Mendinho e a formación histórica da lingua galega: claves fundamentais
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,21 KB
A cantiga de Mendinho: características e estrutura
A composición de Mendinho é unha cantiga de amigo, xa que a voz poética é a dunha doncela que se doe pola ausencia do seu amado. Trátase dunha cantiga monologada na que fala unha doncela e explica as circunstancias en que se atopa e os seus sentimentos. Os personaxes referidos son a doncela e o seu amigo.
Pertence ao subxénero das mariñas ou barcarolas pola súa ambientación. O tema que trata é a separación dos namorados, onde o mar convértese nun símbolo desta separación. A doncela expresa a desesperación que lle produce a ausencia ou tardanza do seu amigo.
Análise formal e métrica
A cantiga de Mendinho consta dun refrán, que se repite ao final de cada “cobra”, e seis estrofas alternas de dous versos dodecasílabos cada unha. O seu esquema é aab.
A cantiga presenta leixaprén (o 2º verso da estrofa I pasa a 1º verso da III; o 2º da II estrofa pasa a 1º da IV, e así sucesivamente) e tamén paralelismo perfecto. Dentro deste último, achamos:
- Repeticións por sinónimos: non hei i barqueiro nen remador.
- Alteración da orde dos elementos: mar maior / alto mar.
Esta cantiga fala da ausencia do amigo (amado). Está escrita en primeira persoa por unha moza que se lamenta. A rapaza utiliza un elemento da natureza, neste caso as Ondas do mar de Vigo, para transmitir os seus lamentos e a procura do seu amante. O texto está organizado en catro estrofas, formadas por tres liñas. Nesta canción podemos distinguir paralelismos perfectos, que son aqueles versos que se repiten ao longo do poema pero cambiando a última palabra. Por exemplo: Viches á miña amada? Viches o meu amigo?
En xeral é poesía de oito sílabas, non obstante, é irregular, polo que podemos atopar versos de sete ou seis sílabas. A rima é consoante e as estrofas teñen unha estrutura A-A-B, normalmente.
O superestrato na lingua galega
Coa fin do Imperio Romano (século V), provocada pola crise interna e polas grandes invasións xermánicas, fóronse poñendo as bases da sociedade medieval. A Gallaecia, fondamente cristianizada a través dunha corrente relixiosa autóctona denominada Priscilianismo, constituíuse cunha forte identidade de seu.
No século IV e principios do V produciuse o que en palabras do investigador López Pereira se pode considerar o "primeiro espertar cultural" de Galiza. Desa eclosión forman parte figuras como:
- Prisciliano: bispo que encabezou unha corrente rexeneradora da igrexa.
- Exeria: monxa autora da obra Peregrinatio.
- Paulo Orosio e Idacio: historiadores destacados.
Neste contexto, a principios do século V unha pequena xerarquía militar sueva instaurou o primeiro reino da Europa medieval. Amais dos suevos, chegaron á Gallaecia outros pobos xermánicos coma os vándalos e os visigodos.
As linguas dos pobos xermánicos que se estableceron na Gallaecia a partir do século V forman parte do superestrato do galego. A influencia exercida sobre a lingua latina é superficial, fundamentalmente de tipo léxico e onomástico. Unha referencia especial merécea a toponimia e a antroponimia.
A influencia árabe e a formación dos romances
No ano 711 entran os árabes na Península e axiña dominan o territorio do reino visigodo. A súa presenza no noso país foi escasa. Galiza, xunto coa franxa montañosa do norte, queda axiña libre do dominio musulmán. De aí que os propios árabes denominasen Galiza (Jalikiya) a toda a área setentrional que non estaba baixo o seu poder.
A presenza árabe debuxou un mapa político e cultural na Península que conduciu á constitución dos diferentes romances hispánicos. As falas do norte van dar lugar a cinco linguas romances: galego-portugués, astur-leonés, castelán, aragonés e catalán. O vocabulario de orixe árabe é amplo e afecta a moi diversos campos léxicos.
O substrato: linguas pre-latinas
As linguas que forman o substrato do galego son as linguas pre-latinas. Podemos distinguir dous grandes tipos de achegas de substrato que se suceden no tempo: o substrato preindoeuropeo e o substrato indoeuropeo.
O legado celta
Segundo os historiadores romanos, polo ano 800 a.n.c., os pobos preindoeuropeos foron desprazados pola invasión dos saefes (pobos indoeuropeos), entre os que destacaban os celtas. Existen moitos debates sobre o peso do pasado celta na configuración do pobo galego. No entanto, a lingüística achega datos concluíntes: o territorio do norte e o occidente da Península amosa unha nidia pegada celta na súa toponimia e mesmo en abundante vocabulario común.
Sabemos que existen celtismos que foron incorporados a través da romanización: son palabras como camiño, camisa, cántiga ou cervexa. A influencia celta produciuse non só no vocabulario común senón tamén na toponimia e na evolución fonética que sufriu o latín, influíndo nos hábitos articulatorios dos habitantes da Gallaecia.