton lírico e nostálxico

·Obra narrativa

Narracións longas

-Merlín e familia:
Felipe de Amancia (o axudante de Merlín) actúa como narrador das aventuras do mago

-As crónicas do Sochantre: un Grupo de defuntos contan as súas incribles historias e xuntos vivirán novas Aventuras .

-Se o vello Sinbad volvese ás Illas: Sinbad recibe unha oferta para volver ao mar. Este conforma unha Tripulación para emprender a viaxe, pero ao chegar descobre que non hai ningún Navío para el.

Narracións curtas

Historias de homes sobre todo, e Tamén algunha muller ou animal, que teñen trazos fantásticos.

·ÁNXEL FOLE·

Na súa obra narrativa podemos destacar a influencia da Narración popular oral: emprega fórmulas de apertura; técnica das historias Encaixadas: encadea narracións unha dentro doutra; a lingua reproduce o Rexistro oral coloquial; os personaxes actúan como auditorio para o relato; Relata a realidade concreta da Galicia rural; reflicte os traballos, fauna, Vexetación, costumes... Os seus temas están sempre relacionados coas súas Crenzas e supersticións.

·OBRAS

-A lus do candil: conxunto de Contos de medo ambientados nas terras montañosas do Courel. Nos relatos abunda O misterio e o sobrenatural, pero sempre haberá unha explicación.

-Terra breve: uns personaxes se Reúnen na casa dun médico e falan sobre diferentes temas relacionados con Galicia. Ao rematar o sobriño do médico atopa un cartafol con historias de Intriga feitas a partir dos relatos dos diferentes invitados.

-Contos de néboa: neste caso as Historias desenvólvense en escenarios urbanos.

·EDUARDO BLANCO AMOR·

As súas obras están ambientadas en espazos urbanos, en Concreto a cidade de Ourense, Auria. Cultiva a narración realista e destaca Pola incorporación de técnicas narrativas innovadoras.

·OBRAS

-A esmorga: nela conta as Aventuras de 3 mozos durante unha noite de festa. O relato consta de Declaración xudicial dun deles, que vai revelando a súa propia versión, as Preguntas do xuíz non se transcriben.

-Os biosbardos: conxunto de Relatos protagonizados por mozos adolescentes. Reflíctese a mentalidade de Infancia, o ambiente social, súas ilusións, medos e esperanzas.

-

Xente ao lonxe

Mostra a vida de 2 obreiros da cidade de Ourense a comezos do S. XX. Narra os esforzos dos Obreiros para loitar polos seus dereitos. O outro eixe e a evolución dos seus Fillos. 

Entradas relacionadas: