Literatura Infantil e Xuvenil Galega: Séculos XIX e XX
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,6 KB
Século XIX: Consolidación da Narrativa Infantil
No século XIX, a narrativa de literatura infantil e xuvenil (LIX) consolidouse nos países máis desenvolvidos. Chegaron obras que serían referentes para todas as literaturas posteriores:
- Literatura didascálico-moralizante: Pedro Guedellas de Heinrich Hoffman-Donner.
- Literatura fantástica e fantástico-realista: Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll, As aventuras de Pinocho de Carlo Collodi.
Tamén se fixo unha recollida de material folclórico, con autores como os Irmáns Grimm ou Hans Christian Andersen. En Galicia, fixéronse recompilacións de transmisión oral e apareceron os primeiros contos dirixidos aos nenos en publicacións periódicas como Polos niños en Galicia Recreativa. Amador Montenegro Saavedra escribiu as Fábulas galaico-castelás en 1897.
Século XX: Diversificación e Innovación
Primeira Metade do Século XX
Narrativa
Recupéranse e recréanse os contos de transmisión oral e da tradición literaria nas publicacións periódicas e nas primeiras monografías, como Folk-Lore: Boletín da Real Academia Galega e monografías de pobos e cidades realizadas no Seminario de Estudos Galegos (SDEG). Destacan autores como:
- Evaristo Correa Calderón: autor de contos nas revistas do momento e da obra Margarida, a do sorriso da aurora (1927).
- Camilo Díaz Baliño: Conto da guerra (1928).
Poesía
Recuperación e recreación das formas poéticas de transmisión oral e da tradición escrita nas publicacións periódicas e monográficas. Emilio Pita publica Cantigas de nenos, conxunto de poemas de base folclórica. Luís F. Pimentel é un poemario anunciado para nenos. Tamén hai poemas en poemarios de autores canonizados da literatura galega como Rosalía, Curros ou Cabanillas.
Teatro
Pezas en publicacións periódicas como Pobre do pobre de R. Alvariño, que segue a liña de mundos máxicos. Primeiras pezas en volume:
- Agromar, farsa para rapaces (1936) de Xesús Alonso Montero (asinando como J. Acuña): conta o enfrontamento entre dúas pandillas, os pitos da aldea e os pitos da cidade.
- Teatro dos nenos (1936) de Álvaro de las Casas: conxunto de monografías que contan episodios do mundo mariñeiro.
Segunda Metade do Século XX
Narrativa
Recuperación e recreación dos contos de transmisión oral e da tradición escrita: Contos populares da provincia de Lugo (1963), O lobo e o raposo (1967) e inicio da primeira colección de Galaxia. Realismo social e crítica social:
- Memorias dun neno labrego (1961) de Xosé Neira Vilas.
- Polo mar van as sardiñas (1967) de Xohana Torres.
- Mar adiante (1973) de María Victoria Moreno.
Realismo, fantasía e crítica social:
- As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1968) de Carlos Casares.
- O león e o paxaro rebelde (1969) de Bernardino Graña.
Poesía
- Dora e Pura Vázquez: Oriolos neneiros (1975).
- Xosé Rubinos Ramos: Fábulas galegas para nenos e grandes (1960).
- Manuel María: Os soños na gaiola (1968).
Teatro
- Mundos máxicos: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973) de Carlos Casares.
- Crítica social: A viaxe ao país de ningures (1977) de Manuel Lourenzo.
- Recreación dos contos de transmisión oral: Tres cadros de teatro galego (1977) de Dora Vázquez.
- Práctica escolar: Sinfarainín contra don Perfecto (1975) de Bernardino Graña.
- Recuperación de símbolos: Barriga Verde (1968) de Manuel María.
Cómic
Xorde a partir da segunda metade do século XX. Antecedentes: A cova das choias, Valiumdiez, A ameixa cacofónica. Primeiras obras:
- Dúas viaxes (1975) de Reimundo Patiño e Xaquín Marín.
- Gaspariño (1978) de Xaquín Marín.
Século XX: Consolidación e Expansión
Narrativa
- Recuperación e recreación dos contos de transmisión oral: colección de Xan Guindán por Bernardino Graña.
- Contos e álbums infantís realistas e fantástico-realistas: Helena Villar, O día que choveu de noite; Xabier P. DoCampo, Cando petan á porta pola noite.
- Novelas e relatos da vida cotiá: Paco Martín, Das cousas de Ramón Lamote; Agustín Fernández Paz, As flores radioactivas; Marilar Aleixandre, A formiga coxa; García Teijeiro, O rescate do peneiro; Xoán Babarro, A teima de Xan.
- Novelas e relatos de aventuras: Darío Xohán Cabana, As aventuras de Breogán Folgueira; Marilar Aleixandre, A expedición do Pacífico; Ramón Caride, Perigo vexetal; Pepe Carballude, Investigación 091.
- Novelas de bandas: Ursula Heinze, O buzón dos nenos.
- Novelas e relatos de iniciación: María Xosé Queizán, O segredo da Pedra Figueira.
Poesía
- Actualización das formas poéticas e das de transmisión oral.
- Poesía e xogo, e música: Palmira Boullosa, Adiviñas, Mentiras.
- Poesía e maxia: Antonio García Teijeiro, As catro estacións.
- Poesía e conto: poemarios narrativos.
- Realismo, fantasía e crítica social: María Victoria Moreno, Un cachiño de bica?
Teatro
Aínda que non hai unha consolidación total, si hai un aumento da cantidade, calidade e atención. Aumento de grupos de teatro profesionais, afeccionados e escolares. Tendencias:
- Mundos máxicos: Xosé Vázquez Pintor, A fraga encantada.
- Crítica social: Cándido Pazó, O merlo branco.
- Recreación da transmisión oral: Emilio González, A festa no xardín.
- Recuperación de símbolos: Euloxio R. Ruibal, Brinquemos ao teatro.
Cómic
Comeza a tomar grandes pasos. Convocatoria do premio de cómic para nenos polo Facho en 1980. Revistas: La Carallada, Eclipse, Golfiño. Concurso de banda deseñada en Ourense. Primeiras xornadas Viñetas dende o Atlántico por Miguelanxo Prado en 1997. Publicacións de cómics de autor e series para o público infantil.