A poesía galega de transición e as Irmandades da Fala no século XX: Noriega e Cabanillas
Resumen
O texto presenta a literatura galega a comezos do século XX, tempo das Irmandades da Fala (1916) e do agrarismo. Analiza a poesía de transición entre séculos de Antón Noriega Varela e Ramón Cabanillas, as etapas da obra deste último e outros autores do período. Permite comprender a evolución da poesía galega desde o Rexurdimento ata a renovación modernista.
Puntos clave
- As Irmandades da Fala constituíronse na Coruña en 1916 e defendían a autonomía integral de Galicia e a oficialización da lingua galega.
- Antón Noriega Varela (1869-1947) é un poeta de transición entre séculos, con poesía costumista (Montañesas, Do ermo) e lirismo da natureza.
- Ramón Cabanillas Enríquez é considerado o poeta da raza e pasa por etapas pregaleguista, galeguista, mítica e de posguerra.
- Na Noite Estrelecida (1926) galeguiza a Materia de Bretaña, convertendo Galicia en protagonista da obra.
- O agrarismo foi un movemento social do campesiñado que loitou pola abolición dos foros, con asociacións como Solidariedade Galega, Unión Campesiña e Acción Galega, fundada por Basilio Álvarez.
Contexto Histórico e Social da Literatura Galega no Século XX
A literatura galega nas portas do século XX recolle a herdanza doRexurdimento, pero as novas ideas e a nova situación social van modificando o panorama literario. A sociedade galega coñeceu nas primeiras décadas do século XX unha actividade sen precedentes dende había moito tempo e a nova literatura será reflexo da nova situación. Os poetas do tempo dasIrmandades da Fala (1916) van superando os esquemas da literatura decimonónica e abrindo novos horizontes cunha clara apertura aos movementos literarios da época.
Asistimos nos primeiros anos do século XX a profundos cambios sociais en Galicia: o derrube definitivo da fidalguía, a consolidación dunha pequena burguesía industrial e financeira e, sobre todo, o movemento agrario, no que o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e dos sindicatos. Estes cambios están directamente ligados aos dous máximos representantes desta xeración que se move a cabalo entre dous séculos: Antón Noriega Varela e Ramón Cabanillas.
As Irmandades da Fala: Ideoloxía e Impacto
Por outra banda, asIrmandades da Fala constituíronse na Coruña en 1916. Os irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte foron dous dos seus líderes.A Nosa Terra, periódico voceiro das Irmandades, espalla o ideario deste movemento que podemos resumir en dous grandes obxectivos:
- Autonomía integral para Galicia no camiño dunha federación de pobos libres da Península Ibérica.
- Oficialización da lingua no noso país.
Os Poetas de Transición: Ponte entre Séculos
Neste contexto social e político xorden Antón Noriega Varela, Ramón Cabanillas Enríquez, Gonzalo López Abente e Xerardo Álvarez Limeses como os máis xenuínos representantes dos poetas que serven de ponte entre o legado decimonónico e a literatura galega do século XX, aínda que sen conciencia de grupo xeracional, illados e sen conexión. Quizais o único aglutinante foi o agrarismo de Basilio Álvarez.
Antón Noriega Varela (1869-1947)
Antón Noriega Varela é o primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños. Podemos consideralo o máis destacado representante dunha xeración de transición ou “antre dous séculos” (Méndez Ferrín): por unha parte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa.
Sendo amigo de Antón Vilar Ponte, este pono en contacto co movemento agrarista. Compón poemas cívicos alentando á loita agraria e forma parte da redacción do periódico localGuau Guau, de carácter anticaciquil. Trasladado a Ourense, coñece a Otero Pedrayo quen o poñerá en contacto coa literatura portuguesa que deixará unha innegable pegada na súa produción poética. Posteriormente, Noriega reacciona contra o modernismo e reafirma a súa estética de lirismo paisaxístico renegando das novas tendencias poéticas ao tempo que se desvencella progresivamente do movemento agrarista.
Características da Súa Obra
É autor dun único libro que coñeceu sucesivas transformacións e que apareceu co títuloMontañesas (1904 e 1910) e logo co deDo ermo (1920, 1929 e 1946). Os aspectos máis salientables da súa obra son:
- Poesía costumista. Composicións que se manteñen na liña do realismo costumista característico do século XIX a través das que expresa nun ton popular a dura vida dos labregos e tamén as alegrías festeiras da aldea. Realiza unha descrición da vida rural, desde unha óptica conservadora que reacciona contra toda novidade e innovación porque desfigura a súa esencia enxebre. Tamén escribiu poesía cívica, relacionada co agrarismo e suprimida na última edición.
- Lirismo da natureza. A actitude dominante nestas breves composicións é a tenrura polas cousas humildes da paisaxe montesía. O poeta identifícase coa sociedade do ermo, que alimenta a súa lírica de humildade franciscana. Nos 21 sonetos, o poeta abandona a fala popular e introduce numerosos cultismos, moitos deles tirados do portugués, por influencia de autores portugueses como Antero de Quental ou Teixeira de Pascoaes, coidando a musicalidade do verso e cunha actitude esteticista e culturalista que os diferenza das composicións breves.
Ramón Cabanillas Enríquez: O Poeta da Raza
Ramón Cabanillas Enríquez, o poeta da raza, recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros (toda a tradición) introducindo elementos renovadores modernistas.
Etapas da Obra de Cabanillas
Pódense distinguir catro etapas na súa obra:
- Etapa pregaleguista ou agrarista.No Desterro (1913) eVento Mareiro (1915). De forma e temática do Rexurdimento (Rosalía e Curros), nos dous libros altérnanse poemas de carácter intimista, costumista e agrarista (anticaciquil). Estes últimos, rabiosos e incendiarios, que mostran a súa solidariedade cos labregos na súa loita pola redención dos foros, son os máis coñecidos. Algúns poemas como “Acción Galega” ou “A Basilio Álvarez” chegan a ser verdadeiros símbolos populares e converten a Cabanillas en herdeiro natural de Curros. Hai tamén poemas costumistas de influencia modernista.
- Etapa galeguista (ata 1920). O libro representativo éDa Terra Asoballada (1917). Cabanillas convértese no poeta civil de Galicia. A oposición xa non é cacique/labrego, senón Galicia/Castela.
- Etapa mítica (1921-30). No 1926 escribe tres longos poemas narrativos: “A espada Escalibor”, “O Cabaleiro do Sant-Grial” e “O sono do rei Artur”, que compoñen o libroNa Noite Estrelecida. Cabanillas emprende unha actualización da Materia de Bretaña, galeguizándoa e adaptándoa para conseguir unha mensaxe nacionalista. É unha reconstrución mítica do pasado.
- Etapa de posguerra (1950-59). Non escribe poesía entre 1930-1950. Os seus últimos libros sonDa miña zanfona (1954) eSamos (1958), libros cheos de desenganos e morriña. Neste último, evocador e panteísta, Cabanillas recupera a súa maior altura poética.
Liñas Poéticas
Na súa obra poética podemos diferenciar dúas grandes liñas:
- Poesía lírica: Dende o seu primeiro libro,No desterro, a poesía lírica de Cabanillas maniféstase en tres direccións principais: a poesía social ou combativa, de carácter agrarista e anticaciquil (o que lle vale o apelativo de sucesor de Curros); a poesía de tipo intimista (que pode lembrar a Rosalía); e a poesía costumista onde se poden observar as pegadas do Modernismo.
- Poesía narrativa: Un dos aspectos máis significativos da poesía de Cabanillas é a súa épica. Xa publicara en 1925O bendito San Amaro, un poema que narra brevemente a lenda dese santo galego, pero a súa contribución principal a este xénero son os libros tituladosNa Noite Estrelecida eSamos.
A Épica de Cabanillas
Na Noite Estrelecida (1926) recolle temas da Materia de Bretaña. “A espada Escalibur”, “O cabaleiro do Santo Grial” e “O sono do rei Artur” son as tres sagas que conforman este poema. Cabanillas galeguiza esta tradición da Materia de Bretaña e insúflaa coas arelas de redención e liberdade da nosa Terra. Galicia convértese en protagonista da obra.
O PoemaSamos (1958) pode ser considerado épica, pero ten un carácter máis descritivo que narrativo, e moitas partes son puramente líricas.
Outros Autores do Tempo das Irmandades
A produción literaria durante o período das Irmandades da Fala foi diversa e prolífica:
Poesía
- Gonzalo López Abente
- Victoriano Taibo
- Antonio Rei Soto
Prosa
- Antón Villar Ponte
- Ramón Villar Ponte
- Xoán Vicente Viqueira
- Leandro Carré Alvarellos
- Xosé Lesta Meis
Teatro
- Antón Villar Ponte
- Leandro Carré Alvarellos
- Armando Cotarelo Valledor
- Xaime Quintanilla Martínez
O Movemento Agrario ou Agrarismo
Trátase dun movemento social e político do campesiñado, que se organiza para loitar pola abolición dos foros e pola modernización do sector agrario. Xorden neste momento asociacións nas que participan activamente:Solidariedade Galega (1907),Unión Campesiña (1910) ouAcción Galega (1910). Esta última, a máis importante, foi fundada por Basilio Álvarez, abade de Beiro (Ourense).
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Quen fundou as Irmandades da Fala?
As Irmandades da Fala constituíronse na Coruña en 1916. Entre os seus líderes estaban os irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte, e o seu periódico voceiro era A Nosa Terra.
Cales son as etapas da obra de Ramón Cabanillas?
O texto distingue catro etapas: pregaleguista ou agrarista, galeguista (ata 1920), mítica (1921-30) e de posguerra (1950-59). Cada unha ten libros e temas propios.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.