Lírica Galego-Portuguesa: Cantigas de Amigo e de Amor

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,34 KB

Recursos Formais e Estrutura das Cantigas

O Leixaprén e o Refrán

  • Leixaprén: O segundo verso da primeira estrofa repítese no primeiro da terceira, o segundo verso da segunda co primeiro da cuarta, e así sucesivamente.
  • Refrán: É cando o último verso da estrofa coincide co último verso das demais estrofas.

As Cantigas de Amigo

Temas Principais

  • Albas ou alboradas: Aquelas en que a acción se sitúa ao nacer o día.
  • Bailadas: Son aquelas en onde se fai unha mención explícita do baile.
  • Barcarolas ou mariñas: Son as que se localizan nas ribeiras do mar.
  • Cantigas de romaría: Son as de ambiente festivo e campestre.

As cantigas de amigo poden ser monologadas, dialogadas ou narrativas.

Orixe das Cantigas de Amigo

Son reelaboracións cultas dunha poesía popular autóctona; as cantigas de amigo son superviventes modernizadas da primitiva escola lírica galego-portuguesa.

As Cantigas de Amor

Orixe e Teoría do Amor Cortés

A súa orixe reside na lírica provenzal e é a expresión literaria da teoría do amor cortés. Nas cantigas de amor, o namorado ten que seguir as normas do amor cortés pero dunha maneira menos estrita; o namorado non pode mostrar absoluta submisión á súa amada.

O trobador diríxese na maior parte das cantigas á amada, outras veces ao amor personificado, a Deus ou a amigos para falarlle do sufrimento amoroso (amor non correspondido).

Nota: A cantiga do exame anterior é de 1987. O autor ponse debaixo da cantiga.

Figuras da Lírica Medieval

Trobador e Xograr

  • Trobador: É un aristócrata, mesmo un rei, que pode ter, ou non, a un xograr ao seu servizo. Compón e interpreta cando el quere ou cando lle mandan.
  • Xograr: Home do pobo que ten como oficio interpretar as composicións do trobador para quen traballa. Na lírica galego-portuguesa é tamén, ás veces, trobador, no sentido en que interpreta as súas propias obras.
  • Outras figuras: Tamén había xograrezas e soldadeiras.

Recursos Formais das Cantigas de Amor

  • Dobre: Repetición dunha palabra en lugares simétricos dentro da cobra (copla).
  • Mordobre: Repetición dunha palabra nos seus derivados e no mesmo lugar ao longo de todas as cobras. Cando o mordobre se produce en posición de rima, pode chamarse tamén rimas derivadas.
  • Atá-finda: Consiste nunha especie de cabalgamento que se dá entre cobras e que conclúe nunha finda.
  • Finda: Consiste en pechar a cantiga cun par de versos que resumen o contido xeral da composición.

Temas da Cantiga de Amor

O tema central é o amor non correspondido. Como subtemas, atopamos a loanza da dama e os síntomas do amor (perda da razón, do apetito e do sono).

IMPORTANTE: Resumo do contido.

Entradas relacionadas: