A literatura e a arte na Grecia antiga

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,42 KB

A filosofía

Xénero literario en prosa nacido do afán de saber dos gregos. Destacan:

  • Platón (428-347 a. C.): É o creador do diálogo filosófico, no que, mediante a discusión sobre un tema con interlocutores, expoñía as súas ideas filosóficas, morais ou políticas. Nestes diálogos (Apoloxía de Sócrates, O banquete, Fedón, etc.), que influíron substancialmente na filosofía posterior, Sócrates, o seu mestre, fala no seu nome.
  • Aristóteles (384-322 a. C.): Discípulo de Platón e fundador dunha institución filosófica chamada Liceo, escribiu obras sobre moi diversos temas (Poética, Retórica, Ética, etc.). Exerceu gran influencia sobre os escritores e pensadores latinos. Na Idade Media foi moi admirado e as súas doutrinas son a base da filosofía medieval chamada escolástica.

A oratoria

Xurdiu como xénero literario (en prosa) no século V a. C. Destaca Demóstenes (384-322 a. C.), autor das Filípicas contra Filipo de Macedonia.

A prosa científica

Neste xénero destaca Hipócrates (460-377 a. C.), que escribiu sobre medicina.

A fábula

No século V a. C., Esopo escribiu as fábulas, relatos breves que contan anécdotas imaxinarias nas que os protagonistas adoitan ser animais que actúan, falan e pensan como humanos. Están escritas cunha intención moralizante que se resume ao final na moralexa.

A arte grega

A arte é a expresión da realidade ou do imaxinado segundo a visión persoal do artista, manifestada mediante recursos arquitectónicos, pictóricos, lingüísticos e musicais. Tamén reflicte a época ou situación social do artista.

A arte grega presenta as seguintes características:

  • Antropocentrismo: ten como centro de interese o ser humano.
  • Harmonía e beleza: busca a harmonía nas proporcións e a simplicidade e beleza das formas.
  • Subordinación aos intereses das pólis: créase para satisfacer as necesidades tanto individuais como colectivas dos cidadáns da pólis.
  • Relixiosidade: expresa dalgún xeito a relación cos deuses.

Entradas relacionadas: