Literatura Galega entre 1936 e 1976: Poesía, Prosa e Teatro
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 1,04 KB
A Poesía entre 1936 e 1976
A poesía destes anos de recuperación cultural maniféstase en diversas direccións. Por un lado, continúa coas tendencias do primeiro terzo do século (imaxinismo, neotrobadorismo, clasicismo, realismo); por outro lado, xorden dúas novas direccións, sendo a poesía de compromiso social a que ocuparía un lugar permanente nas décadas de 1960 e 1970.
A Promoción do Enlace
Está formada por poetas que naceron entre 1920 e 1930. O seu acceso á cultura prodúcese nos anos 40 e toman os seus modelos da literatura española. A crítica sinala que este grupo carece de unidade creativa e de liñas poéticas propias.
A Xeneración dos 50 ou Xeneración das Festas Minervais
Está formada por autores nacidos na década dos 30 e caracterízase por:
- A modernización da poesía galega, superando o existencialismo angustiado.
- A proposta dunha nova linguaxe plástica.
- A redefinición do nacionalismo político tras distanciarse do galeguismo culturalista.