A lus do candil anxel fole resumen

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,96 KB


EDUARDO BLANCO AMOR literaria e xornalística. Pasou longas tempadas en Sudamérica, primeiro como emigrante, logo como exiliado. É autor de poesía na preguerra e de narrativa e teatro na posguerra.

Dentro da súa obra narrativa destacamos dúas novelas, A esmorga e Xente ao lonxe, e un libro de relatos, Os biosbardos
.

A esmorga, libro que iniciou o camiño da renovación da narrativa galega, é unha novela de Realismo social. Está ambientado no espacio urbano de Ourense, denominada Auria, Uso case constante do perspectivismo, con narrador en primeira persoa protagonista. Sérvese da lingua popular.

Xente ao lonxe é, asemade, unha radiografía da Ourense de entreséculos a través da historia dunha familia. Apóstase polo pluriperspectivismo, con varios personaxes que exercen como narradores.

Os biosbardos é un conxunto de sete relatos con carácter realista e autobiográfico contados en primeira persoa por un narrador infantil.

ÁLVARO CUNQUEIRO exerceu como escritor e xornalista. Como escritor, cultivou todos os xéneros, narrativa, poesía, teatro e ensaio, con notábel éxito, tanto en galego coma en castelán.

A súa obra narrativa pódese dividir en dous grupos: as novelas e as galerías de retratos ou semblanzas.

Dentro das novelas destacan Merlín e familia, As crónicas do sochantre e Se o o vello Simbad volvese ás illas. Nelas maniféstase o chamado “mundo mítico de Cunqueiro”: mestura e síntese de Realismo e fantasía, do cotián e o lendario;

Os libros de semblanzas constitúen unha triloxía: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes. Trátase de relatos breves se mestura con elegante naturalidade o real co fantástico, Realismo máxico. Lingua popular, con notábeis doses de humor.

ÁNXEL FOLE (Lugo, 1903-1986), estudou Filosofía e Letras e Dereito. Coma as figuras anteriores, cultivou a literatura e o xornalismo. Como escritor, centrouse no relato curto, xénero no que foi un verdadeiro mestre.

Obras: Á lus do candil, Terra brava, Contos da néboa e Historias que ninguén cre. Características principais: a Galicia rural é a protagonista; técnicas da narración oral; constante mestura de humor e medo, e tamén de elementos reais e fantásticos; recrea a fala luguesa.

XOSÉ NEIRA VILAS (A Estrada, 1928) pasou toda a vida vencellado á emigración e ao mundo rural.

Escribiu libros de protagonista infantil, de carácter social realista: Memorias dun neno labrego, nos que reflicte as lembranzas da súa infancia nun ton de nostalxia e de denuncia; tamén publicou obras de protagonista adulto dentro do mundo rural cun aire triste e pesimista:
Xente no rodicio
, xénero chamado “épica rural” ou “ruralismo”.

Entradas relacionadas: