Manuel Curros Enríquez: Vida, Obra e Compromiso Social

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,59 KB

Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851 - Cuba, 1908)

O bispo de Ourense iniciou un proceso contra el porque consideraba que, nos poemas do seu libro Aires da miña terra, atacaba e ridiculizaba a relixión católica. O proceso rematou cunha sentenza de dous anos e pico de cárcere, da que finalmente foi absolto. Os disgustos profesionais e familiares fixeron que emigrase a Cuba, onde colaborou na constitución da Real Academia Galega.

Aspectos da súa poesía

Curros, ao igual que Pondal, cría firmemente na función social da poesía. Porén, a diferenza deste, Curros pensaba que o deber do poeta era estar co pobo, cumprindo a súa función de abrir os ollos ás xentes.

  • Progreso e cultura: Ese futuro chegaría da man do progreso e a cultura. Identificaba a ignorancia e o atraso co fanatismo e a opresión, de xeito que confiaba en que a chegada do progreso material traería a cultura e, con ela, a liberdade.
  • Anticlericalismo: O aspecto máis escandaloso para os seus contemporáneos foi o seu marcado anticlericalismo.

Tipoloxías poéticas

  • Poesía costumista: Segue o modelo de Rosalía de Castro e da poesía popular, pero as firmes ideas de Curros impedíanlle ser exclusivamente folclórico.
  • Poesía narrativa: Destaca A virxe de cristal, historia dun triángulo amoroso onde, grazas á intercesión da Virxe, a rapaza remata no convento e os dous rapaces rematan negativamente.
  • Poesía lírico-intimista: Concibía a forma subxectiva como algo egoísta, contraria á súa visión social da poesía. Non obstante, hai momentos nos que non pode evitar expresar as súas reaccións e sentimentos persoais, como na morte do seu fillo.

Obras destacadas

Entre as súas obras destacan Tempo deserto, Sola e A Rosalía.

O Divino Sainete

É unha parodia da Divina Comedia de Dante. Curros, que é quen fala na obra, atópase con Añón e deciden emprender unha peregrinaxe a Roma, onde o papa León XIII celebra o seu xubileo. Igual que na obra de Dante, aquí é Añón quen conduce a Curros polos vagóns do tren dos sete pecados capitais, onde aparecerán personaxes reais, especialmente figuras eclesiásticas. Chegados a Roma, o papa León XIII invita a xantar a Curros e este recoméndalle a volta á vida sinxela e o desprendemento das riquezas.

Nas súas obras non pretendeu crear unha lingua poética afastada da usual; o seu galego é o de Celanova.

Entradas relacionadas: