Mecanismos de Cohesión Textual e o Uso do Infinitivo Conxugado en Galego
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,02 KB
Diferenzas entre "se non" e "senón"
A forma “se non” está composta pola conxunción condicional se e o adverbio de negación non, polo que introduce unha oración condicional e equivale a “si no” en castelán. Emprégase para expresar unha condición que debe cumprirse, como por exemplo: Se non chove, iremos á praia.
Pola súa parte, “senón” é unha conxunción adversativa que se utiliza para introducir unha rectificación ou oposición entre dous elementos, equivalente a “sino” en castelán. Aparece habitualmente en estruturas negativas do tipo non… senón…, como en Non me gusta a praia, senón a montaña. Ademais, tamén pode ter valor comparativo en oracións negativas co significado de “máis que”, como en Non fai nada senón durmir.
Mecanismos de Cohesión Textual
Repetición ou recorrencia
Consiste en repetir a mesma palabra ou expresión en varias oracións ou en manter unha mesma estrutura sintáctica para dar unidade ao texto. Pode ser:
- Léxica: Un home entrou pola porta. O home vestía traxe gris.
- Morfosintáctica (paralelismo): Chegamos, comemos e marchamos porque non queriamos saír tarde.
- Fónica (poética): repetición dun fonema ou rima: ¡Como canta ó caír nas brancas cuncas!
Substitución
Consiste en cambiar unha palabra por outra equivalente para evitar repeticións excesivas ou enriquecer o texto. Pode ser:
- Sinónimo: A semana pasada presentáronme unha moza. A rapaza vive en Vilagarcía.
- Hiperónimo: Regaláronme unhas margaridas. Puxen as flores nun xarrón.
- Metáfora: Messi é extraordinario. O astro arxentino nunca falla.
- Metonimia: Doou un Picasso ao museo. O cadro valía unha millonada.
- Paráfrase: Chegaron ao Everest mais non foron quen de escalar o pico máis alto do mundo.
Procedementos gramaticais
- Anáfora: fai referencia a un elemento xa mencionado antes, normalmente mediante pronomes ou adverbios. Antón e Paula son parella. El é de Bertamiráns e ela da Fonsagrada. Estiven na casa de meus primos. Alí non teñen cobertura.
- Catáfora: fai referencia a un elemento que aparecerá despois na oración. Iso foi o que me contou, que non te avisara para darche unha sorpresa.
- Elipse: supresión dun elemento lingüístico que se sobreentende porque xa apareceu. El vai moito ao cine pero ela non [vai]. Cando estudas sacas boas notas, cando non [estudas], suspendes.
Conectores textuais
Os conectores textuais son palabras ou expresións que conectan oracións ou ideas, establecendo relacións lóxicas como causa, consecuencia, tempo, oposición ou comparación. Exemplos: e, porque, mais, aínda que, en cambio, por iso…
Como localizar os mecanismos nun texto
Para identificar catro mecanismos de cohesión nun texto, cómpre seguir estes pasos:
- Repetición léxica: busca palabras ou expresións repetidas; conectan ideas entre oracións.
- Substitución (sinónimo, metáfora, hiperónimo, etc.): identifica palabras que substitúen outras xa mencionadas; evitan repeticións innecesarias.
- Anáfora: detecta pronomes ou adverbios que remiten a algo anterior; mantén a referencia e a coherencia.
- Elipse: localiza verbos ou elementos omitidos porque se sobreentenden; fai o texto máis fluído e evita redundancias.
Análise da Tipoloxía Textual
Trátase dun texto expositivo-argumentativo, xa que expón un tema e dá a súa opinión sobre el. Como vemos, usa descricións, linguaxe valorativa, terceira persoa e conectores explicativos.
O xénero do discurso do texto é o xornalístico, debido a que expón un tema de maneira que a xente se interese por el e así dar a coñecer o que son as... como se fose un artigo de prensa.
O texto trata sobre... O texto consta dunha introdución onde se presenta o tema falando de... No medio temos o corpo onde o autor expón... e por último está a conclusión que resume todo o feito anteriormente.
O Infinitivo Conxugado
Constrúese a partir do infinitivo engadindo as seguintes terminacións:
- andar → andares, andar, andarmos, andardes, andaren
Exemplo: Ao chegaren as chuvias, sacaban os paraugas.
Casos en que se pode empregar
- Cando o infinitivo ten suxeito diferente do verbo principal: Entrou na casa sen o saberen os donos. Ao chegaren as chuvias, sacaban os paraugas.
- Despois de certas preposicións ou locucións: Marcharon sen dicirdes nada. Chamou para falarmos do tema.
- Para evitar ambigüidade: axuda a deixar claro quen realiza a acción. É mellor vires mañá. (ti) / É mellor vir mañá. (sen indicar quen)
- Cando o suxeito é o mesmo pero hai unha distancia considerable entre os verbos: Saíron cedo, querendo aproveitar o día.
Casos en que non se debe empregar
- Cando non hai suxeito que realice a acción.
- Cando o suxeito é o mesmo e está próximo ao verbo principal.
- Despois de conxuncións como que, porque, se, cando…
- Nas perífrases obrigatorias: tedes que traballar.
- Cando a preposición é esixida polo verbo: non vos esquezades de cerrar ben a billa.