La Literatura Gallega en el Exilio: Poesía de Resistencia y Compromiso Social

Enviado por Chuletator online y clasificado en Español

Escrito el en español con un tamaño de 2,6 KB

A literatura galega no exilio

A poesía

Obra literaria de Luís Seoane (1910-1979)

  • Temas: Poesía de denuncia dos problemas sociais da época, así como a emigración (economía) e o exilio (política).
  • Formas: A forma pasa a un segundo plano debido á maior importancia do contido (diferente respecto das vangardas).
  • Obras: Importancia da mensaxe que se transmite.
  • 1952: Fardel de exiliado (saco pequeno).

Obra literaria de Lorenzo Varela (1916-1978)

  • Temas: A saudade (nostalxia, morriña), a angustia (do desterro), o trauma (da Guerra Civil de 1936-1939) e o realismo social.
  • Personaxes históricos: María Pita, María Balteira, Roi Xordo e Adaúlfo, evocados como exemplos de loita e dignidade dos galegos.
  • Obras: Corrente artística denominada realismo social.
  • 1954: Lonxe.

Lorenzo Varela (1916-1978): «Cantiga nova que se chama cadea»

A Xosé Luís Méndez Ferrín, na gaiola.

Explica a alusión literaria do título do poema e mais a dedicatoria

Ambos aluden ao cárcere (cadea, gaiola). O escritor X. L. Méndez Ferrín foi acusado de propaganda ilegal e estivo preso dúas veces (1967, 1969). Ademais, «cantiga nova» é unha alusión á obra Cantiga nova que se chama ribeira (1933) de Álvaro Cunqueiro, pertencente ao neotrobadorismo.

Explica o «terror» no contexto histórico (v. 6)

Unha das características do réxime da ditadura foi a implantación dun medo intenso con violencia na sociedade, neste caso exercido sobre representantes de diferentes profesións da clase traballadora e polos cregos da Igrexa Católica do Concilio Vaticano II (1962).

Explica a metáfora sobre a «liberdade» (v. 15) e a morte (v. 41)

A liberdade non cesa nin caduca, senón que dura indefinidamente no espírito do ser humano, a pesar da ditadura e da morte por ela ocasionada, do mesmo xeito que as follas perennes das árbores.

Explica as estruturas paralelísticas poñendo tres exemplos

Trátase da ordenación de xeito simétrico dos elementos de unidades sintácticas sucesivas (v. 22-24, v. 44-46, v. 50-51). Utilízase para conseguir un efecto rítmico.

Nota técnica: O ritmo é a disposición regular e harmónica de acentos e pausas nun verso ou nun poema. O verso libre defínese como versos de diferente medida, sen rima pero con ritmo.

Entradas relacionadas: