Literatura Galega: Agrarismo, Irmandades da Fala, Ramón Cabanillas, Grupo Nós e Vicente Risco

Enviado por oscar y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,93 KB

O agrarismo

O agrarismo era un movemento reivindicativo dos campesiños contra os foros, o caciquismo e os impostos que condenaban aos labregos á miseria e á emigración.

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala tiveron como persoaxe principal a Antón Vilar Ponte. Os seus obxectivos eran reivindicar a lingua e a cultura en Galiza: a coacidialidade lingüística entre galego e castelán, a autonomía para Galiza, o ingreso das nacionalidades na Liga das Nacións e o federalismo con Portugal. Pero o que fixeron foi:

  • o emprego do galego na vida pública;
  • desenvolver o teatro;
  • crear o Seminario de Estudos Galegos, institución científica que realizou un traballo de investigación e interpretación da realidade de Galiza. Foi fundado en 1923 por estudantes e algúns profesores da Universidade de Santiago.

Ramón Cabanillas

Seguía a tradición do século XIX e utilizaba o modernismo (inclinación cara ao sensual e o colorista, o gusto polo exótico, a procura dos elementos mitolóxicos). A súa poesía serve de ponte entre a poesía decimonónica e as vangardas literarias que xorden nos anos vinte.

Poesía lírica

No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada e A rosa de cen follas.

Poesía cívica

Influída polo compromiso co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades. Exalta a aldea fronte á cidade, Galiza como unha unidade colectiva e unha chamada á revelación.

Poesía intimista

Sentimento amoroso e conmoción fronte á paisaxe, en A rosa de cen follas.

Poesía costumista

Matices humorísticos e irónicos, e novidades formais de carácter modernista que a afastan da poesía costumista do século XIX.

Poesía narrativa

Poemario orientado cara á recuperación das raíces e a creación de mitos como xeito de mobilizar a conciencia colectiva. En Na noite estremecida desenvolve a temática artúrica de acordo cos postulados das Irmandades e coa visión de Vicente Risco en defensa dos valores espirituais e materiais do atlantismo galeguista. Consta de tres sagas: A espada Escalibor, O chaleiro do Santo Graal e O sono do rei Artur. O bendito San Amaro narra o pecado, a penitencia e os milagres de don Amaro de Aventei.

Teatro

A man de Santiña, comedia de tema amoroso e ambiente fidalgo, e O Maricastañas, un drama sobre o mariscal Pardo de Cela como símbolo da oposición galega ao centralismo dos Reis Católicos.

O Grupo Nós

O Grupo Nós está formado por Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas. Son unha xeración de inadaptados que non atopan acomodo no mundo que lles tocou vivir. Intentaron modificar e modernizar o pensamento e as actitudes da sociedade galega. Crearon a revista Nós, que supuxo un paso definitivo na cultura galega.

Vicente Risco

Estes relatos baséanse no intelectualismo e o didactismo. A trabe de ouro, A trabe de alquitrán e A velliña vella comparan a nosa identidade coas orixes celtas e os valores do cristianismo. O porco de pé é unha crítica á burguesía.

Teatro e ensaio

O bufón del rei (teatro). O ensaio trata sobre o Grupo Nós e Un viaxe por Centroeuropa.

Otero Pedrayo

Defende o cristianismo e a tradición, opóñse ao materialismo e á modernidade e rexeita o capitalismo. Na súa narrativa recrea o mundo rural dos labregos e hidalgos. Ten unha novela de asunto histórico.

Entradas relacionadas: