Literatura Galega do Rexurdimento: Eduardo Pondal e Curros Enríquez
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,09 KB
Eduardo Pondal: O Bardo da Nación Galega
Ideoloxía e Liñas Temáticas
- Celtismo: Pondal defendía que os galegos teñen unha orixe celta, con figuras míticas como Breogán. A través deste pasado, presentaba Galiza como un pobo con historia propia, o que servía para xustificar as reivindicacións galeguistas de liberdade. Tamén buscaba fortalecer a autoestima colectiva dos galegos e animábaos a recuperar a súa liberdade e lingua.
- Bardismo: Pondal considérase o "bardo" do pobo galego. Quería transmitir aos galegos o recordo dun pasado celta glorioso para fomentar o orgullo e a loita pola liberdade de Galiza. Este papel facía que se sentise especial e cunha importante misión, pero tamén o presentaba como unha figura solitaria e triste, cuxo consolo era alcanzar a fama.
- Iberismo: Pondal imaxina unha futura unidade ibérica onde Galiza actuaría como ponte entre España e Portugal. Afirma que a lingua galega é o principal vínculo entre galegos e portugueses. Tamén ve o galego como un símbolo da unión e da liberación de Galiza.
- Misoxinia e machismo: Pondal mostra unha visión misóxina propia da mentalidade da súa época. As mulleres aparecen como obxectos ao servizo dos homes e as relacións amorosas son presentadas como unha conquista ou loita. Ademais, as características asociadas ao feminino son vistas de forma negativa, mentres que as relacionadas co masculino son valoradas positivamente.
- Clasicismo helenista: Pondal admiraba a antiga Esparta como exemplo de valentía, disciplina e espírito guerreiro. Esta influencia grega reflíctese nas referencias a personaxes e lugares da Grecia clásica, no tema da morte heroica en combate e no uso de cultismos gregos. Concibía a súa poesía como un medio para animar os galegos e fortalecer o seu espírito.
- Misticismo panteísta: A natureza ten un papel fundamental na súa poesía e adoita estar relacionada co pasado histórico. Moitas veces aparece personificada, como se puidese falar ou transmitir mensaxes, e tamén serve como símbolo ou espazo de inspiración. A súa forza e grandeza reflicten os sentimentos e o estado de ánimo do propio poeta.
Análise de Composicións de Pondal
Almas Escravas
Métrica: 7-, 7a, 10-, 7a... Rima asonante nos pares. Voz externa en terceira persoa que representa ao bardo identificándose co galego.
Recursos estilísticos:
- Antítese: Contradición (espíritos brandos, propósitos férreos).
- Enumeración: Acumulación de ideas ou palabras (mil cousas femíneas, molentes e infames).
- Metáfora: Identificación de dous elementos entre os que hai relación (arrastrando infames cadeas).
- Hipérbole: Esaxeración (mil soños).
- Paralelismo: Repetición da mesma estrutura (espíritos brandos / espíritos muliebres).
Tema: Bardismo (exaltación do bardo como guía do pobo).
Os Pinos
Métrica: 7-, 7a, 7a, 6+1 b, 7-, 7c, 7c, 6+1 b... Rima consonante. Voz poética en terceira persoa externa que representa ao pobo galego.
Recursos estilísticos:
- Anáfora: Repetición dunha palabra ou expresión (que din...).
- Hipérbato: Alteración da orde lóxica (a nosa voz entenden).
- Metáfora: Identificación de elementos (fogar de Breogán).
- Personificación: Atribuír cualidades humanas (desperta do teu sono, fogar de Breogán).
- Antítese: Contradición (bos e xenerosos, ignorantes e féridos).
Tema: Celtismo (exalta a figura mítica de Breogán).
Manuel Curros Enríquez: Aires da miña terra
Tipoloxía de Poemas
- Poemas sociais ou cívicos: Son os máis importantes da obra. Neles, Curros defende ideas progresistas, democráticas e galeguistas, ao tempo que critica a tiranía, o fanatismo relixioso, o caciquismo, a desigualdade social, a ignorancia, a pena de morte e os abusos de poder.
- Poemas intimistas e de circunstancias: Inspirados en acontecementos persoais e familiares, como o nacemento ou a morte dos seus fillos e da súa nai. Tamén inclúen composicións que reflicten o seu agnosticismo relixioso.
- Poemas costumistas: Describen costumes e tradicións populares galegas. Destacan "O gueiteiro", "A Virxe de Cristal" e "Unha voda en Einibó", nos que se aprecia a influencia de Rosalía de Castro e da súa obra Cantares gallegos.
Liñas Temáticas de Curros
- Progresismo democrático: Defende as liberdades e os dereitos individuais (expresión, sufraxio, culto, opinión, reunión) e exalta o progreso. Critica a intolerancia, a censura e a tiranía.
- Compromiso social: Considera que o escritor debe denunciar as inxustizas e defender os máis débiles. A súa poesía pretende dar voz aos oprimidos.
- Anticlericalismo: Aínda que respecta a doutrina cristiá, critica a institución da Igrexa católica e o clero conservador por consideralos inimigos do progreso.
- Galeguismo: Defende Galicia, a súa lingua e a súa identidade, denunciando problemas como a emigración a América.
Análise de Composicións de Curros
Locomotora
Métrica: 12-, 12 A, 10-, 10 A, 6-, 6a, 6-, 6a... Rima asonante nos pares e libre nos impares. Voz poética en primeira persoa que fala con entusiasmo colectivo.
Recursos: Anáfora (velaí vén...), Personificación (fecundo os terreos), Metáfora (Unha nosa Señora de Ferro), Enumeración (cómaros e corgas, vales e carros) e Hipérbato.
Tema: Progreso democrático e social.
A Rosalía
Métrica: 6a, 5+1b, 6a, 5+1 b, 6c, 5+1 d, 11C, 10+1D... Rima consonante.
Recursos: Hipérbole (na noite sen fin), Paralelismo (na frente unha estrela, no bico un cantar), Hipérbato (do mar pola orela mireina pasar), Antítese e Anáfora.
Tema: Crítica social.
Cántiga
Métrica: 10-, 9+1 A, 10-, 9+1 A, 10-, 9+1B, 10-, 9+1B... Rima asonante. Voz poética en terceira persoa.
Recursos: Personificación (os seus ecos de melancolía camiñaban), Epíteto (branco luar), Metáfora (os olliños do meu doce ben), Hipérbato e Anáfora.
Tema: Cívico-social (muller que bota de menos ao seu amado que marchou a América e morreu no mar).
Teoría do Texto Narrativo
- A historia: Accións narradas, poden ser reais ou ficticias.
- Personaxes: Protagonistas da historia, con diferentes niveis de importancia.
- Tempo: Clasifícase en externo (cronolóxico) e interno (organización temporal). A información avanza no tempo e non se poden narrar dous feitos á vez.
- Espazo: Lugar en que se sitúa a acción e os personaxes.
- Narrador: Voz ficticia que conta a historia (en primeira ou terceira persoa).
Niveis Estruturais
- Estrutura externa: Organiza o texto fisicamente.
- Estrutura interna: Organiza e ordena a historia dentro do texto.
División do Texto
- Presentación: Introdución do marco espazo-temporal e dos personaxes.
- Nó: Parte en que máis avanza a historia.
- Desenlace: Remate e conclusión da historia.