Literatura Galega: Obra de Cunqueiro, Ánxel Fole e Evolución Lingüística

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,52 KB

Álvaro Cunqueiro: Obra e Traxectoria

  • Poesía: Cunqueiro comeza coa súa obra poética na posguerra e continúa despois da guerra coa publicación de Dona do corpo delgado e Herba aquí e acolá.
  • Teatro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca e A noite vai coma un río.
  • Ensaio: Tesouros novos e vellos. Este é o discurso tras a chegada á RAG, no que se achega ao mito dos tesouros en Galicia.

Ánxel Fole: Vida e Obra

Ánxel Fole foi licenciado en Dereito, membro do Partido Galeguista, fundador da revista Yunque e integrante da RAG.

Narrativa

Fole foi un mestre do relato curto. A súa obra está formada principalmente por catro libros de contos:

  • Á lus do candil e Terra brava: Ambientadas na Galicia rural de mediados do século XX, onde reflicte á perfección a paisaxe, a economía, os labores agrícolas, a alimentación, as vivendas, as crenzas populares e as lendas tradicionais. O seu obxectivo era dar a coñecer a Galicia máxica e misteriosa.
  • Conto da néboa e Historias que ninguén cre: Comparten unha ambientación urbana ou próxima a ela, con temática misteriosa, de medo ou paranormal.

Técnica narrativa

A técnica narrativa de Fole está baseada no conto popular de tradición oral, xa que emprega fórmulas introducidas, remate sentencioso e apelacións ao oínte. É tan fiel a ela que recolle o galego vivo coas súas peculiaridades dialectais, vulgarismos e castelanismos, o que fai que os relatos produzan unha sensación de oralidade. Ademais, presentan a técnica do conto enmarcado, no que se desenvolve un conto dentro de outro.

Teatro

  • Pauto do demo: A acción desenvólvese nunha aldea da ribeira do Sil en tempo de vendima.

Lingua e Sociedade

O galego e o portugués

O galego e o portugués son dúas linguas moi similares debido a que proceden dunha orixe común. No século IX nace en Gallaecia o galego-portugués.

Séculos despois, no século XII, Portugal independízase de Galicia e esta queda supeditada á Coroa de Castela, polo que comeza a separación dos idiomas: o galego para o norte do Miño e o portugués para o sur.

Mentres que Galicia quedou relegada a Castela, tanto política como culturalmente, Portugal iniciou a súa expansión territorial no século XV.

Entradas relacionadas: