A Literatura Galega e as Irmandades da Fala: Transición e Renovación Poética no Século XX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,97 KB
Contexto Histórico e Social da Literatura Galega no Século XX
A literatura galega nas portas do século XX recolle a herdanza doRexurdimento, pero as novas ideas e a nova situación social van modificando o panorama literario. A sociedade galega coñeceu nas primeiras décadas do século XX unha actividade sen precedentes dende había moito tempo e a nova literatura será reflexo da nova situación. Os poetas do tempo dasIrmandades da Fala (1916) van superando os esquemas da literatura decimonónica e abrindo novos horizontes cunha clara apertura aos movementos literarios da época.
Asistimos nos primeiros anos do século XX a profundos cambios sociais en Galicia: o derrube definitivo da fidalguía, a consolidación dunha pequena burguesía industrial e financeira e, sobre todo, o movemento agrario, no que o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e dos sindicatos. Estes cambios están directamente ligados aos dous máximos representantes desta xeración que se move a cabalo entre dous séculos: Antón Noriega Varela e Ramón Cabanillas.
As Irmandades da Fala: Ideoloxía e Impacto
Por outra banda, asIrmandades da Fala constituíronse na Coruña en 1916. Os irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte foron dous dos seus líderes.A Nosa Terra, periódico voceiro das Irmandades, espalla o ideario deste movemento que podemos resumir en dous grandes obxectivos:
- Autonomía integral para Galicia no camiño dunha federación de pobos libres da Península Ibérica.
- Oficialización da lingua no noso país.
Os Poetas de Transición: Ponte entre Séculos
Neste contexto social e político xorden Antón Noriega Varela, Ramón Cabanillas Enríquez, Gonzalo López Abente e Xerardo Álvarez Limeses como os máis xenuínos representantes dos poetas que serven de ponte entre o legado decimonónico e a literatura galega do século XX, aínda que sen conciencia de grupo xeracional, illados e sen conexión. Quizais o único aglutinante foi o agrarismo de Basilio Álvarez.
Antón Noriega Varela (1869-1947)
Antón Noriega Varela é o primeiro que marca timidamente o comezo de novos camiños. Podemos consideralo o máis destacado representante dunha xeración de transición ou “antre dous séculos” (Méndez Ferrín): por unha parte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra podemos ver nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa.
Sendo amigo de Antón Vilar Ponte, este pono en contacto co movemento agrarista. Compón poemas cívicos alentando á loita agraria e forma parte da redacción do periódico localGuau Guau, de carácter anticaciquil. Trasladado a Ourense, coñece a Otero Pedrayo quen o poñerá en contacto coa literatura portuguesa que deixará unha innegable pegada na súa produción poética. Posteriormente, Noriega reacciona contra o modernismo e reafirma a súa estética de lirismo paisaxístico renegando das novas tendencias poéticas ao tempo que se desvencella progresivamente do movemento agrarista.
Características da Súa Obra
É autor dun único libro que coñeceu sucesivas transformacións e que apareceu co títuloMontañesas (1904 e 1910) e logo co deDo ermo (1920, 1929 e 1946). Os aspectos máis salientables da súa obra son:
- Poesía costumista. Composicións que se manteñen na liña do realismo costumista característico do século XIX a través das que expresa nun ton popular a dura vida dos labregos e tamén as alegrías festeiras da aldea. Realiza unha descrición da vida rural, desde unha óptica conservadora que reacciona contra toda novidade e innovación porque desfigura a súa esencia enxebre. Tamén escribiu poesía cívica, relacionada co agrarismo e suprimida na última edición.
- Lirismo da natureza. A actitude dominante nestas breves composicións é a tenrura polas cousas humildes da paisaxe montesía. O poeta identifícase coa sociedade do ermo, que alimenta a súa lírica de humildade franciscana. Nos 21 sonetos, o poeta abandona a fala popular e introduce numerosos cultismos, moitos deles tirados do portugués, por influencia de autores portugueses como Antero de Quental ou Teixeira de Pascoaes, coidando a musicalidade do verso e cunha actitude esteticista e culturalista que os diferenza das composicións breves.
Ramón Cabanillas Enríquez: O Poeta da Raza
Ramón Cabanillas Enríquez, o poeta da raza, recolle a inquedanza de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros (toda a tradición) introducindo elementos renovadores modernistas.
Etapas da Obra de Cabanillas
Pódense distinguir catro etapas na súa obra:
- Etapa pregaleguista ou agrarista.No Desterro (1913) eVento Mareiro (1915). De forma e temática do Rexurdimento (Rosalía e Curros), nos dous libros altérnanse poemas de carácter intimista, costumista e agrarista (anticaciquil). Estes últimos, rabiosos e incendiarios, que mostran a súa solidariedade cos labregos na súa loita pola redención dos foros, son os máis coñecidos. Algúns poemas como “Acción Galega” ou “A Basilio Álvarez” chegan a ser verdadeiros símbolos populares e converten a Cabanillas en herdeiro natural de Curros. Hai tamén poemas costumistas de influencia modernista.
- Etapa galeguista (ata 1920). O libro representativo éDa Terra Asoballada (1917). Cabanillas convértese no poeta civil de Galicia. A oposición xa non é cacique/labrego, senón Galicia/Castela.
- Etapa mítica (1921-30). No 1926 escribe tres longos poemas narrativos: “A espada Escalibor”, “O Cabaleiro do Sant-Grial” e “O sono do rei Artur”, que compoñen o libroNa Noite Estrelecida. Cabanillas emprende unha actualización da Materia de Bretaña, galeguizándoa e adaptándoa para conseguir unha mensaxe nacionalista. É unha reconstrución mítica do pasado.
- Etapa de posguerra (1950-59). Non escribe poesía entre 1930-1950. Os seus últimos libros sonDa miña zanfona (1954) eSamos (1958), libros cheos de desenganos e morriña. Neste último, evocador e panteísta, Cabanillas recupera a súa maior altura poética.
Liñas Poéticas
Na súa obra poética podemos diferenciar dúas grandes liñas:
- Poesía lírica: Dende o seu primeiro libro,No desterro, a poesía lírica de Cabanillas maniféstase en tres direccións principais: a poesía social ou combativa, de carácter agrarista e anticaciquil (o que lle vale o apelativo de sucesor de Curros); a poesía de tipo intimista (que pode lembrar a Rosalía); e a poesía costumista onde se poden observar as pegadas do Modernismo.
- Poesía narrativa: Un dos aspectos máis significativos da poesía de Cabanillas é a súa épica. Xa publicara en 1925O bendito San Amaro, un poema que narra brevemente a lenda dese santo galego, pero a súa contribución principal a este xénero son os libros tituladosNa Noite Estrelecida eSamos.
A Épica de Cabanillas
Na Noite Estrelecida (1926) recolle temas da Materia de Bretaña. “A espada Escalibur”, “O cabaleiro do Santo Grial” e “O sono do rei Artur” son as tres sagas que conforman este poema. Cabanillas galeguiza esta tradición da Materia de Bretaña e insúflaa coas arelas de redención e liberdade da nosa Terra. Galicia convértese en protagonista da obra.
O PoemaSamos (1958) pode ser considerado épica, pero ten un carácter máis descritivo que narrativo, e moitas partes son puramente líricas.
Outros Autores do Tempo das Irmandades
A produción literaria durante o período das Irmandades da Fala foi diversa e prolífica:
Poesía
- Gonzalo López Abente
- Victoriano Taibo
- Antonio Rei Soto
Prosa
- Antón Villar Ponte
- Ramón Villar Ponte
- Xoán Vicente Viqueira
- Leandro Carré Alvarellos
- Xosé Lesta Meis
Teatro
- Antón Villar Ponte
- Leandro Carré Alvarellos
- Armando Cotarelo Valledor
- Xaime Quintanilla Martínez
O Movemento Agrario ou Agrarismo
Trátase dun movemento social e político do campesiñado, que se organiza para loitar pola abolición dos foros e pola modernización do sector agrario. Xorden neste momento asociacións nas que participan activamente:Solidariedade Galega (1907),Unión Campesiña (1910) ouAcción Galega (1910). Esta última, a máis importante, foi fundada por Basilio Álvarez, abade de Beiro (Ourense).