Literatura galega anterior ás Irmandades da Fala: contexto e autores (XIX-XX)

Lengua y literaturaActualizado el 5,28 KB

Resumen

O documento presenta a literatura galega anterior ás Irmandades da Fala, situándoa no contexto de atraso económico, emigración e restauración borbónica a finais do século XIX e comezos do XX. Explica as liñas poéticas do popularismo e do academicismo, a situación da prosa e do teatro, e a creación da Escola Rexional de Declamación en 1903. Tamén recolle os principais autores e autoras do período.

Puntos clave

  • A Galicia de finais do XIX e comezos do XX sufriu atraso económico, economía rural, forte emigración a América e escasa industrialización.
  • A Restauración borbónica (desde 1874) estivo marcada pola alternancia entre conservadores e progresistas e polo reforzamento do caciquismo.
  • Na poesía distínguense dúas liñas: o popularismo, que segue a Rosalía de Castro, e o academicismo, que segue a Pondal.
  • A prosa tivo menor peso ca poesía, e moitos relatos e novelas apareceron primeiro por entregas na prensa.
  • En 1903 créase a Escola Rexional de Declamación (ERD), que formaba actores e garantía a representación das pezas en galego.
  • Autores destacados incluían a Hipólita Muíño Lago, Marcial Valladares Núñez, Valentín Lamas Carvajal e Francisca Herrera Garrido.

Ponte a prueba

A Poesía, a Prosa e o Teatro Anteriores ás Irmandades da Fala

Contexto Histórico e Socioeconómico (Finais do XIX e Comezos do XX)

Galicia a finais do século XIX e comezos do XX caracterizouse por un forte atraso económico e un sistema político consolidado.

Atraso Económico: Causas Principais

  • Economía maioritariamente rural.
  • Fortísima emigración cara a América.
  • Industrialización escasa vinculada a capital foráneo.
  • Deficientes vías de comunicación, tanto estradas como camiños de ferro.

Contexto Político

  • Restauración borbónica (a partir de 1874).
  • Alternancia no poder entre conservadores e progresistas.
  • Reforzamento do sistema caciquil.

A Poesía Galega: Liñas Poéticas Maioritarias

Os escritores e escritoras desta época producen as súas obras «entre dous séculos». Moitos deles foron mal chamados «menores» pola fama e altura literaria de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

1. Popularismo

Esta liña segue a Rosalía de *Cantares* e, en certa medida, a Curros.

  • Referente: cultura popular galega.
  • Defensa do mundo rural.
  • Denuncia da emigración e das penurias do pobo.
  • Reivindicación da lingua.
  • Tendencia **ao prosaísmo**.

2. Academicismo

Esta liña segue a estética de Pondal.

  • Revalorización da épica como dignificadora do imaxinario nacional.
  • O poeta é visto como visionario e profeta dos novos tempos.
  • Métrica clásica ao estilo renacentista.
  • Busca da lingua culta (sen castelanismos nin coloquialismos).

A Prosa Galega

A prosa tivo moito menor peso ca poesía, debido a dous factores principais:

  • A poesía era máis facilmente publicable.
  • Ausencia dun público lector consolidado.

Moitas das obras editadas a partir de 1880 xa foran publicadas previamente como relatos ou novelas por entregas na prensa da época.

A Novela e o Relato

  • A novela foi pouco cultivada.
  • O relato tivo boa difusión en prensa.
Características do Relato
  • As autoras e autores beben das fontes orais.
  • Temas recorrentes: ruralismo, costumismo, sentimentalismo, humorismo.

O Teatro Galego

Século XIX

O teatro non tivo relevancia. As obras eran en verso, de temas románticos, ambientación rural e extensión reducida.

Século XX: A Escola Rexional de Declamación (ERD)

En 1903 créase a Escola Rexional de Declamación. Os seus obxectivos eran:

  1. Formar actores e actrices.
  2. Animar os autores a escribir en galego, xa que a ERD lles garantiría a representación da peza.

Autores e Autoras Clave do Período

Hipólita Muíño Lago

  • Mestra de Primaria en Ferrol.
  • Colaboradora en múltiples revistas e xornais da época.
  • Entre 1896 e 1920 publica diversos contos en prensa.
  • Foi membro correspondente da Academia Galega.

Marcial Valladares Núñez

  • Foi poeta, lexicógrafo e narrador.
  • Autor dun dicionario castelán-galego e dunha gramática do galego.
  • Escribiu a primeira novela galega contemporánea: *Maxina ou a filla espúrea*.

Antonio López Ferreiro

  • Fixo estudos eclesiásticos, de Filosofía e Letras e de Dereito.
  • Foi arquiveiro da Catedral de Santiago.
  • Preocupouse por investigar a historia de Galicia.
  • Escribiu tres novelas históricas.

Valentín Lamas Carvajal

  • Membro fundador da Academia Galega.
  • Foi poeta e narrador.
  • Creador da revista *O tío Marcos da Portela*.
  • Autor d’*O catecismo do labrego*. Obra máis coñecida e famosa na época polo seu contido, que inflúe nos movementos agraristas.

Manuel Leiras Pulpeiro

  • Poeta civil.
  • Só publica *Cantares Gallegos* (1911).
  • Características da súa obra:
    • Gran calidade.
    • Loa á Mariña.
    • Poemas patrióticos, anticlericais, costumistas e intimistas.

Filomena Dato Muruais

  • Foi colaboradora en prensa, poeta e gañadora de varios premios literarios.
  • No seu poemario *Follatos* fai unha reivindicación da valía das mulleres e denuncia a súa discriminación.

Francisca Herrera Garrido

  • Foi narradora, poeta e a única muller escollida membro da Academia Galega.
  • As protagonistas das súas obras son mulleres galegas. Describe a súa situación, sen ton crítico explícito.

Autores de Teatro Destacados

Francisco María de la Iglesia

  • Foi mestre, xornalista, poeta e dramaturgo.
  • Autor da **primeira** obra dramática no século XIX: *A fonte do xuramento*.

Galo Salinas Rodríguez

  • Primeiro director da ERD.
  • Autor de moitas obras en verso, entre elas, a primeira en ser representada no século XX: *Filla*.

Manuel Lugrís Freire

  • Segundo director da ERD.
  • Escribiu poesía, conto, teatro e unha gramática galega.
  • Foi o autor da primeira peza teatral en galego en prosa, *A Ponte*, na que hai unha crítica á corrupción dos estamentos do poder.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cal era a situación económica de Galicia a finais do século XIX?

Galicia caracterizouse por un forte atraso económico, con economía maioritariamente rural, fortísima emigración cara a América, industrialización escasa vinculada a capital foráneo e deficientes vías de comunicación.

Que foi a Escola Rexional de Declamación?

Foi unha escola creada en 1903 para formar actores e actrices e para animar os autores a escribir en galego, xa que a escola lles garantía a representación das súas pezas.

Cales son as dúas liñas poéticas maioritarias desta época?

Son o popularismo, que segue a Rosalía de Castro e defende o mundo rural e a lingua, e o academicismo, que segue a Pondal e revaloriza a épica con métrica clásica e lingua culta.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cal foi un dos factores que explicaba o escaso peso da prosa galega fronte á poesía?
2. En que ano se creou a Escola Rexional de Declamación?
3. Que liña poética segue a estética de Eduardo Pondal?
4. Quen foi membro fundador da Academia Galega e creador da revista O tío Marcos da Portela?
5. Que autora foi a única muller escollida membro da Academia Galega?
6. Cal foi a primeira peza teatral en galego en prosa segundo o documento?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.