Luis pimentel triscos descargar

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,65 KB

LUÍS PIMENTEL (Lugo, 1895-1985)

1922: estancia na Residencia de estudantes (contactou coa xeración do 27: Jorge Guillén, Dámaso Alonso, etc)

Lugo: xornalista e poeta. Funda a revista Yunque e publica poemas soltos na revista Ronsel.

1950:

Triscos

1959 (póstuma):

Sombra de aire na herba

1960( castelán):

Banco sin luces

Aínda que a maior parte da obra poética de Pimentel foi publicada na posguerra, o poeta xa publicara moitos poemas soltos en revistas e xornais dos anos 20 e 30.

O único poemario publicado en vía foi Triscos, que recolle oito poemas orixinais en galego.

En 1959, Celestino Fernández de la Vega, amigo do poeta, encárgase de editar e prologar Sombra de aire na herba, obra que recolle toda a poesía do autor en galego.

En 1936 xa estaba en probas de imprenta e a piques de ser publicada a que ía a ser a primeira obra de Pimentel en galego, Barco sin luces
. A insurrección militar do 18 de xullo, que supuxo o estoupido da Guerra Civil, propiciou o espolio da editorial Nós, encargada de publicar a obra de Pimentel. En 1966 publicaríase unha edición en castelán daquel orixinal que non vería a luz en galego.

Temas

Hai un predominio dos sentimentos: a angustia, a melancolía ou o medo. Tamén atopamos unha temática cotiá intensamente sentida: a pequena cidade de Lugo, os humildes, o mundo dos nenos, os hospitais ou o concerto dominical nun quiosco.

Forma

A súa poesía presenta claros trazos vangardistas: a ausencia de rima, a quebra do discurso lóxico, imaxes oníricas próximas ao Surrealismo ou o humor.

A lingua poética destaca pola súa sinxeleza (baseada na fala popular) e entre os recursos poéticos destacan os símbolos (os espellos, a luz, a sombra), o verso libre e a composición breve.


Entradas relacionadas: