Literatura galega: Cunqueiro, Fole e a Nova Narrativa Galega

Lengua y literaturaActualizado el 6 KB

Resumen

O documento repasa a obra de Álvaro Cunqueiro (narrativa, poesía e teatro), a narrativa de contos de Ánxel Fole e o movemento da Nova Narrativa Galega (1954-1970), coas súas características e autores destacados. Inclúe tamén traxectorias de Méndez Ferrín e Carlos Casares e un apartado sobre a situación sociolingüística en España.

Puntos clave

  • Álvaro Cunqueiro nace en Mondoñedo en 1911 e a súa obra mestura realidade e fantasía con elementos da tradición oral.
  • Ánxel Fole publicou contos ambientados no mundo rural do Courel e do Incio (Á lus do candil, Terra brava) e, despois, en Lugo (Contos da néboa, Historias que ninguén cre).
  • A Nova Narrativa Galega (1954-1970) rexeita o enxebrismo, prefire o espazo urbano, as primeiras persoas narrativas e a universalidade dos textos.
  • Entre as influencias da Nova Narrativa están o Nouveau Roman e autores como Joyce, Camus e Proust.
  • Carlos Casares cultivou sobre todo a narrativa, con títulos como Vento ferido e Xoguetes pra un tempo prohibido.
  • España recoñece 7 linguas autóctonas, pero o castelán é a única lingua oficial en todo o Estado.

Ponte a prueba

Álvaro Cunqueiro: Vida e Obra

Álvaro Cunqueiro nace en Mondoñedo en 1911. Estuda en Santiago nos primeiros anos 30, onde comeza o seu labor literario, plasmado en tres libros: Mar ao norde (1932); Poemas do si e do non (1933); e Cantiga nova que se chama riveira (1933). Coa fundación da editorial Galaxia, comeza a escribir textos narrativos en galego, impulsado por Fernández del Riego: Merlín e familia (1955); As crónicas do sochantre (1956); e Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961). Nos anos 60 múdase a Vigo e escribe libros de narracións breves: Escola de menciñeiros (1960); Xente de aquí e acolá (1971); e Os outros feirantes (1979).

Mundos narrativos de Cunqueiro

Nas súas novelas atopamos unha mestura de realidade e fantasía. En cada libro coexisten personaxes e feitos fantásticos con outros pertencentes á vida cotiá. Emprega técnicas propias da narración realista, cunha presenza importante de recursos da tradición oral popular. Os personaxes das obras proceden de vellos mitos doutras culturas: en Merlín e familia o protagonista é o mago Merlín, que acompaña ao rei Artur nas súas aventuras.

Obra poética e teatral

Despois da guerra publica Dona de corpo delgado (1950), e uns poemas dispersos que reuniu en 1980 no que está considerado o seu mellor libro: Herba aquí ou acolá. Tamén escribe textos teatrais: A noite vai coma un río e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959).

Narrativa de Ánxel Fole

Os catro libros principais que publicou son volumes de contos: Á lus do candil (1953) e Terra brava (1955) están relacionados. Ambos reflicten o mundo rural das terras do Courel e do Incio, e recorren a unha estrutura narrativa parecida: recoller os relatos que varias persoas contan nunha conversa ao redor da lareira ou mesa, moi comúns no mundo rural da época. Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981) están ambientados nun mundo urbano de Lugo, pero con elementos presentes do conto de medo e misterio característico dos anteriores. Nos seus libros emprega unha lingua rica e enxebre, xa que o seu galego é o recollido entre as terras do Courel, con moitos dialectismos e barbarismos. Fole móstrase baixo a figura de contador de contos.

A Nova Narrativa Galega (1954-1970)

Movemento renovador da narrativa caracterizado por:

  • Protagonizada por autores/as novos e con formación universitaria.
  • Rexeita argumentos convencionais e lóxicos, así como personaxes tradicionais.
  • Racha coas formas de narrar tradicionais (narrador omnisciente en 3ª persoa) e opta por: 1ª persoa, narración epistolar, etc.
  • Concibe ao ser humano como obxecto, normalmente degradado.
  • Renuncia á linearidade temporal e á localización temporal concreta.
  • Renega do enxebrismo, procurando a universalidade dos textos.
  • Espazos urbanos, desbotando o ruralismo.
  • Temas como sexo, violencia e absurdo existencial.
  • Recibe influencias do Nouveau Roman e de escritores como Joyce, Camus, Proust...

Autores e obras destacadas

  • Gonzalo Rodríguez Mourullo: Nasce un árbore (1954) e Memorias de Tains (1956).
  • X. Luís Méndez Ferrín: Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1961) e Arrabaldo do norte (1964).
  • Xohán Casal: O camiño de abaixo (1970).
  • M. Xosé Queizán: A orella no buraco (1965).
  • Camilo Gonsar: Lonxe de nós e dentro (1961) e Como calquera outro día (1962).
  • Xohana Torres: Adiós, María (1971).
  • Carlos Casares: Vento ferido (1967) e Cambio en tres (1969).

Traxectorias individuais

X. Luís Méndez Ferrín

Publica o seu primeiro libro de relatos (Percival e outras historias) con 20 anos. A partir de 1980 publica: Arraianos; Arnoia, Arnoia; Bretaña, Esmeraldina; No ventre do silencio. Desenvolve unha obra poética de temática comprometida e gran riqueza formal: Poesía enteira de Heriberto Bens; Con pólvora e magnolias.

Carlos Casares

Cultiva sobre todo a narrativa. Nos anos 60 publica: Vento ferido; Cambio en tres. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido (onde fai un retrato da súa xeración). Despois veñen o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas: Ilustrísima; Os mortos daquel verán; Deus sentado nun sillón azul; O sol do verán.

Situación sociolingüística en España

España é un Estado plurilingüe, con 7 linguas autóctonas: galego, asturleonés, castelán, éuscaro, aragonés, catalán e aranés. O plurilingüismo é oficial, aínda que o trato das distintas linguas sexa desigual. A única lingua oficial é o castelán, e o resto poden ser ou non cooficiais dependendo da comunidade autónoma.

  • Éuscaro: Cooficial en Euskadi e Navarra. Fálase tamén en Francia, no País Vasco francés, pero sen recoñecemento oficial.
  • Catalán: Cooficial en Cataluña, Baleares e Valencia (valenciano). Fálase tamén no leste de Aragón e Murcia, pero sen status legal. Fora do país: Andorra (lingua oficial); sarda de Alguer (cooficial co italiano e sardo); Rosellón francés (non oficial).
  • Asturleonés: Fálase en Asturias, León e Zamora (cooficial); Miranda do Douro (oficial).
  • Aragonés: Fálase no norte de Huesca (non cooficialidade, si "protección").
  • Aranés: Fálase no Val d'Arán (cooficial co castelán) e Cataluña (oficial).

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que características ten a Nova Narrativa Galega?

É un movemento renovador da narrativa (1954-1970) protagonizado por autores novos e con formación universitaria. Rexeita os argumentos convencionais, renega do enxebrismo e prefire os espazos urbanos e temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial.

Que obras destacan de Ánxel Fole?

Os seus catro libros principais son volumes de contos: Á lus do candil (1953), Terra brava (1955), Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981). Os dous primeiros reflicten o mundo rural e os dous últimos un ambiente urbano de Lugo.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que ano nace Álvaro Cunqueiro?
2. Que personaxe protagoniza a novela Merlín e familia?
3. Que ambiente reflicten os contos de Á lus do candil e Terra brava?
4. Cal é unha das características da Nova Narrativa Galega?
5. Que autor publica Vento ferido e Cambio en tres nos anos 60?
6. Cal é a única lingua oficial en todo o Estado español?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.