Literatura Galega: Análise de Autores e Lingua
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 12,88 KB
Características do Conto Oral en Anxel Fole
As características máis salientables do conto oral na narrativa de Anxel Fole son:
- Constante uso de refráns.
- Chamadas de atención aos supostos oíntes.
- Fórmulas de apertura (ex.: "Xa hai moito tempo...").
- Cara ao final, conclusión contextual e de carácter didáctico (refrán popular).
- Narración en espiral: un conto trae outro e así sucesivamente.
- O galego utilizado aparece mesturado con frecuentes barbarismos e dialectalismos.
- O narrador actúa como testemuña.
Relación entre Pimentel, Iglesia Alvariño e Díaz Castro
Pimentel, Iglesia Alvariño e Díaz Castro manteñen unha estreita relación tanto na súa vida coma nas súas obras. Os tres publicaron na mesma época. Aínda que Pimentel non pertence á xeración do 36, a súa obra si é contemporánea á de Iglesia Alvariño e Díaz Castro. En canto ás súas características persoais:
- Son orixinarios da provincia de Lugo.
- Cursaron estudos superiores e combinaron os seus respectivos traballos co seu labor literario.
- Como autores coetáneos, viviron de preto a negra sombra da ditadura, así como os duros anos da posguerra.
Na súa obra literaria tamén podemos atopar trazos comúns:
- A dor, os sentimentos, a visión pesimista da vida, a soidade ou o paso do tempo son temáticas que atopamos nas obras dos tres lucenses.
- A vida, o amor ou a nostalxia pola infancia perdida son temáticas recorrentes nos textos dos tres autores.
Vocabulario (Páxina 116, exercicio 1)
Teimar: verbo. Insistir nunha idea ou costume fixos que non se poden apartar da cabeza.
Estarabouzar: verbo. Meterse nun ruído, barullar.
Irisada: adxectivo. Que presenta reflexos e brilla de distintas cores, semellantes aos do arco da vella.
Embozado: verbo. Tapar a parte inferior do rostro cunha peza de tea.
Enxoito: adxectivo. De poucas carnes, delgado.
Raxo: substantivo. Cada unha das dúas tiras de carne magra situadas ao longo do lombo do porco, unidas ao espiñazo.
Morro: substantivo. Parte da cabeza dalgúns animais, onde están a boca e o nariz.
Zorza: substantivo. Carne de porco picada e adubada para facer chourizos.
Chanzaina: substantivo. Longaínza, embutido feito coas tripas grosas que se fai aproveitando a carne ruín do porco e as vísceras.
Roxón: substantivo. Residuos das distintas partes e graxa do porco, unha vez extraída a manteiga ou pingo.
Análise de Complementos Circunstanciais
Sempre – CCT, adverbio. Unha mañá enteiriña: CCT, frase nominal.
Máis que nada – CCCantidade, frase adverbial. Esoutro día: CCT, frase nominal.
Nunca: CCN, adverbio. A un anticuario: CCL, frase preposicional.
Tarde: CCT, adverbio. Esa mañá: CCT, frase nominal.
Aos sitios todos: CCL, frase preposicional. Por ruído: CCCausa, frase preposicional.
Alí: CCL, adverbio. Para falta de puntualidade: CCFinalidade, frase preposicional.
Acolá: CCL, adverbio. De debaixo das mantas: CCL, frase preposicional.
No botón: CCL, frase preposicional. Seis e media: CCT, frase nominal.
Con tal forza e tanta carraxe: CCM, frase nominal. Aló: CCL, adverbio.
De abaixo: CCL, frase preposicional. Todas as mañás: CCT, frase nominal.
Funcións Sintácticas
- Di que funcións sintácticas desempeñan:
- Sempre (CCT) se rin de min (suplemento) [cando chego tarde (CCT)] á clase (CCL).
- Fíxolles (CD) un retrato moi orixinal (CD) a María (CI) con rotuladores (CCInstrumento).
- Hai anos (CCT) dediqueime a coleccionar moedas de distintos países (suplemento).
- Divertímonos (CI) moito (CCCantidade) con Xosé aquel día (CCT).
- Ser un xenio (suxeito) consiste en facer unha obra de arte con calquera obxecto (suplemento).
Influencia da Ditadura na Literatura Galega
A comezos de 1931, estando vixente a Segunda República, España viviu unha etapa de grande esplendor a nivel político e cultural. Mais co alzamento do 18 de xullo de 1936, este alentador panorama tocou a súa fin. O golpe de estado do xeneral Franco supuxo un cambio de réxime e de goberno radical e trouxo consigo unha nova ideoloxía baseada na uniformidade idiomática e cultural de España. No ensino implantouse a prohibición da lingua galega. O galego desapareceu da vida oficial, dos xornais e do eido cultural. Así foi que España enteira comezou a vivir un clima de represión e opresión onde se iniciou un fervoroso período no que se prohibiron os partidos políticos contrarios ao novo réxime, negáronse os dereitos sindicais, pecháronse xornais e revistas e exterminouse a liberdade de expresión cultural dos pobos, entre eles, o galego.
Galicia tivo que sufrir, ao igual que o conxunto español, 40 anos de ditadura. Durante ese longo período o medo a usar a propia lingua entre os galegos disparouse. Xornais e editoriais que empregaban a lingua galega viron como se lle pechaban as portas dos seus locais. Aqueles que dende Galicia convivían dun xeito distinto de entenderse a si mesmos foron enviados ao exilio ou asasinados.
Nomes de Bosques
Piñeiros: piñeiral. Álamas: alameda.
Carballos: carballeira. Castiñeiras: souto.
Maceiras: maceiral. Salgueiros: salgueiral.
Sabugueiros: sabugado. Sanguiños: sanguiñedo.
Expresións con "Orella"
Agachar as orellas: amolarse.
Ser duro de orella: ser algo xordo.
Ensinar a orella: descubrir as intencións, sen querer.
Oír con orellas xordas: finxir que non se ve.
Quentar as orellas: arrearlle a alguén.
Verlle as orellas ao lobo: estar ás portas dun perigo.
Relacionar Termos Parlamentarios
- Tribuna de orador.
- Escanos.
- Mesa do parlamento.
- Parlamentario.
- Taquígrafo.
- Vicepresidente.
- Portavoz.
- Conserxe.
- Taboleiro.
- Presidente do parlamento.
- Hemiciclo.
Completar con Termos Políticos
A oposición esixiu o cesamento do responsable da desafortunada decisión.
Presentaron unha moción no congreso do partido para reprobar a xestión do secretario xeral.
A maioría dos militantes do partido acudiron á festa do 1º de maio.
Os alumnos de 3º da ESO visitaron o parlamento galego e realizaron unha sesión parlamentaria.
A oposición presentou un cento de emendas á Lei de Ordenación Universitaria.
Cada partido nomeou dous vogais para formar parte da comisión de investigación.
O próximo xoves vaise celebrar unha asemblea da asociación de veciños para renovar a Xunta directiva.
Sinónimos
- Na reunión do pasado luns foron elixidos os compromisarios para o congreso do partido. -> delegados.
- O Estatuto de autonomía foi aprobado en referendo polo pobo galego no ano 1981. -> plebiscito.
- O portavoz do grupo parlamentario presentou as emendas do seu partido á Lei de calidade do ensino. -> voceiro.
- Un grupo de militantes presentou unha moción para reformar os estatutos do partido no referente á elección do presidente. -> proposta.
- Todos os partidos están a celebrar asembleas comarcais para elixir os candidatos provinciais para as próximas eleccións ao Parlamento. -> xuntanzas.
- A concelleira de urbanismo anunciou que o novo plan de ordenación urbana estaría aprobado no presente ano. -> edil.
Diferenzas entre Termos
Dimisión/Cesamento:
Dimisión: comunicación de abandonar un cargo que se desempeñaba.
Cesamento: acción e efecto de deixar de realizar as actividades dun cargo.
Votar/Botar:
Votar: expresar a opinión ou participar na elección mediante o voto.
Botar: facer que unha cousa chegue a determinado lugar mediante un impulso.
Conselleiro/Concelleiro:
Conselleiro: persoa responsable de cada un dos departamentos do goberno autónomo de Galicia.
Concelleiro: cada un dos membros que xunto co alcalde teñen ao seu cargo a administración dun municipio; edil.
Impostos/Taxas:
Impostos: cantidade obrigatoria que os cidadáns pagan ao estado para sufragar as necesidades públicas.
Taxas: cantidade de diñeiro que pagan os cidadáns aos entes públicos pola prestación dun determinado servizo.
Definicións
- Número mínimo de membros dunha asemblea presentes para que teñan validez os acordos tomados: quórum.
- Reunión xeral dunha corporación á que deben asistir todos os seus membros: pleno.
- Escrito mediante o cal se solicita algo de maneira formal: solicitude.
- Persoa que ten dereito a participar nunha elección: elector/a.
- Resolución, decisión dun xefe de estado, goberno ou autoridade: decreto.
- Facultade que ten unha persoa para resolver un asunto: competencia.
- Conxunto de regras que regulan unha actividade ou funcionamento dun organismo: regulamento.
- Asemblea lexislativa: cámara.
Análise de Complementos Directos (CD)
Ábrelle as portas: nominal.
Dálle os teus seos: nominal.
Deixa ese tufo acedo que te abafa: nominal.
Esquece estas mortallas: nominal.
Estiña as túas bágoas: nominal.
Arrumba a desesperanza: nominal.
Non deixes que te aldraxen: cláusula.
Pensa nas albas: preposicional.
Ponlles cerco ás lembranzas: substantivo.
Deixa entrar a mañá clara: nominal.
O seu dereito a entrar en cada casa: frase nominal.
Análise Sintáctica dos CD
Con preposición: pensa nas albas.
Sen preposición: esquece estas mortallas.
Complementos Indirectos (CI) do Poema
Ábrelle, dálle, ponlles ás lembranzas que te atan.
Identificar CD e CI
A meu irmán: CI.
O seu aniversario: CD.
A min: CI.
A casa: CD.
A Xoán: CI.
Que vou acabar moi tarde: CD.
Converter a Pasivas
Aquel muro de pedra (suxeito) foi derrubado polo vehículo (complemento axente).
A costeleta (suxeito) foi comida polo can (complemento axente).
As cadeiras (suxeito) foron colocadas polos operarios (complemento axente) en catro filas.
As luces (suxeito) do garaxe foron prendidas por miña irmá (complemento axente).
Clasificación de Palabras
Vémonos: pronome. Me: pronome.
Reunirme: pronome. Aquí: adverbio de lugar.
Ela: pronome. Sabédelo: pronome.
Desprazarme: pronome. Me: pronome.
Agora: adverbio de tempo.
Nesta: demostrativo.
Introducir Puntuación e Expresións
- Non quero nin falar del, ese tipo é un... mellor calo.
- Viaxou por moitos países: Arxentina, Francia, Chile... que sei eu! Non paraba nin para descansar.
- Le de todo: novelas, poesía, cómics... Non para de ler en todo o día.
- A capital de Exipto é... é... Recoñézoo, non me acordo.