Manuel Curros Enríquez e Outros Autores Clave do Rexurdimento Galego
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,09 KB
Manuel Curros Enríquez
Aires da miña terra
Temas principais:
- Poesía intimista e de circunstancias persoais: Poemas autobiográficos sobre o nacemento dun fillo, a morte dun fillo, a morte da nai, a soidade e a anguria, o sentido da existencia… Por exemplo: “A Rosalía”, “Ben chegado”, “Tempro deserto”.
- Poesía cívica ou social: Expón as súas ideas galeguistas, democráticas e progresistas. Denuncia a inxustiza e a opresión dos poderes sociais e económicos sobre a poboación galega, a falta de liberdade, a tiranía dos caciques, a falta de progreso, o fanatismo relixioso e os privilexios da Igrexa, as penosas condicións dos labregos galegos, a emigración... Por exemplo: “A igrexa fría”, “O Maio”.
- Poesía costumista: Tres longos poemas que versifican unha lenda (“A Virxe do Cristal”), unha tradición (“Unha voda en Einibó”) e un tipo popular (“O gueiteiro de Penalta”).
O divino sainete
- Longo poema narrativo de intención burlesca.
- Parodia da Divina comedia de Dante. Curros é guiado polo poeta F. Añón na súa peregrinación a Roma.
- Sete vagóns do tren = sete pecados capitais representados por personaxes coñecidos.
- Obxectivo: Facer crítica da Igrexa, defensa do Rexurdimento e das súas figuras, e satirizar inimigos persoais e literarios.
- A obra móstranos un mundo alegórico cheo de inmoralidade que, por contraste, debe motivar o lector para loitar por unha sociedade máis xusta e solidaria.
Outros Autores do Rexurdimento
Poesía
A poesía divídese en dúas correntes:
- Unha máis orientada cara á poesía de contido social (segundo a liña de Rosalía e Curros). Autores:
- Valentín Lamas Carvajal
- Manuel Leiras Pulpeiro
- Francisca Herrera Garrido (destacou tamén como prosista coa súa novela Néveda)
- Outra máis interesada pola depuración estilística, seguindo o camiño iniciado por Pondal. Autores:
- Evaristo Martelo Paumán
Prosa
Foi unha modalidade pouco cultivada. Autores destacados:
- Marcial Valladares: Autor da 1ª novela en galego, Maxina ou a filla espúrea (con diálogos diglósicos).
- Antonio López Ferreiro: Escribiu novelas históricas como A tecedeira de Bonaval.
- Valentín Lamas Carvajal: Artífice da 1ª publicación periódica integramente en galego (“O Tío Marcos da Portela”) e autor da obra máis vendida da literatura galega do século XIX (O catecismo do labrego, unha crítica anticaciquil na que denuncia a dura vida dos labregos galegos).
Teatro
Ata finais do século non aparecen obras de teatro (de carácter histórico ou costumista).
- Autores: Xoán Cuveiro Piñol