Literatura Galega: O Rexurdimento, Autores e Comentario de Textos
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 13,82 KB
Linguas minoritarias e minorizadas
Linguas minoritarias: Son aquelas linguas que contan cun número reducido de falantes. Hai que diferenciar este termo do de lingua minorizada.
Este termo emprégase para referirse a un idioma que sufre unha marxinación, persecución ou incluso prohibición nalgún momento da súa historia. As linguas minorizadas puideron sufrir ou seguir soportando unha prohibición legal para evitar o seu uso público.
2. Lingua minoritaria e lingua maioritaria
As etiquetas minoritaria e maioritaria só son aplicables en termos numéricos a unha lingua sempre que se compare con outra nun territorio administrativo dado.
- Unha lingua autóctona é minoritaria no seu territorio cando a porcentaxe de poboación que a usa é baixa, ben pola chegada de poboación foránea, ben por abandono do idioma por parte do grupo que historicamente a empregou.
- Pola contra, unha lingua é maioritaria cando a porcentaxe de poboación que a usa nun territorio é a máis elevada.
Xéneros e formas literarias
- Lenda: Relato de aparencia histórica. Seres con poderes sobrenaturais. Localización espacial e temporal concretas.
- Conto: Relato feito para entreter (páx. 256).
5. O teatro
- Entremés de Bancroft Library ("Comedia de la sortija"): Descuberto en 2001. Breve entremés en homenaxe ao arcebispo Rodrigo de Castro.
Comentario do poema "Soia"
Ten un carácter intensamente lírico; a estas engádense notas de realismo que asocian o poema a unha estrutura social moi determinada: as xentes humildes.
Os traballos enumerados no poema só en Galicia son realizados por mulleres, e non só en ausencia dos homes, senón na súa compaña. Fixémonos en que ela di que, aínda que morra baixo o peso da carga, el non ha de vir a axudala a erguer e a pousar.
En Galicia, as mulleres labregas transportan, apoiándoos nos ombreiros ou sobre a cabeza, grandes pesos (feixes de herba, cestas e cántaros...) que outra persoa ten que axudarlles a subir e baixar.
A carón das notas realistas achamos no poema unha intensa vivencia da soidade —obsérvese a reiteración expresiva da palabra soia—, sentimento que, posiblemente, está moi presente na propia Rosalía, pero que é tamén unha característica galaica (a saudade é un trazo típico da nosa literatura).
E, informando, envolvendo ao poema nunha atmosfera especial, sitúase como esencial a tenrura; tenrura disimulada baixo a dureza dos primeiros versos, que pintan a unha muller solitaria entregada a rudas tarefas, e que se manifesta por primeira vez nesa reiteración expresiva da palabra el: «el non ha de virme a erguer, el xa non me pousará», e nese adverbio xa, evocador de tempos pasados.
A partir dese momento, a afectividade maniféstase na proliferación de posesivos e diminutivos: «Ferve o pote, mais, meu caldo, soíña te hei de cear», «o meu homiño perdeuse»; perfectos exemplos estes do carácter afectivo e non cuantitativo dos diminutivos en galego.
As evocacións ao mundo natural poñen de relevo a súa sensibilidade a través da natureza que a rodea: vento, grilo, rulas e anduriña son outro elemento destacable funcionando como símbolos do paso do tempo en soidade, do amor e da saudade que sente.
Polo seu realismo, a súa saudade e a súa tenrura, o poema constitúe un fermoso canto á personalidade da labrega galega no que se evidencia tamén ese pensamento protofeminista que Rosalía representa ao poñer a súa atención e o seu centro de interese sobre a muller e as súas condicións de vida. A súa soidade asociada á súa fortaleza e capacidade de valerse por si mesma en situacións duras.
O Rexurdimento (I): Orixe
O labor dos precursores ten a súa culminación no Rexurdimento (finais do XIX, comezos do XX). O seu inicio márcase coa publicación de Cantares gallegos (1863) de Rosalía de Castro.
Causas do Rexurdimento
- Influencia das ideas da Ilustración (século XVIII).
- Repercusión da Guerra da Independencia → conciencia de autogoberno.
- Ideoloxía romántica, que xa triunfara en Europa → exaltación da liberdade e das culturas autóctonas.
- Postulados políticos liberais → necesidade de descentralización e defensa das particularidades de Galiza.
Características xerais
- Ausencia dunha tradición literaria culta: Descoñecían a existencia da literatura da Idade Media (descuberta a comezos do XX).
- Reivindicación do carácter diferenciado de Galiza: Os intelectuais procuran as raíces do País: historia, tradicións, lingua.
- Predominio da lírica: Xénero hexemónico no Rexurdimento por cantidade e calidade.
Características xerais (reiteración)
- Ausencia dunha tradición literaria culta. Descoñecían a existencia da literatura da Idade Media (descuberta a comezos do XX).
- Reivindicación do carácter diferenciado de Galiza. Os intelectuais procuran as raíces do País: historia, tradicións, lingua.
- Predominio da lírica. Xénero hexemónico no Rexurdimento por cantidade e calidade.
Os Precursores
Fracaso Provincialista → Vertente cultural:
- Xogos Florais (A Coruña, 1861): Poetas comprometidos coa recuperación da lingua.
- Álbum de la Caridad (1862): Antoloxía bilingüe. 40 poemas en galego. 1ª recompilación de poesía galega do XIX.
Trazos da poesía dos precursores
- Forma: Mestura de pezas populares (cantigas, coplas) e do estilo culto (soneto, églogas).
- Contido: Dous temas principais → descrición da vida popular e as ofensas que recibe Galiza.
O Rexurdimento (I): Autores principais
Xoán Manuel Pintos (1811-1876)
Principal precursor do Rexurdimento. Autor de A gaita gallega (1853). Combinando prosa e verso, é un diálogo dun gaiteiro e o seu tamborileiro (de orixe non galega).
Obxectivos: Método para falar e escribir en galego, dignificación da lingua galega (páx. 271).
Francisco Añón (1812-1878)
Participante na revolta Provincialista → desterro (Madrid). Publicou poesías en xornais, moitas inéditas. Temática costumista: "A leiteira".
Nota: Os de arriba son os principais precursores.
Eduardo Pondal: "O queixume dos pinos" (1886)
Recolle 91 composicións: 89 en galego e 2 bilingües. Celtismo, bardismo, misoxinia e helenismo son os compoñentes temáticos e ideolóxicos básicos. A obra inclúe o poema intitulado "Os pinos", cuxas primeiras estrofas serán elixidas polos emigrados en Cuba como letra para o Himno galego, con música de Pascual Veiga.
Curros Enríquez (Celanova, 1851 - A Habana, 1908)
- Infancia triste. Con 15 anos marcha a Madrid á casa dun irmán.
- Protexido por Modesto Fernández, estuda Bacharelato e comeza Dereito.
- Participa en proxectos culturais: Galicia Literaria.
- Gaña o "Certame Literario" de Ourense e establécese como funcionario.
- No 1880 aparece Aires da miña terra.
- O ton anticlerical (non antirrelixioso) dalgúns poemas ("A igrexa fría", "Mirando ao chan", "Pelegrinos a Roma") supúxolle a pena de excomuñón e un procesamento civil. Apelou e foi declarado inocente.
- En 1894 emigra a Cuba. Colaborou en varios xornais e axudou a fundar a RAG.
- Faleceu na Habana e os seus restos repousan hoxe no coruñés cemiterio de Santo Amaro. A recepción dos seus restos en Galiza foi multitudinaria.
Aires da miña terra (1880)
- Colección de poemas heteroxéneos.
- A edición definitiva conta con 32 composicións.
- É un poemario de carácter cívico e de denuncia social, malia incluír tamén poemas costumistas e intimistas.
O divino sainete (1888)
- Longo poema narrativo inspirado na Divina comedia de Dante.
- Narra a viaxe a Roma de Curros e Añón nun tren de 7 vagóns que simbolizan os 7 pecados capitais (envexa, luxuria, preguiza...).
- Critícanse acedamente os estamentos da Igrexa, as clases sociais máis poderosas ou os seus inimigos persoais.
Campo semántico da cantiga de amor
A loanza da dama
Na cantiga faise un panexírico (descrición laudatoria) da dama no que se destacan as súas calidades físicas e morais.
- Descrición física: Moi abstracta, limitándose case sempre a resaltar a súa gran beleza ("fremosa", "de bon parecer", "ben talhada").
- Atributos morais: Máis extensa e céntrase nas calidades corteses: "bon siso" (razoable), "ben falar" (sabe expresarse de acordo coas normas corteses), "mesura" (comedimento na expresión dos sentimentos), "largueza" (xenerosidade), bondade, etc.
O amor do poeta
O amor do poeta aparece como consecuencia inevitable de ter visto á amada; de feito, ás veces o trobador maldí o día en que a viu. É un amor adquirido no pasado (consolidado) e na maioría dos casos é secreto; non se atreve a manifestarllo á amada por medo a que esta se anoxe.
Trátase dun amor casto e puro, desinteresado e debe ser mesurado. A mesura é a principal lei cortés á que deben aterse tanto o amante como a amada.
A coita de amor (sufrimento amoroso)
O amor do poeta convértese en tormento e dor ante a imposibilidade de ser correspondido. Este sufrimento maniféstase en síntomas que poden acabar na loucura ou na morte:
- Pranto: Choro ou queixa amorosa.
- Perda do sono: O tormento impídelle durmir.
- Loucura: Perde o sentido a causa do sufrimento.
- Morte por amor: Tópico presente, por exemplo, nas cantigas de Roi Queimado.
A reserva da dama (actitude)
A actitude da dama vai desde a indiferencia ou o simple enfado ata a "ira" ou "sanha". Esíxeselle mesura, o que implica ser precavida pero non cruel. En moi poucos casos o amor será correspondido e nunca chega á unión carnal. Ás veces, debido á actitude hostil, prodúcese un cambio de "senhor" (o poeta abandona a súa amada por outra).
Esquema para o comentario literario de textos poéticos
I. Lectura e comprensión do texto
Lectura do texto cantas veces sexa necesario ata entendelo completamente. Numeración dos versos (poema) ou das liñas (en prosa) de cinco en cinco.
II. Localización
Indicación do xénero literario ao que pertence o texto, encadre dentro do período que corresponda, identificación do autor/a e das características xerais da súa obra e o contexto da mesma.
III. Análise do contido
- Asunto ou argumento: Redución do contado aos seus compoñentes básicos.
- Tema: Indicación da idea central do texto. Debe expresarse de forma breve, clara e exacta.
- Estrutura: Partes en que se divide o texto e a relación entre elas. Analizar como evoluciona o tema e a actitude do autor.
IV. Análise da forma
- Nivel fónico: Estrofa, medida e rima. Artificios: onomatopea, paronomasia, similicadencia, aliteración...
- Nivel morfosintáctico: Frecuencia de elementos gramaticais. Figuras: elipse, asíndeto, polisíndeto, anáfora, paralelismo, hipérbato, etc.
- Nivel semántico: Cadeas léxicas e valores connotativos (ton melancólico, optimista, etc.). Características do léxico (hipergaleguismos, arcaísmos, cultismos, etc.). Artificios: metáfora, metonimia, símil, ironía, hipérbole, prosopopea, sinestesia.
V. Conclusión
Balance ou síntese das observacións e impresión persoal. Valoración do texto pola súa actualidade, orixinalidade ou estilo. Opinión sincera, modesta e firme.
Comentario literario de textos poéticos (Versión detallada)
I. Lectura e comprensión do texto
Lectura do texto cantas veces sexa necesario ata entendelo completamente. Numeración dos versos ou das liñas de cinco en cinco.
II. Localización
Indicación do xénero literario, período, identificación do autor/a e contexto da obra.
III. Análise do contido
- Asunto ou argumento: Redución do contado aos compoñentes básicos.
- Tema: Idea central breve, clara e exacta.
- Estrutura: Partes do texto e a súa relación; evolución do tema e actitude do autor.
IV. Análise da forma
- Nivel fónico: Estrofa, medida, rima e artificios sonoros.
- Nivel morfosintáctico: Dinamismo expresivo e figuras retóricas (anáfora, paralelismo, etc.).
- Nivel semántico: Léxico, tons (máxico, irreal, sombrío) e figuras como a metáfora ou a sinestesia.
V. Conclusión
Síntese final, valoración da intemporalidade e estilo do texto. Opinión persoal firme.