Literatura Galega Medieval e Evolución Lingüística: Un percorrido histórico
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,13 KB
Categoría gramatical de palabras
- ven (verbo)
- hun (determinante artigo indefinido)
- tico (substantivo)
- truitas (substantivo)
- duas (determinante numeral)
- muitas (determinante cuantificador)
- ua (determinante numeral)
- cen (numeral)
- bolindo (adverbio ou forma adverbial)
Determinantes do poema
Hun, das, duas, muitas, duas, cen, ua. Algúns son determinantes numerais (duas, cen, ua) e outros cuantificadores ou artigos.
Pronomes da cantiga
- u: pronome persoal tónico que equivale a 'el'.
- -s (en vai-s): pronome persoal átono enclítico.
Formas verbais
- ven (vir, 3ª persoa singular, presente)
- compra (comprar, 3ª singular, presente)
- coz'enda (cozer, 3ª singular, presente)
- quer (querer, 3ª singular, presente)
- venden (vender, 3ª plural, presente)
- vai-s (ir, 3ª singular, presente)
Variedades lingüísticas
A capacidade lingüística é unha característica esencial do ser humano, que, polo tanto, compartimos en xeral todos os membros da nosa especie. A diversidade lingüística vai máis alá da existencia de linguas diferentes, pois atopámola tamén dentro dunha mesma lingua. Os diferentes xeitos de falar que se dan no interior dunha mesma lingua denomínanse variedades lingüísticas:
- Variación temporal ou dicrónica: é consecuencia do paso do tempo e permítenos distinguir, por exemplo, o galego medieval do galego actual.
- Variación xeográfica ou diatópica: dá lugar a variedades dialectais segundo os trazos lingüísticos de cada zona.
- Variación social ou diastrática: depende do estrato social dos falantes (determinado, á súa vez, polo nivel de estudos, a posición económica, etc.) ou doutras características sociais como a idade ou o sexo.
- Variación situacional ou diafásica: permite diferenciar diversos rexistros en función das características contextuais de cada acto comunicativo.
A variedade estándar ou normativa é a que ten maior prestixio social porque se emprega na escrita e en contextos formais.
Cantigas de Santa María
Compostas por 427 pezas que xiran arredor da figura da Virxe, relatan acontecementos extraordinarios que ela propicia ou aparecen como verdadeiros cantares de loor. Afonso X levou adiante un magnífico labor no que se combina habilmente o marioloxio coa proxección político-cultural.
Códices principais
- Códice de Toledo (To): Na Biblioteca Nacional de Madrid, contén 128 cantigas con notación musical.
- Códice (T) do Escorial: Contén 193 composicións, notación musical e 1264 miniaturas de gran valor iconográfico.
- Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F): Contén 104 cantigas; a obra está incompleta.
- Códice (E) do Escorial: Denominado «códice dos músicos», transmite 417 cantigas ilustradas con 40 miniaturas e notación musical.
A elaboración da colección mariana desenvolveuse entre 1270 e 1283. As cantigas incorporan un amplo conxunto de lendas, tradicións e cantigas autobiográficas que inclúen lembranzas de infancia e vivencias persoais.
Clasificación
Divídense en dous grandes apartados: cantigas narrativas e cantigas líricas.
Materia de Bretaña
A expansión da narrativa artúrica procede da obra de Chrétien de Troyes (1160-1190). O Graal aparece como o cáliz da Eucaristía e Artur e os cabaleiros da Mesa Redonda como espello das virtudes cristiás. Conservamos textos en galego-portugués como a Estoria do santo Graal, o Libro de Merlín e a Demanda do santo Graal.
Materia de Troia
Durante a Idade Media, a Ilíada e a Odisea foron os textos fundamentais. Consérvanse a Crónica troiana (S. XIV, Fernán Martís) e a Historia troiana (texto bilingüe do S. XIV).
Evolución do galego-portugués
Dende o S. XIII, iniciouse un proceso de castelanización. Mentres en Portugal se estandarizaba o idioma, en Galicia, ante a falta dun centro de poder, prevaleceron os usos orais e dialectais, dando lugar a dúas realidades sociolingüísticas diferenciadas pola fronteira do Miño.
A etapa do galego medio e a Ilustración
Durante os Séculos Escuros, destacaron figuras como Diego Sarmiento de Acuña e obras como as Festas Minervais (1697). Na Ilustración, destacaron frei Martín Sarmiento, autor do Coloquio de 24 galegos rústicos, e outros autores como o Padre Feixoo e Xosé Andrés Cornide e Saavedra.