A Lírica Galega na Segunda Metade do Século XX: Tendencias e Autores Clave

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,85 KB

Tendencias da lírica na 2ª metade do s.XX

O silencio forzoso da posguerra fixo que neste período escribisen tres xeracións a un tempo: a xeración do 36, a promoción de enlace e a xeración das festas minervais. A lírica da época presenta diversas tendencias:

1. Xeración do 36

Composta por autores nados entre 1910 e 1920, a súa formación débese aos homes de Nós e ás vangardas. Vense afectados directamente pola guerra.

  • Tendencias: poética intimista e paisaxista, hilozoísmo e trovadorismo, clasicismo, intimismo e socialrealismo, cultivados por Celso Emilio Ferreiro.
  • Poetas: Aquilino Iglesia Alvariño (Cómbaros verdes), Álvaro Cunqueiro (Herba aquí ou acolá), Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra), Ricardo Carballo Calero (Futuro condicional).

2. Promoción de Enlace

Escritores nados entre 1920 e 1930, non viviron directamente a guerra por seren moi novos. Marcados polo illamento cultural, son bilingües e empezan en revistas como Alba e Nordés.

  • Tendencias: preocupación social por riba da estética do poemario.
  • Autores: Antón Tovar (Arredor), Luz Pozo Garza (O paxaro na boca) e Manuel Cuña Novás (Fabulario novo).

3. Xeración Festas Minervais

Autores nados entre 1930 e 1940, formados grazas a xentes de Galaxia e á xeración do 36. Os seus integrantes son republicanos que coñeceron a guerra, cunha actitude renovadora como resposta á ditadura. Divídense en dous grupos: o compostelán (galeguismo culturalista) e o grupo Brais Pinto (reivindicador do galeguismo político).

  • Autores: Manuel María (Terra Chá), Uxío Novoneyra (Os eidos), Xohana Torres (Do sulco), Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias).

Poesía de posguerra

Nos anos xusto despois da guerra, a produción literaria galega desaparece. A poesía ordénase en tres xeracións:

1. Xeración do 36

  • Aquilino Iglesia Alvariño (Cómbaros verdes - 1ª obra literaria en galego publicada na posguerra, tamén publica De día a día).
  • Luís Pimentel (camiña á marxe das modas e grupos, profunda elaboración, publica Triscos).
  • Celso Emilio Ferreiro (inicia a poesía de posguerra de protesta social que ten as súas raíces en Curros e Cabanillas, Longa noite de pedra, foi un dos libros de maior éxito con temas da denuncia da actual situación, solidariedade cos que sofren, antibelicismo... Cartafol de poesía, Viaxe ao país dos ananos son outras obras).

2. Promoción de Enlace

  • Luz Pozo Garza (na súa obra hai dúas liñas temáticas: a intimista e a de compromiso ou reflexión social. O amor é o tema principal en O paxaro na boca, Códice Calixtino).
  • Antón Tovar (poeta sincero que centra a temática da súa obra nunha preocupación intimista, Arredores, Non e O vento no teu colo).

3. Xeración Festas Minervais

  • Uxío Novoneyra (a súa obra máis representativa é o ciclo de Os Eidos, de temática paisaxística. Outras obras de temas reivindicativos son Poemas caligráficos e Muller pra lonxe).
  • Antón Avilés de Taramancos (Torres no ar é unha obra de importante variedade tonal e temática. Tamén publica As moradías do vento e O tempo e o espello).
  • Xosé Luís Méndez Ferrín (poeta de gran sensibilidade e forza creadora, cunha boa cultura literaria, de carácter épico-lírico, Con pólvora e magnolias e Voces na néboa).

Entradas relacionadas: