A Literatura Galego-Portuguesa na Idade Media

Enviado por Miguel y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4 KB

1. Galicia na Idade Media: Contexto e Lingua

Contexto histórico e social

Na sociedade feudal existían tres estamentos fundamentais: nobreza, clero e campesiñado. Os dous primeiros posuían as terras, mentres que os campesiños pedían protección aos nobres a cambio de traballar as propiedades agrícolas (feudos) e pagar tributos. Coa Baixa Idade Media xurdiu a burguesía, ligada ao comercio.

  • Relación señor-vasalo: O señor cedía un feudo e ofrecía protección; o vasalo, home libre, traballaba a terra e axudaba militarmente ao señor.
  • Política: No século XII produciuse a separación entre Galicia e Portugal e a integración na Coroa de Castela. As revoltas irmandiñas (século XV) marcaron a loita contra a opresión nobiliaria.

Cultura e situación lingüística

O descubrimento do sepulcro do Apóstolo (813) converteu a Compostela nun foco cultural europeo grazas ao Camiño de Santiago. A evolución do latín ao galego foi paulatina; xa nos séculos VII-VIII eran idiomas distintos. O galego foi a lingua lírica da Península durante a Idade Media.

2. A Lírica Galego-Portuguesa

Orixes e influencias

Existen catro teses sobre a súa orixe: folclórica, medio-latina, litúrxica e arábigo-andaluza. A lírica galego-portuguesa é o resultado da mestura entre o lirismo cortesán provenzal e o lirismo autóctono peninsular.

Autores e intérpretes

  • Trobador: Nobre, autor e, ás veces, intérprete.
  • Segrel: Clase social inferior, autor e intérprete que cobraba.
  • Xograr: Condición baixa, intérprete de cantigas alleas.

3. A Cantiga de Amigo

Caracterízase pola voz feminina (o poeta masculino asume a perspectiva dunha moza). Os temas principais son a natureza, o mar e a espera do namorado.

Recursos formais

  • Refrán: Verso que se repite ao final de cada estrofa.
  • Paralelismo: Repetición de estrofas con pequenas variantes.
  • Leixaprén: Repetición do segundo verso dunha estrofa no primeiro da seguinte.

4. A Cantiga de Amor

Influenciada pola canço provenzal e o ideal do amor cortés. O home sométese á dama como un vasalo ao seu señor. A voz é masculina e o sentimento adoita ser de frustración ou coita amorosa.

5. A Cantiga de Escarnio e Maldicir

Sátira social e política. O escarnio usa ironía e dobre sentido, mentres que o maldicir é un ataque directo e claro. Son documentos de inestimable valor sociolóxico.

6. Os Xéneros Menores

  • Pastorela: Encontro entre un cabaleiro e unha pastora.
  • Tenzón: Diálogo entre dous poetas sobre un tema.
  • Pranto: Canto de dor pola morte dun persoeiro.
  • Cantiga de seguir: Parodia dunha cantiga modelo.

7. As Cantigas de Santa María

Atribuídas ao círculo de Afonso X. Divídense en narrativas (milagres da Virxe) e líricas (loores, translación da cantiga de amor ao divino).

8. A Prosa Medieval

Debido á falta de corte propia, a prosa galega medieval foi maioritariamente tradución ou versión de obras estranxeiras:

  • Narrativa: Ciclo de Troia (Crónica Troiana) e Ciclo Artúrico (Demanda do Santo Graal).
  • Historiográfica: Crónica Geral Galega e Corónica de Santa María de Iria.
  • Haxiográfica: Milagres de Santiago.

9. Decadencia da Poesía Trobadoresca

A partir de 1354, o prestixio político de Castela e a castelanización da corte provocaron a desaparición da lírica galega, dando paso á escola galego-castelá (Cancioneiro de Baena).

Entradas relacionadas: