Literatura Galega: O Grupo Nós e a súa Influencia

Enviado por lucia y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 10,96 KB

O Grupo Nós e a Consolidación da Literatura Galega (1900-1936)

O período de 1900 a 1936 denomínase Período Nós ou Segundo Rexurdimento. Caracterízase pola consolidación definitiva da lingua, coa fundación da Real Academia Galega (RAG) en 1906 para a defensa do idioma, promovida dende A Habana e con Manuel Murguía como presidente. Consolídase tamén a nación coa creación das Irmandades da Fala en 1916 da man dos irmáns Villar Ponte, que significou a culminación dun proceso iniciado polo Provincialismo e continuado polo Rexionalismo, que consistía na construción da identidade de Galicia en base ao imaxinario da nación. Así xorde o nacionalismo, un movemento político que vai centrar unha parte fundamental das reivindicacións sociais, culturais e políticas da Galicia do século XX. Tamén emerxe e consolídase a literatura mediante un sistema literario que procura novas estruturas para a súa difusión.

Dende o punto de vista cultural, creouse unha rede de infraestruturas culturais para o desenvolvemento da cultura galega, como o Seminario de Estudos Galegos, que foi o motor da renovación total do coñecemento científico sobre o propio país, abranxendo diferentes disciplinas. Créase o Conservatorio Nacional de Arte Galega para estimular o teatro e a conciencia galeguista. Aparecen editoriais (Céltiga, Lar e Nós) e revistas (A Nosa Terra, Ronsel, …). A revista Nós era unha revista mensual e políglota, a cal publicou 144 números e que tiña contidos literarios e culturais, autofinanciada. Tamén xorden novos xéneros literarios (novela e ensaio) e recupérase a tradición literaria (neotrobadorismo, vangardas). Procúrase o cosmopolitismo e o diálogo coas correntes europeas.

Neste Período Nós hai tres etapas ou grupos salientables:

  • O Grupo Nós estaba formado polo Cenáculo Ourensán e os dous rianxeiros.
  • Na Xeración Nós salienta o grupo Nós máis todos os colaboradores da revista Nós.
  • Na Época Nós, aquela época que vai dende 1920 ata 1936.

O que máis destaca nesta época referente á literatura é o incremento e consolidación da produción narrativa en galego. Estes escritores serán considerados os fundadores da prosa galega moderna. Teñen diferentes tendencias á hora de escribir. Existe a narrativa de corte fantástico, presente na obra de Castelao e Dieste, e unha narrativa curta de índole experimental. Unha crítica da sociedade burguesa, na que se fala da transformación da estrutura estamental na burguesía. A análise da sociedade do Antigo Réxime e as causas da súa decadencia e tamén a dignificación das clases populares, na que se presenta a oposición entre os fidalgos e campesiños.

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976)

Ramón Otero Pedrayo cursou o bacharelato no instituto desta cidade e marchou despois para Santiago, onde estudou Filosofía e Letras, que rematará en Madrid, onde se licenciou en Dereito e doutorouse en Filosofía. De volta en Ourense vincúlase ao grupo dos Inadaptados. Colabora en La Centuria e, finalmente, chega ao galeguismo en 1918. No seo das Irmandades incorpórase ás actividades do Seminario de Estudos Galegos formando parte do Partido Nacionalista Republicano, conseguindo a acta como deputado por Ourense. Despois da cátedra comeza a Guerra Civil e adxudicaráselle a de Xeografía na Universidade de Santiago.

Destaca por pertencer, xunto con Castelao e Risco, á narrativa desta xeración, onde sobresae o historiador que reconstrúe momentos claves da historia do país a través de personaxes que conteñen as peculiaridades da súa clase social. Investiga noutros momentos a historia de Galicia, como a Idade Media, tentando explicar en A romaría de Xelmírez (1934) as condicións que se dan no ingreso de Galicia no entramado europeo. Outras obras destacadas sobre a historia son Guía de Galicia (1926) e Ensaio histórico sobre a cultura galega. O primeiro é unha interpretación cultural e histórica de Galicia, mentres que o segundo traza unha síntese do desenvolvemento histórico-cultural de Galicia. Era un grande coñecedor e investigador da lingua. A súa prosa sempre tende ao lirismo e dá conta dun esplendor discursivo. Como obra narrativa destaca Arredor de si, onde retrata o seu grupo e, sobre todo, retrátase a si mesmo na figura do protagonista.

Vicente Risco (Ourense, 1884-1963)

Vicente Risco foi amigo dende a infancia de Otero Pedrayo. Estudou Dereito por libre na Universidade de Santiago e licenciouse en 1906. Logo ingresa en Facenda en Ourense. Nese tempo participa en faladoiros e en 1910 entra no xornal El Miño, onde escribe artigos filosóficos e de actualidade. Funda a revista La Centuria, un antecedente da revista Nós. Está considerado como un dos máximos representantes da tendencia tradicionalista dentro do galeguismo. A totalidade da súa obra literaria vai ser unha mestura do seu pensamento filosófico e político.

O seu primeiro texto literario é o relato Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros, centrado no tema do esoterismo e da maxia. As seguintes obras van estar baseadas en lendas tradicionais e populares, como en O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alcatrán. De 1927 é A Coutada, centrado no sentimento da terra e no regreso das orixes, os antepasados. A súa única novela en galego é O porco de pé, considerada pola crítica como a primeira novela galega moderna. Nela utiliza o expresionismo, moi frecuente na literatura alemá da época.

Florentino Cuevillas (Ourense, 1886-1958)

Florentino Cuevillas estudou Farmacia, aínda que nunca a chegou a exercer. Durante esa época mostrou interese pola literatura e acudía a veladas literarias. Coincidiu en Madrid con Otero Pedrayo. Os seus primeiros escritos publicáronse na revista El Miño e tamén colaborou con outras edicións como Faro de Vigo, La Región, El Heraldo, … Pouco a pouco, por influencia de Antón Losada, vaise achegando máis ao galeguismo e ingresa nas Irmandades da Fala e participa na fundación da revista Nós.

Realizou estudos históricos, como o estudo A mansión de Aquis Querquernsis (1921), e tamén realiza estudos históricos sobre o nacemento de Ourense na época romana. Destaca polo seu traballo de investigador. Aínda que tamén cultivou a prosa e o ensaio literario, onde a personalidade de Cuevillas acada a súa meirande dimensión é na tarefa de investigador. Escribiu Dos nosos tempos, onde conta a evolución intelectual do Grupo Nós. E tamén Prosas galegas, que é unha escolma de traballos.

Xaquín Lorenzo "Xocas" (Ourense, 1907-1989)

Xaquín Lorenzo, máis coñecido como Xocas, mantivo unha estreita relación con Cuevillas, con quen publicou Vila de Calvos de Randín. Estuda Filosofía e Letras en Santiago (1926), onde aproveita para participar no Seminario de Estudos Galegos. Terá interese polos estudos etnográficos, no cal o principal referente serán os carros e os castros como foco de estudo das súas creacións en torno á arqueoloxía, que centran case toda a parte da creación literaria. Este labor desenvolveuno dentro do traballo do Grupo Nós, coa Comisión de Monumentos de Ourense e co grupo Marcelo Macías, e transcribiuno en diferentes artigos que foron publicados en revistas como Nós, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Boletín Auriense, …

En 1951 foi nomeado membro da Real Academia Galega nun acto en Celanova. Trala morte de Franco participa no reauxe do Partido Galeguista de Avelino Pousa Antelo e remata identificándose máis co colectivo apartidista Realidade Galega e expresa o seu apoio público ao voto afirmativo no referendo do Estatuto de Autonomía. Dos traballos etnográficos nacerían Metamorfose dunha casa castrexa, As habitacións dos castros e A casa galega.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950)

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego. Destaca pola súa orixinalidade e pola defensa da lingua e da cultura galega. O seu primeiro libro publicouno en 1922, titulado Un ollo de vidro. Tamén publicou Memorias dun esqueleto, que consta dunha serie de secuencias narrativas que acadan unidade estrutural grazas a seren produto dunha conversa entre un narrador, o esqueleto, que lembra secuencias da súa vida pasada, e dous colegas de cemiterio. O humorismo é un recurso esencial do tratamento do tema. Mediante o humor, Castelao revela o cerne dos asuntos tratados, sen concesións ao simplemente anecdótico. Para acadar o humor, sérvese da técnica de contraste entre o riso e a dor e achega un mundo escuro e ruín, de xeito que provoca hilaridade sen ser alleo a temas habituais nel como a defensa, a emigración ou a crítica social.

Ensaiou distintos xéneros, como o relato breve en Cousas e Retrincos. O primeiro é unha transcendente interpretación de Galicia, unha exploración da súa problemática socioeconómica mediante o desfile de diversos personaxes arquetípicos, que en moitos casos representan os sectores máis marxinados, e a segunda é unha colección de relatos composta por cinco narracións autobiográficas.

Rafael Dieste (Rianxo, 1899-Santiago, 1981)

Rafael Dieste, cos seus contos e pezas de teatro, entre as que destacan Dos arquivos do trasno, tentou modernizar o sistema literario galego afastándoo do ruralismo. A el atribúeselle boa parte da creación do denominado Teatro Nacional Galego. Iniciou a súa relación coa literatura da man de Manuel Antonio. Ambos entraron en contacto co federalismo e o nacionalismo a través de Vicente Risco. Colaborou en varios xornais de Vigo e en 1926 recolleu oito relatos xa publicados. Coa súa lectura ingresou no Seminario de Estudos Galegos.

Ten obras como A fiestra valdeira, que é unha comedia de ambiente mariñeiro que consta de tres actos e está adicada a Constantino Candeira e Antonia Dieste. A súa primeira representación tivo lugar en Rianxo en 1935. A vontade de estilo na fala popular foi o discurso co que entrou a formar parte da Real Academia Galega e Antre a terra e o ceo, publicada pouco antes da súa morte, recolle todos os artigos dos vinte publicados en El Pueblo Gallego. As intervencións en actos públicos foron recollidas nun libro póstumo titulado Encontros e vieiros.

Entradas relacionadas: