A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 21,11 KB
A poesía entre 1936 e 1975
En Galicia desde 1936 non se publica un libro de poemas ata 1947,
Cómaros verdes
. No 1949 sae en Pontevedra a Colección
Benito Soto, dirixida por Celso Emilio Ferreiro.
Podemos falar de tres xeracións poéticas diferentes que publican ao mesmo tempo:
1. Xeración do 36
Poetas nados entre 1910-20; a guerra cólleos na súa xuventude. Son poetas de culturas e estilos moi diferentes:
A. Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño, María Mariño, etc.
2. Promoción de Enlace, nados entre 1920-30. Tampouco son un grupo coherente. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e bastante illados da cultura europea:
Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás
..
3
. Poetas das "Festas Minervais", nados entre 1930-40, non coñecen a Guerra Civil:
Manuel María, Uxío Novoneyra, Xoana Torres, ou
Méndez Ferrín
... Neles xa existe unha conciencia de grupo, participan nas Festas Minervais universitarias ou na creación do grupo Brais Pinto
Estes autores seguen as tendencias anteriores: hilozoísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista... Logo irán aparecendo formas novas como o intimismo ou o clasicismo. Destaca a Escola da tebra ou "poesía do neboeiro": poesía intimista e pesimista da vida. A finais dos 50 xorde o Realismo coloquial, que foxe da linguaxe poética tradicional e explora as posibilidades da linguaxe da rúa abrindo o camiño á poesía socialrealista
Centrarémonos nos seguintes poetas:
1. Celso Emilio Ferreiro
. Liñas:
Intimista, influenciada polo existencialismo
: un presente pesimista, cheo de soidade e desacougo; nostalxia da infancia perdida en Celanova. Escribiu tamén poemas amorosos para Moraima.
Satírica, fortemente corrosiva e crítica, que lembra as cantigas de escarnio medievais, ou o Quevedo máis mordaz.
Socialrealista, cunha linguaxe coloquial e directa. Temas: a Guerra Civil, a explotación dos traballadores, o imperialismo, a ameaza nuclear ou o racismo.
Longa noite de pedra (1962) é unha das obras da nosa literatura máis veces reeditada. O seu título converteuse nunha metáfora da ditadura franquista.
2. Uxío Novoneyra
. A súa poesía é paisaxística e moi persoal: contemplada desde unha perspectiva case mística, de fusión coa natureza; describe a natureza espida do Courel, onde o ser humano é un elemento mínimo dentro da inmensidade cósmica. Hai tamén preocupación social e política.
3. Xosé Luís Méndez Ferrín
Con pólvora e magnolias (1976) supón un camiño novo na literatura galega, achegando novos temas, nova linguaxe poética... Combina a poesía revolucionaria –a pólvora- co lirismo intimista (o pasado, o paso do tempo, o amor, a morte) e o luxo estético –as magnolias-. Usa o versolibrismo e multitude de referencias culturais: o celtismo, a poesía medieval, o movemento beat...
4.- Manuel María
. Autor de moitas obras e poemas musicados na segunda metade do s. XX. Temas: o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía.
A prosa entre 1936 e 1975
Desde 1936 a literatura galega deixa de existir durante máis dun decenio. A actividade literaria desprázase para Latinoamérica, onde os nosos exiliados manteñen viva a cultura galega.
Carballo Calero é autor da primeira novela de posguerra, A xente da Barreira.
Principais autores da etapa:
1.Álvaro Cunqueiro
Mestura Realismo e fantasía: personaxes da literatura universal (Merlín, Sinbad) e xentes galegas. Predomina a oralidade no estilo: apelacións ao oínte, comentarios do narrador, alusións ás fontes. Nas novelas non hai unha estrutura clásica, máis ben son un conxunto de relatos sucesivos. Destaca Merlín e familia: recreación da materia de Bretaña desde unha perspectiva galega. Escribiu tamén libros con breves retratos de personaxes populares relacionados coas crenzas da nosa cultura tradicional.
2.Ánxel Fole
Libros de contos: Á lus do candil, Terra Brava. Están ambientados nas montañas luguesas e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares, que se contaban antes “á luz do candil” entre varias persoas. Temas: lobos, aparecidos, a morte, lendas populares.
3.Eduardo Blanco Amor
Acción ambientada en Ourense (Auria) a principios de século.
-A esmorga. Temática renovada: protagonismo compartido, das clases populares; forma renovada: só escoitamos a voz do protagonista. É a declaración perante un xuíz dun acusado que relata a historia tráxica del e dous compañeiros, todos homes marxinais, en 24 horas de bebedela e que acabará coa morte de todos. Unha das grandes novelas galegas do século.
-Xente ao lonxe. Radiografía do Ourense de principios de século a través da experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organizacións de carácter obreiro e sindical, que loitan por unha escola laica e popular fronte á burguesía que pretende unha escola relixiosa.
4.Xosé Neira Vilas
Retrata a Galicia interior, campesiña, oprimida e pobre. Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da literatura galega e traducido a moitas linguas. Ten unha estrutura sinxela, trata dun neno que non se conforma coa súa vida e ten que emigrar. Historias de emigrantes: a emigración forzosa, a morriña da terra, o illamento.
A partir dos 50 un grupo de mozos incorpora á narrativa novos motivos e novas técnicas, son os integrantes da Nova Narrativa Galega (estudada noutro tema):
Intención innovadora e desexo de ruptura formal coa tradición narrativa. O máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín.
Outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega foi Carlos Casares (Vento ferido, Cambio en tres), pero as súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica.
A Nova Narrativa Galega
corpus da Nova Narrativa Galega (NNG) -calco de Nouveau Roman, movemento contemporáneo francés- abrangue unhas vinte obras publicadas entre 1954 (Nasce un arbre, de Gonzalo R. Mourullo) e 1971 (Adiós, María, de Xohana Torres). En palabras de Mª Xosé Queizán, unha das autoras, procúrase “elaborar a novela sen tema, sen andadura lóxica, sen busca; non hai heroe nin historia, nin anécdota”.
CARACTERÍSTICAS:
A) No relativo ao argumento, ao tema: abandono do antropocentrismo, localización espacial imprecisa, ambientes urbanos, ausencia de preocupación inmediata polos conflitos do país, mestura de realidade e mundo fantástico, situacións estrañas, opresivas e absurdas, presenza do sexo.
B) Formais: monólogo interior, distorsión temporal, pluralidade de voces narrativas.
O autor máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), cunha obra moi extensa e moi relacionada entre si, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, con forte presenza de violencia e elementos políticos tratados de forma alegórica. Nela podemos destacar unha primeira etapa deNova Narrativa Galega: 1961-1971.
Predominio da técnica experimental sobre o interese argumental. Tematicamente, trata o absurdo e a falta de sentido da vida, con influencia do existencialismo.
O crepúsculo e as formigas (1961) é un conxunto de relatos nos que deforma a realidade facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario. Pero o máis importante vai ser a violencia para mostrar situacións de opresión e miseria, é dicir, para mostrar unha realidade. A violencia, que forma parte do absurdo da existencia, prodúcese en seres atormentados e nun espazo escuro que semella ser o culpábel. Na novela Arrabaldo do norte (1964), sen seguir ningún modelo francés determinado, vese que hai unha forte vontade tecnicista (técnica obxectalista), superpondo a estrutura narrativa ao interese do relato. Presenta un home incapacitado para a comunicación, con diálogos inútiles, que anda perdido polas rúas á procura dun cambio na súa vida que non dá conseguido.
As outras etapas posteriores están xa fóra dos límites da NNG.
Outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega foi Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002), pero as súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica. Nesta corrente inscríbense
-O libro de relatos Vento ferido (1967). O relatos Monólogo ou O xogo da guerra, figuran en moitas escolmas e libros de texto.
-A a novela Cambio en tres (1969).
A súa prosa posterior é (tal como defendía Castelao) sinxela pero moi traballada, para resultar natural e interesar a un amplo número de lectores.
O teatro galego entre 1936 e 1975
O teatro sufriu as consecuencias da guerra e a ditadura, ao ser impensable un espectáculo público teatral en galego e a súa pervivencia é posible grazas ao labor do exilio.
Castelao estreou Os vellos non deben de namorarse en Bos Aires.
En Galicia, entre 1950 e 1965, escríbese un teatro máis pensado para ler que para representar, dirixido a unha minoría intelectual galeguista e coñecedora do teatro francés, que utilizaba os mitos e personaxes da traxedia clásica grega para expoñer conflitos do mundo actual, e con influencia do existencialismo. Destaca Álvaro Cunqueiro coa súa obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958) na que fai unha nova lectura do personaxe shakespeariano e dos seus problemas.
Ricardo Carballo Calero publica en 1971 Catro pezas (que contén a coñecida A farsa das zocas: obra en dous actos que mostra ao espectador uns personaxes galegos universais, o crego, o médico, o notario… e un enredo sobre unha herdanza).
Tamén nesta época publican obras teatrais algúns dos membros da Xeración dos 50, como Franco Grande, Arcadio López Casanova ou Manuel María, autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2016. Escribiu máis dunha ducia de pezas teatrais (Barriga verde, 1973...)
A mediados dos sesenta a mellora da situación social e económica propicia unha certa actividade teatral, malia ser sempre –e tamén nesta etapa- este xénero o menos cultivado da literatura galega.
No 1965 xorde o grupo teatral O Facho, dirixido por Manuel Lourenzo, que será tamén o fundador, dous anos máis tarde, do primeiro grupo independente. Extraordinaria importancia terán as Mostras de Teatro de Ribadavia, iniciadas no 1973 e que continuarán ata 1980, punto de encontro para os xa abundantes grupos teatrais independentes e estímulo para os autores, que poderán ver representadas as súas obras.
Algúns dos autores vinculados a esta iniciativa, e que continuaron a súa produción posteriormente ou aínda seguen, son:
-Euloxio Rodríguez Ruibal, Zardigot, autor de teatro experimental que comezou escribindo obras influídas pola técnica cinematográfica comprometidas coa realidade social e política do país. Nunha segunda etapa ten textos máis cómicos e satíricos sobre a situación galega. Hai que mencionar tamén a súa contribución ao teatro infantil.
-Manuel Lourenzo, actor, director e autor teatral, é unha das figuras máis importantes e prolíficas dos últimos 40 anos do noso teatro. Dentro da súa extensísima obra podemos sinalar tres ciclos: mítico, histórico e experimental.
-Roberto Vidal Bolaño foi tamén autor, actor e director. O seu teatro seguiu dous camiños diferentes: por un lado atopamos textos simbólicos con raíces populares e por outro textos máis complexos cunha visión pesimista da vida.
A literatura do exilio entre 1936 e 1975
Como consecuencia da Guerra Civil desaparece case por completo a produción literaria en galego durante máis dunha década. A actividade cultural continuada só é posible no exilio, onde poetas como Luís Seoane, Lorenzo Varela e Emilio Pita fan poesía crítica e de compromiso.
-Luís Seoane (1910-1979). Fardel de exiliado (1952). Polifacético (máis coñecido como pintor) en Bos Aires tivo unha actividade variada e intensa. Podemos caracterizar a súa poesía cos seguintes trazos:
* Estilo realista, ás veces case xornalístico.
* Poesía sobria, discursiva, mais chea de forza e de paixón comunicativa.
* Dominio do verso longo, case prosaico, seminarrativo.
* Temática preferentemente social, con predominio do tema da emigración tratada desde a perspectiva dos propios emigrantes.
* Escaseza de poemas persoais, nos que fale o propio eu de Seoane.
-Lorenzo Varela
(1916–1978). Escribe dous libros de poesía en galego, o máis significativo dos cales é Lonxe (1954). Dúas temáticas dominan o libro: unha mítico-histórica baseada na Guerra Civil na que canta ós guerrilleiros antifranquistas e outra saudosa, en torno á ausencia da Terra e ao exilio.
Desde 1936 a literatura galega deixa de existir durante máis dun decenio. A actividade literaria desprázase para Latinoamérica, onde os nosos exiliados manteñen viva a cultura galega. A narrativa é realista, con elementos autobiográficos que tratan o tema da Guerra Civil, o mundo dos fuxidos, a guerrilla antifranquista e a represión. Autores:
Ramón de Valenzuela, Silvio Santiago, Antón Alonso Ríos.
No exilio publícanse A Esmorga, de Blanco Amor ou Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.
O teatro sufriu as consecuencias da guerra e a ditadura, ao ser impensable un espectáculo público teatral en galego e a súa pervivencia é posible grazas ao labor do exilio.
Castelao estreou Os vellos non deben de namorarse en Bos Aires.
Manuel Varela Buxán foi un dos principais animadores do teatro galego na Arxentina. As súas obras son de corte rural-costumista e humorístico, aínda que non están exentas de crítica social. A súa compañía “Maruxa Villanueva” frepresentou Os vellos non deben de namorarse.
Tamén en Bos Aires Eduardo Blanco Amor dirixiu o Teatro Popular Galego e escribiu varias pezas que se coñeceron en Galicia recompiladas en dous volumes Farsas para títeres e Teatro prá xente. Unhas son obriñas de Realismo costumista, pensadas para “a xente do noso pobo”, público pouco afeito a ler ou ver teatro; outras son farsas, non realistas, moi imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos; están pensadas para un público culto.