A lus do candil anxel fole resumen

Enviado por Chuletator online y clasificado en Español

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,25 KB

ÁLVARO CUNQUEIRO

Biografía

Naceu en Mondoñedo no 1911. Cursa o bacharelato en Lugo e logo marcha para Santiago a cursar Filosofía e Letras. Nestes anos universitarios inicia o seu labor literaria escribindo libros de poesía. Tras a guerra comezou a súa profesión de xornalista e continúa a súa actividade literaria, agora como narrador e dramaturgo, pero sen abandonar a poesía. Desde 1960 convértese nun escritor de éxito e recibe varios premios literarios e homenaxes. En 1964 e nomeado membro da Real Academia Galega e en 1981 é nomeado Doctor Honoris Causa pola universidade de Santiago. Morreo no 1991 en Vigo.

Obra

  • Narrativa: podemos clasificalas en novelas ou libro de relatos:

  • Novelas:

“Merlín e familia”: retoma a figura mítica do mago Merlín adaptándoa a un tempo presente e a un escenario galego: o Pazo Miranda, en terras luguesas. A narración está posta en boca de Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín, que agora, na súa vellez, recorda sucesos acontecidos. O libro reúne unha sucesión de historias independentes que seguen unha mesma estrutura:

  • Chegada dun visitante ó pazo de Merlín , que procura dos seus saberes.

  • Exposición do caso ante o mago.

  • Resolución do problema mediante a fantasía e marcha do visitante.

“As crónicas do sochantre”: sitúanse na Bretaña francesa e contan as historias dun músico que se dirixe a tocar nun enterro e é recollido por unha carroza na que viaxan varios defuntos. Durante anos recorrerá con eles o país e irá escoitando as historias das súas vidas pasadas.

“Se o vello Sinbad volvese ás illas”, que se inspira nunha historia das “Mil e unha Noites”. Recupera a personaxe de Sinbad, que agora é un vello mariñeiro retirado, que recorda, nostalxicamente, as súas aventuras.

  • Libros de relatos: os tres libros de relatos breves (“Xente de aquí e de acolá”, “Escola de menciñeiros” e “Os outros feirantes”) que forman unha especie de trioloxía xa que teñen a mesma temática e estrutura. Son retratos de personaxes,

que mediante o humor e a fantasía, representan a psicoloxía do home galego e as circunstancias do seu vivir.

  • Poesía: Cunqueiro inicia a súa labor poética na preguerra e continúa na posguerra como publicación de “Dona de corpo delgado” e “Herba aquí e acolá”.

  • Teatro: escribíu “Incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca” e “A noite vai coma un río”.

  • Ensaio: “Tesouros novos e vellos” é o seu descurso de ingreso na Real Academia Galega, no que se achega ó mito dos tesouros de Galicia.

ÁNXEL FOLE

Biografía:

Ánxel Fole naceu en Lugo no 1903, onde realiza o bacharelato e posteriormente realiza estudos de Dereito en Valladolid e Santiago. Durante a súa mocidade forma parte do partido galeguista e inicia a súa actividade literaria  escribindo artículos de prensa e creando a revista “Yunque”. A súa militancia política fai que ó comezo da Guerra Civil fuxa de Lugo e se instale en Quiroga, con algunha tempada no Incio e algunha viaxe ó Courel. En 1957 regresa a Lugo onde traballa como xornalista e comeza a publicar as súas obras. No 1963 ingresa na Real Academia Galega. Morreu no 1986 e en 1997 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Obra:

  • Narrativa: Fole foi un mestre do relato curto. Os seus dous primeiros libros “A lus do candil” e “Terra Brava” están ambientados na Galicia rural da alta montaña galega (Courel, Incio, val do Sil). Neles reflicte os modos de vida daquel tempo: paisaxe, economía, alimentación, crenzas populares, labores agrícolas…Deste modo, o autor danos a coñecer a cultura espiritual e material destes espazos xeográficos, posto que o obxectivo do autor e retratar a Galicia máxica e misteriosa. Os temas destes libros están relacionados co misterio, o medo, experiencias paranormais, adornados co humor galego.

Os dous últimos libros, “Contos da néboa” e “Relatos que ninguén cre” comparten unha ambientación urbana (Lugo)  e continúan cos temas do medo e misterio dos libros anteriores. A técnica narrativa de Fole está baseada no conto popular de tradición oral, polo que os seus contos dan unha sensación de oralidade. Tamén utiliza a técnica do conto enmarcado, xa que sempre se reúnen os personaxes para contar historias. Fole recolle nas súas obras a lingua falada nas zonas luguesas nas que se sitúan.

  • Teatro: publicou unha peza teatral “Pauto do demo”, publicada en 1958 e cuxa acción de desenvolve nunha aldea da ribeira do Sil e tempo de vendima.




Entradas relacionadas: