Literatura Galega no Exilio: Castelao e Blanco Amor
Enviado por Chuletator online y clasificado en Plástica y Educación Artística
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,49 KB
Os vellos non deben namorarse de Castelao
O fragmento que se nos presenta pertence á obra teatral Os vellos non deben namorarse de Castelao, publicada no exilio en 1941 e representada por primeira vez no teatro Mayo de Bos Aires. Non se coñece en Galicia ata 1953, grazas á edición por parte da Editorial Galaxia.
A obra está composta por tres lances, enmarcados por un prólogo e un epílogo. Cada un deles presenta un esquema dramático semellante: un triángulo amoroso entre un vello que namora dunha moza e se opón a un mozo pretendente. O desenlace sempre é que o vello acaba prexudicado pola imposibilidade do amor.
Esta obra considérase unha farsa moralizante e demostra como a relación de parella entre persoas de diferente idade nunca chega a bo porto.
A Esmorga de Eduardo Blanco Amor
O fragmento que se nos presenta pertence á obra picaresca A Esmorga de Eduardo Blanco Amor, publicada no exilio en 1959 pola editorial Citania tras o rexeitamento do censor na editorial Galaxia.
A obra desenvólvese na cidade de Auria, durante unha xornada de choiva e frío. Cibrán o Castizo, Xacinto o Bocas e Eladio Milhomes comezan unha esmorga que remata coa morte de dous deles. Finalmente, Cibrán é quen lle conta a historia ao xuíz, sendo a voz pola cal o lector coñece o relato.
En síntese, os tres elementos centrais son:
- A viaxe
- O alcohol
- A violencia
As dúas últimas marcan un ritmo que vai aumentando rapidamente e conclúe coa morte.
A cultura galega no exilio
Tras o triunfo da sublevación franquista, o réxime iniciou unha persecución contra a intelectualidade galega. Deste xeito, impúxose en Galicia un silencio literario que só atopou unha vía de escape no exilio.
Os principais destinos foron aqueles que xa amosaban unha gran presenza de emigrantes galegos. Concretamente, Bos Aires converteuse na capital mundial da cultura galega, denominada como a quinta provincia.
Así, a intelectualidade galega exiliada conectou coas comunidades de galegos na diáspora, promovendo:
- Organización de actos culturais
- Creación de editoriais
- Edición de xornais e revistas
- Emisión de programas radiofónicos
- Nacemento de compañías teatrais
Algúns autores e obras máis destacados do exilio foron Castelao con Os vellos non deben namorarse e Eduardo Blanco Amor con A Esmorga.